Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.28-10-2009
Haz click para ampliar Estou sorprendido con todo o movemento que está tendo a xestión do campo de fútbol do Casal, estou convencido que o mellor que se lle podía facer ao Moaña era mantelo na Xunqueira, seguir téndoo alí e esperar que desaparecera por propia combustión interna. O máis fácil e non facer nada, diso sabe bastante os actuais directivos do club deportivo Moaña.
Nunha ocasión un home díxome que facer algo o único que che trae son problemas. E o campo do Casal é o mellor exemplo.
Cáusame noxo, incluso me produce vómito, parafraseando ao vice-alcalde de Madrid, cando estes días se refería á actitude de esperanza Aguirre,xa que isto ten bastante de aquilo, ten bastante de demagoxia e de especulación. Entendédeme, especulación con terreos de xogo. O C.D. Moaña, quen asinou o convenio que circula pola rede, co concello de Moaña, está utilizando o problema dos veteranos para intentar apoderarse do campo do Casal. Xa ides entendendo o que ten que ver Caixa Madrid con este problema do campo?? O que quere o C.D. Moaña son as chaves do campo, queren para eles un campo que é de todos.
Todos temos razón, todos os que opinamos temos a solución ao problema do campo do casal, porque todos temos argumentos, penso que non! Hai argumentos e hai demagoxia. Dende cando hai veteranos do C.D. Moaña? Por que este ano o C.D. Moaña sacouse da manga un equipo filial? Non será para ter o campo amarrado… Na discusión dos horarios hai que ter responsabilidade, que a maioría sodes pais e estades ofrecéndolle un espectáculo dantesco aos vosos fillos e fillas. E despois estrañádesvos que sexan violentos os vosos fillos e fillas.
Non sei se o papel de Beatriz Riobó, concelleira de deportes,e do Alcalde, Xosé Manuel Millán foi bo un malo, iso efectivamente é cuestión de opinións e cada un ten a súa. Pero demostraron ser as únicas persoas con raciocinio en todo este asunto, aguante e interese en chegar a algunha solución.
O problema dos equipos de veteranos e do C.D. Moaña é un problema de Fútbol, non é que se vaia solucionar no campo de fútbol, senón que é o reflexo do que supón o fútbol na nosa sociedade, violencia, agresividade, egos…. Parécese un pouco á Igrexa Católica, uns poucos fan moito ben pero a maioría encárganse de cargarse o ben que fan os outros.
>> Ampliar datos Moana en rede


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.28-10-2009
perdoa , non entendo a que te refires con agresion, violencia etc.etc..o cortar a luz , a anotar quen bebe alcohol, a non deixar ducharse quen fai deporte ou a que? ...porque que eu sepa ,non houbo violencia contra ninguén, simplemente non se está dacordo cunha decision municipal e tomanse posicions democráticas sen violentar a ninguen.
Ou e que discrepar do alcalde , e xa un acto violento?
NON TE ENTENDO.
MOAÑES
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.28-10-2009
xa lle gustaria o alcalde que houbera actos violentos...ja,ja
Non vos preocupar , que eso non vai suceder.
Esto , pasa en moitos povos e cidades, xa está todo inventado, pero non , en Moaña inventamos a polvora , e claro , despois queixamonos.
Se o que queres dicir , e que meu fillo ou o teu non ten dereito a xogar etc..etc.., poder ser por duas cousas : a primeira por falta de infraestruccturas , e a segunda por asinar convenios de prioridade, que en todo caso a responsabilidade e sempre do alcalde, si ou non?
Tamen inventamos a polvora coa piscina , e resulta que os prezos que teñen son moi superiores os de Marin , a para unha famlia de 3 ou mais menbros , e unha autentica loucura,,,
Pero bueno , as privatizacions do nacionalismo xa sabemos como son.Recollida lixo etc etc.. A min non me embarcades, camaradas.
Bueno este e outro capitulo para o teu blog, se lle dedicas cinco minutos a piscina de Marin daraste conta que o PP (pobablemente sen saber do que falaban ) agora teñen bastante razon , respecto dos prezos da piscina.
nadador pacifico
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.28-10-2009
pareceme un articulo lamentable, desconoces todo o proceso ou faltache escoitar a todalas partes,
por certo , dentro do mundo do futbol, igual que no mundo da cultura , no da politica ou noutros outros mundos , hai de todo, xente boa , mala , tontos, ladrons etc...etc...
da a sensacion que no mundo dos intelectuais non hai un fillo de puta.
E creo que non é así
five
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.28-10-2009
Vaia si es demagoxico, falas da piscina de Marín, pois podías poñer outros exemplos de piscinas municipais máis caras, que habelas hailas, pero non, o caso é derribar a toda costa un alcalde nacionalista que por máis que vos joda ten un pouquiño máis de inteligencia ca vos, e como no corpo a corpo non sodes capaces de rebatirlle nada pois o facemos a antiga usanza, ou sexa enchendo de mentiras e falsidades os medios de comunicación que tendes o alcance.
O SINIOR AFRANIO
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.28-10-2009
Apartado f)
O C.D. Moaña deberá respectar en todo momento os dereitos de TUTELA e CONTROL do Concello sobre as instalacións, facilitando os labores do persoal de vixiancia e mantemento.

Home, segundo este apartado, casualmente omitido, ninguén lle deu un cheque en blanco ó C.D. Moaña.
Dade gracias, usade as instalacións con sentidiño e proveito, disfrutade delas e tratar de compartilas con outros deportitas (futbolistas) que ainda con un pouco de edade de máis, siguen tendo dereito a facer o deporte que lle gusta.
Ainda que non sexan "filiales" do Moaña
O Vello Rosmón
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.28-10-2009
E o que pase neste pobo, a xente non sabe medir as distancias. "Danlle un dedo, e toman todo o brazo", asi lle vai a mais de un.
Se o campo é "municipal", quere dizir que é de todo o pobo de Moaña, todos pagamos para que se poida manter en pé, e todos temos dereito a úsalo. Iso sí, dunha maneira ordeada e racional. Algúns se creen que como lle deron o dereito a úsalo, xa son os donos para fazer e desfazer.
Ameixoada
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.28-10-2009
sr. afranio , non é ningunha demagoxia dicir que a piscina municipal ten uns precios esperpenticos:
os precios desmadranse , a medida que aumentan os menbros da familia, de tal maneira , que si tes unha familia de mais de 3 menbros obrigante a facer unha dobl matricula-.
E si che falo das familias numerosas emton é un acandalo.NON É DEMAGOXIA , NO TES MAIS CA IR ALÍ E COMPROBALO.
VOU PREPARAR UN CUADRO COAS DIFERENCIAS DE MOAÑA-MARIN. ( e a outra piscina publica)
five family numerosa
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.28-10-2009
Si aquí falase moito do convenio, pero despois, ante unha prohibicion municipal, non se cita dito convenio nin norma "elemntal" na que por riba de ningún convenio nin hostias está o mandato do maximo responsable municipal, vexase o alcalde, entonces, non hai problema en xogar nunha instalacion sen permiso nin nada, para iso non se cita o convenio. As luces apaganse, ou non se encenden simplemente porque nesas instalacions non hai nada autorizado para veteranos, e nada mais.E os veteranos sabenno ben, pero estamos a xogar a ver quen a ten mais larga. A min non me faledes mais do casal nin de se tedes razón, porque por riba, mezclades chaves do campo para o moaña, con cantinas, ¿pon no convenio que se ía permitir unha cantina? non creo porque está prohibida a venda de alcohol en recintos deportivos, e mais montastes cantina e todo, co visto e prace do alcalde (que quería tamen un pau polo lombo a maiores dos que lle estades dando).
En fin, todo é vello e isto fede, xa coñecemos todos os argumentos dunha banda e doutra, uns decimos que o campo é municipal e de todo o mundo, e os outros decides que hai un convenio co moaña e que todos os equipos de veteranos "amigos" forman parte do moaña, polo qu eteñen mais dereitos cos que non son amigos.
Cuidarvos moito, e seguide co deporte saudable.
El sportif
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.28-10-2009
para sportif:

e evidente que naceche nunha época equivocada, nos anos nos que vivimos o alcalde non está "poriba de todo" coma tí pensas, se ten razon , daráselle , se non discuteselle ata donde se poida. E nada mais.Espero que si temos razon , tamen no la dea.
Se estiveses no franquismo fusilavasnos...tranquilo home , que non lle vai pejar nadie o "bruño" nin a "desaparecida"....
J
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.29-10-2009
Si home, eu son o que nacin nunha época equivocada. E vos confundistesvos de época, logo a ver quen anda mais paerdido, porque entonces se o alcalde , ou concello non ten que "bendecir" ou autorizar os horarios, non sei cal é o voso problema co concello, xa abedes, dous non pelexan se un non quere, polo tanto , neste caso, o concello non quere pelexar, e vos decides que tampouco, non existe o problema.
O das normas vai co resto de mortais, quemais da. A partir de agora facemos coma nos recreos dos colexios, los mayores cojen el campo para el furbol, y los demas ven para ellos en la grada, vamos, que o mais fuerte ou o que primeiro chega gaña.
E falandome doutros tempos, a ti cando te pare a policía ou garda civil, e che diga que infrinxiches algunha norma, dille que iso son cousas de outros tempos, que agora xa ninguen ten reponsabilidade nin autoridade, e as normas non van contigo porque son de outros tempos, xa veras como eses non "escapan nin se esconden", e a recetiña bonita que che poñen, daspois dille que non estas de acordo coa norma e que protestas infrinxindoa reiteradamente para protestar, seguro que o final hanche dar a razón.
Polo tanto, o alcalde non vos autoriza a xogar no campo, pero tampouco pon medios para impedilo, e a vos davos igual a autorización ou non do alcalde para ir a xogar, isto da igual a que o problema non existe nin existiu nunca ¿quen carallo anda enmerdando pa montar estes lios?
E o que ten non nacer noutros tempos
El sportif
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.29-10-2009
Sportif: tes unha empanada mental que non te clareas, si non che interesa o tema para que escribes, ou é que ó igual que o Sr. Afranio formas parte da cuadrilla de "bulldogs vagabundos" que non pegan sello e están encargados de defender ó Sr. Alcalde a cambio de favores e de non pegar golpe. Volvo a repetetir como xa fixen en outro apartado: coller a directiva do Moaña e facer algo polo povo e despois saberedes o que é traballar e despois voltar a traballar e inda ter que escoitar a catro fenómenos que agardo dentro de pouco sexan tres e máis tarde dous.
Non tedes argumentos, hai un convenio incumplido e punto, non podedes maquillalo de ningunha maneira. E en política como seguro ben sabedes: cando se mete a pata págase.
elzorro
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.29-10-2009
Raposo, enprimeiro lugar eu teño que traballar moi duro tódolos días pra gañarme o pan non como a gran maioría de directivos do Moaña que non saben o que é ter un callo na man por que non pegaron golpe na sua vida, e en segundo lugar sportif pode decilo máis alto pero non máis claro, él deu uns bos argumentos e estou seguro que en Moaña hai moita xente que estaría dacordo cos mesmos, se teñen un cerebro na cabeza e non un balón de fútbol. En definitiva, Raposo ponte traballar polo ben do deporte e deixa de provocar
O SINIOR AFRANIO
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.29-10-2009
Sigue buscando aliados (xa ninguén che fai caso), gustaríame mirar os callos que tes ti nas mans, seguro que son máis grandes os que tes no cú de estar todo o día sentado
elzorro
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.29-10-2009

Aqui quen incumpliu o convenio é ademais INFRINXIÚ A LEY, é quen permitiu vender alcohol e botellas na cantina.
Retorsido
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.30-10-2009
efectivamente , o retorsido ten razon , a culpa e toda do Alcalde.
juve
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.30-10-2009
eu vou falar por que vexo na miña opinion non ten moito sentidoo que estades a discutir eu xoga non equipo de veteranos de vigo e ahi 6 anos cando decidimos facer o equipo fomos o concello a ver donde podiamos xogar dende ese dia deronnos campo e hora e os que fixeron o equipo ai dous anos teñen outro horario e asi sucesivamente ata quen non quede horario pero sempre mantendo un orden porque agora son tres pero po ano podenser sete senon ahi un orden isto e un cristo e polo que eu falei con uns e con outros os que estaban si queren que vaian a xogar pero a hora que lle corresponde non a hora que queiran os novos como e loxico un saudo e que arranxedes
vigues empadrnado en moaña
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.30-10-2009
mira sinior afranio ou que sexas millan non debate con ninguen porque el e o primeiro en marcharse e un individuo egocentrista que ten que ser o que el diga que xa o comprobei persoalmente
lolo
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.30-10-2009
sinior afranio deixa de contar mentiras agora resulta que eres un gran traballador e anteriormente foches futbolista ay ay ay vai durmir
carlos
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.31-10-2009
Non eu vivo de contestar a fanáticos do fútbol coma tí, non te jode
O SINIOR AFRANIO
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.31-10-2009
sr. afranio: ninguen dubida das tuas cualidades para perder horas diante do pc para protexer os teus "seres queridos"...si non che pagan, sabralo tí.
cuidate, e vemonos polo salon de plenos.
un saúdo
five
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.01-11-2009
Sr Afranio: ti seguro que vives ben, porque topas sempre o frigorífico cheo, seguramente se encargen teus pais, así tes tempo de defender o indefendible e gracias a isto seguro que estás con algún kiliño de máis, pero bueno ti sigue co teu traballo de limpeza de foros, dentro de pouco vante ascender e vas limpar fondos.
elzorro
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.02-11-2009
A ver Raposa, eu xa fai moito tempo que non vivo con meus pais, agora vivo de contestar a tipos coma tí que o único que pensan é en enchufar un balón dentro de unha portería, faille caso a muller que un día vas a atopala con Cristiano Ronaldo
O SINIOR AFRANIIO
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.02-11-2009
Pois mira, si a atopo con Cristano Ronaldo, casi lle daría a noraboa porque tería un éxito de carallo, ademáis xa sabes que os cornos son coma os dentes (ti diso sabes bastante), doen ó sair pero logo axudan a comer.
Tampouco pasaría nada voltaríame un pajillero coma ti
elzorro
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.02-11-2009
Carallo ,hai pique, sairon as ordas de Fervenza a relucir
Lazorra
RE: CONFLICTO DO CAMPO DO CASAL.02-11-2009
o sr, afranio , sempre aportando moito valor engadido a este foro...si señor , moi intelixente nos seus plantexamentos....ja,ja,ja...
dille a Millan , que este foro estache dando moito traballo ...tes que facer horas extras para atender os cristos que che fai o jefe....
impossible is nothing
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados