Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
narrative essays about high school life
Indispensables
Donde ...
Guia
PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!29-10-2009
Haz click para ampliar Abalo invita a Ubaldino a que denuncia ó Concello se non lle dan as licenzas e non meten o proxecto de Marina Atlántica dentro do PXOM cangueiro.
ACE prometeu en campaña electoral defender un urbanismo racional e non especulativo e non vai consentir que se hipoteque o futuro de Cangas a través de entes especulativos como Caixanova ou políticos de dubidosa moral como a alcaldesa de Cangas.
Tomamos nota porque este venres hai pleno e vaise abordar o tema da inclusión dos convenios novamente. Si, estades lendo ben, o pacto de goberno do tripartito é papel mollado por culpa da corruptela política de PSOE e BNG que non se diferencian demasiado dos quefaceres do PP. Polo menos Sotelo era máis coherente...

S.O.S. MASSÓ!!!
>> Ampliar datos Mariñeiros e veciños en loita

COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!29-10-2009
O que está claro é que Ubaldino é un mentireiro compulsivo, a nota de prensa que enviou é indecente e minte por todos lados, dicindo por exemplo, que a modificación puntual tivo tres informes favorables (xa lle gustaría a él). E ademáis non ten idea do que é unha vía administrativa sen ter comprados aos concelleiros de turno, pasouselle o prazo para alegar, qué lástima!

O que se me fai curioso é que este persoaxe volte outra vez a primeira fila. Xa se daría conta José Manuel Otero, de Puentes y Cañadas, de tódalas trapalladas que hai no tema Massó, que nin a súa serpe nº1 Vitruvio son capaces de facer tragar a ninguén? ben, a case ninguén, verdade pretorianos do BNG?
bruto
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!29-10-2009
para ben o para mal con Sotelo todos sabiamos o que tiñamos e a sua postura pero con estes do BNG non saben nin eles o que din unha pregunta carallo para salir na foto ben deixou colgar alcaldesa a pancarta dos mariñeiros do atunero secuestrado agora para os de baixura de cangas nunca moveu un dedo esta tipeja cando estaban sendo detidos e golpeados pola garda civil e os en dia esta garrula ainda non condenou esa accion da garda civil o reves dedicase a criminalizalos e a decir que es tan politizados eu mañan vou ir o pleno a decirlle a esta sinvegonza que se vaia por inutil e prepotente, esta e a doble moral do BNG en cangas, pero aqui xa non engañan a ninguen PORTO DEPORTIVO ILEGAL
porto deportivo ilegal
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!29-10-2009
a ultima de clarita
Abalo arremete contra la alcaldesa por la contratación de un jefe de Urbanismo "sen contar con ACE"

isto xa non ten nonbre que cada un decida por si mesmo, mañan no pleno vai ser moita risas ir chamando a toda a familia para que fagan de matons bnways
Clarita sigue enterrandose un poquito mas cada dia
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!30-10-2009
Mariñeiros e veciños en loita e outros supostos representantes, o que se ve alto e claro e o plumero de gaivota que tedes. Teño que felicitaros polo voso traballo maquiavélico. Estou en contra do porto deportivo e a favor de facer algo en Massó. A inquisición acusona de herexe e quedou coas terras. Cando volvan as escuras gaivotas os balcons a poblar, veremos que oposición facedes.
María Soliño
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!30-10-2009
ACE non roupeu o pactado no tripartito e o BNG si,se volve denovo a goberner Cangas o PP non é por culpa dun partido político transparente como o é ACE,senón porque o BNG non soibo aproveitar a súa oportunidade e fallou os seús votantes.Eu para nada desexo que goberne Sotelo,pero tampouco quero có siga facendo Clara Millán,temos outras alternativas.Respecto o comentado na denuncia,decir que xa é hora de cá xente deste pobo se dea conta da realidade,das ilegalidades que se están cometendo e do autoritarismo da actual alcadesa.
A CHE
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!30-10-2009
O mesmo argumento cutre das acusacións contra Galiza Non Se Vende. Acusados de peperos e de levar o bipartito ao banquiño. Manda carallo!
Non podedes pensar que non tendes razón? que actuades de xeito equivocado? que o que se quere é simplemente que se cumplan as Leis?
Non podes pensar que errades, non? A diferenza é que vos actuando así so defendedes os intereses privados sunha empresa privada que quere especular co patrimonio do pobo.
Nós, queremos que esa empresa cumpla coas leis coma calquer veciño. Quenon se usurpen terrenos públicos e que non se marbellice o pobo. Qué malos somos eh? uns demos tía unha panda de independentistas, radicais e...como era....abertxales, jarraicitos, etc. Por defender o cumprimento das leis!!! OLE OLE OLE
NON MÁIS DELINCUENCIA DISFRAZADA DE VICTIMISMO
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!30-10-2009
O bipartito caeu polas críticas de Galiza Non Se Vende!!!
Ven o PP que vai ser pior!!
O lobo, o lobo!!

Pero os convenios son os mesmos…
O porto deportivo igual…
Os razoamentos de porque non se pode parar igual…
O autoritarismo igual..
O goberno ao servizo do poder igual..

A falla de respecto aos acordos asinados non é igual, é peor..
O vitimismo peor..
A traizón ao programa peor...

De quén sería a culpa dunha volta do PP?
o lobo, o lobo!!
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!30-10-2009
Isto é a mostra o que se está mentindo e engañando a xente en este asunto. Non foi Mariano quen levou a Xunta de goberno o asunto, foi a alcaldesa, ao final todo se vai sabendo, os que traballan sen facer ruído pero fan as cousas, e os que so saben facer ruido e despois dan a razón.
"Antes de la votación de las bases, la Xunta de Goberno Local aprobó un informe de Urbanismo sobre la concesión de licencias de obra y de apertura de establecimientos. En el paquete figuran el archivo de las solicitudes de Marina Atlántica para realizar obras de vallado, tala de árboles y acondicionamiento de terrenos en O Salgueirón, así como la demolición de la antigua ballenera. Mariano Abalo da por cerrado este asunto, avisa que la promotora ya no tiene margen de maniobra para las actuaciones previstas, ya que "non se pode actuar obviando as licencias nin a lei de disciplina urbanística", y la insta a marcharse. La empresa presentó en su día un recurso contencioso contra el expediente que le abrió el Concello por acondicionar un camino de acceso a Massó.
El concejal de Urbanismo cree que las decisiones municipales deberían seguir siempre los "procedementos legais" , como en el caso del archivo de las solicitudes de licencia de la promotora, y no "enfrascarse en enfrentamentos políticos".

Insisto, este "procedemento legal" levaronno outros a xunta, e sen ruido.
Pasos firmes sen ruido
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!30-10-2009
Penso que se pode gobernar en coalición, que son boas para a vila opinións distintas dentro dun mínimo respeto. Penso que se non se sabe facer isto non hai alternativa ao pp a corto prazo. Penso que non é igual uns que outros (xa vemos para a lingua, para as empresas galegas, para as oposicións, para medio ambiente, vivenda protexida... o iguais que son a anterior e a actual xunta). O lobo non nos asusta, levamos toda a vida co lobo, e agora que non goberna o lobo os galiños queren monopolizar os ovos. Paréceme ben que Abalo defenda que non se faga o porto, ou ACE, pero dentro dun mínimo respeto, entendendo que hai distintas opinións e ritmos. Pode que o bng fora máis blando, que non o sei, pero sen un mínimo respecto as sumas convírtesen en restas, e será máis difícil respetar os intereses dos mariñeiros, e os de todos. Hai que escoitar argumentos en non crerse en posesión da verdade por ovos. Os que os levan nos petos non é para facer unha tortilla.
María Soliño
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!30-10-2009
ai que suaves andades agora!

Lajarto, lajarto

A mirar, explicade ben o tema do arquivo das licencias. Qué pasa, que non vos gustou que Ubaldino vos metera un contencioso?

E o da negociación é igual, se non queredes que vos rouben a carteira, a mellor postura é a expropiación dende un principio, como queiras darlle un dedo para quedar ben, quedas sen brazo.

Pero se vos nota ben a escola Quin: empresas galegas, non? Pescanova, Inditex, Unión Fenosa, San José, Caixanova, son galegas, e qué?

E a de Tareixa, vivendas protexidas!! A canto querían expropiar as leiras no Campo da Aldea para darllas aos promotores?

Do medio ambiente non me fagas rir, Reganosa, plan eólico, onde segue Ence?, lei da minaría, repoboacións de piñeiros no Courel, plans de urbanismo de concellos BNG (Vigo, o horrooor...Moaña...), que pasa agora coa ampliación do Areal en Vigo?

Levades moito tempo sen estar do lado da xente, non colan vosas trolas de lobo con pel de cordeiro.
si,si..
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!30-10-2009
Eu son un anti-porto deportivo no Salgueiron dende o primeiro dia, pero estoume dando conta , que dende aqui.,(o moderador e algun colega que lle marca as directrices a seguir)alguns comentarios que non interesan que esten colgados no foro, son retirados sen nengun tipo de criterios.enton voume a replantexar a miña postura sobre este tema en este foro, ou se e neutral , ou se saca a careta e se define un.
porto deportivo non e inquisicion tampouco
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!30-10-2009
pfffff como se os va la pinza! si, si....anti-porto deportivo si.........hala majete, ve con tus dueños a que te den instrucciones que ya no sabéis ni por donde tirar.
Mira, hay una cosa que está muuuy clara y que además es facilísima de entender: LAS LEYES, HAY QUE CUMPLIRLAS.

Vosotros: los esclavitos de caixanova&ubaldino&puentes&clara estáis defendiendo que esa tropa campe a sus anchas sin licencia de obra, usurpando terrenos de dominio público, sin plan xeral, etc, etc, etc.
Que te molesta? que se os denuncie? pues haced las cositas bien y todos contentos chavalote.
ABURRIDOS CARALLO
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!31-10-2009
Veño do pleno. Menuda panadera de hostias verbais acaba de chupar a alcaldesa. A Mariano, nin lle contestou porque lle mandou un discurso sobre a súa competencia pra para-las obras que a deixou baldada. Evidentemente Sotelín aproveitou a situación e parecía alí outro Mariano máis: "Que si vas de vítima, que porqué non paralizas e en Teis si o fixeron, que si te escurres como una anguila y botas o balón no tellado da Xunta e da Autoridade Portuaria..." A tía estaba neghra, pero neghra neghra. E aínda por riba non lle aprobaron a subida do saneamento nun 8% como quería o de facenda... ata os do PSOE se lle abstiveron nesa moción. Adeus ó Bloque de Cangas...
PLACA, PLACA, PLACA...!!!!!!!!!
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!31-10-2009
antón, si tú, el secretario de la alcaldesa, ponte a funcionar si tienes internet en casa que os comen las papas macho, yo que tu no esperaba al lunes a encender el ordenador de tu despachito en el concello...
bloqueiritos no, gracias, para eso ya teniamos al pp
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!31-10-2009
O mesmo argumento cutre das acusacións contra Galiza Non Se Vende. Acusados de peperos e de levar o bipartito ao banquiño. Manda carallo!
Non podedes pensar que non tendes razón? que actuades de xeito equivocado? que o que se quere é simplemente que se cumplan as Leis?
Non podes pensar que errades, non? A diferenza é que vos actuando así so defendedes os intereses privados sunha empresa privada que quere especular co patrimonio do pobo.
Nós, queremos que esa empresa cumpla coas leis coma calquer veciño. Quenon se usurpen terrenos públicos e que non se marbellice o pobo. Qué malos somos eh? uns demos tía unha panda de independentistas, radicais e...como era....abertxales, jarraicitos, etc. Por defender o cumprimento das leis!!! OLE OLE OLE
NON MÁIS DELINCUENCIA DISFRAZADA DE VICTIMISMO

Ya que te pones a hablar de Peperos, sabes de sobra por que hay un tripartito en Cangas ¿no?, bien me creo que eres una persona inteligente y que sobran los comentarios, luego quiero hacerte una pregunta ¿cuando los terrenos de Massó han sido públicos?, por que si hubieran sido públicos ¿que pintaba Massó en ellos?, hablas de cumplir la Ley ya sabes por donde hay que empezar, Massó en su día pudo haberlo comprado cualquiera ¿verdad?, pues por que no lo compró el ayuntamiento y lo puso para uso público, por lo tanto, me da a mi que hay alguien que no cumple con la Ley, ¿mira tu a ver quien ?.
Un Saludo.-
conveniencias
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!31-10-2009
falou o listo
STOP TRAIDORES
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!01-11-2009
Os terreos recheados por Massó foron e son PÚBLICOS, os camiños que levaban as leiras e casa que comprou Massó eran e son PÚBLICOS, os terreos expropiados por Massó para vivendas sociais tiñan un fin PÚBLICO e en caso de deixar de telo, os seus antigos propietarios ou os seus descendentes deberan ter dereito de tanteo e retracto, as servidumes de Costas, de espazos naturais, de tránsito, etc, o son para garantir o seu uso PÚBLICO.

Massó foi concesionario de parte de eses terreos PÚBLICOS, esas concesións foron fraudulentamente traspasadas a Frigoríficos e despois a Marina Atlántica, á que se lle outorgou outra concesión fraudulenta sobre propiedades no mar da Confraría de Cangas.

Euloxio posiblemente puido mercar Massó, o único que fixo foi advertir ao xulgado do social que o valor que se lle estaba dando a unha concesión de Massó non era o correcto e que o concello non ía participar na poxa. Evidentemente, magoa, FOI así.

Quén incumpriu e incumpre a lei? Hai unha boa lista, quen di que os xornais non nos sorprendan un día cun Cangas do Gramanet??
Salgueirón público 100%
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!02-11-2009

Si estodo lo que tienes que decir, no es mas que otra de tantas y tantas mentiras.

Salud

vamos a ver quien la dice mas gorda
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!02-11-2009
E xa te quedaches tan pancho!!

Cóntanos ti a verdade, ou temos que crer que se alguén ocupa o litoral xa o converte en propiedade privada?
se cola, cola
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!02-11-2009
Os do bloque realmente non controlades un carallo de qué vai todo isto.
Antes de defender ao capital, facede un mínimo esforzo en contrastar o que vos contan.
Na web do Foro tendes a documentación máis importante comezando polo ano 1930.

Os veciños que defenden un Massó 100% público non teñen intereses privados nin especulativos, eses son os Os Outros, os malos, os de sempre, caixanova&ubaldino&puentes&bng&sotelo

A ver si nos enteramos. E por certo: Si afirmas que os datos sobre o carácter público do Salgueirón son falsos, di tí o que é certo, listo.
"malditos bastardos" Tarantino dixit
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!02-11-2009
Pódesme explicar que é iso do Foro? A moitos recoméndolle que vexan a última película de Amenabar (Ágora). Sentíranse identificados co cristianismo, jajajajajaja
Foro insocial???
RE: PÓDESE DICIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: QUE SE VAIAN!!!03-11-2009
Foro: (lat. foru(m) "praza") Reunión para discutir un asunto en presencia dun auditorio que pode intervir na discusión
apóstata
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados