Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
ADIOS SUBVENCIóN, ADIOS22-10-2009
Da nota da Plataforma parece que a cousa non leva bo camiño:

PLATAFORMA POLA DEFENSA
DO TRANSPORTE PUBLICO E
DA RIA DE VIGO



A SUBVENCIÓN DESAPARECE DOS ORZAMENTOS DA XUNTA

Con sorpresa e preocupación observamos como a partida correspondente o Convenio de subvención do transporte de ría desaparece do proxecto de orzamentos para o ano 2010.
Temos que lembrar que esta subvención foi comprometida polo bipartito e ratificada polo actual goberno, como unha medida fundamental para a promoción do transporte de ría que complementaría a incorporación de novas operadoras, a declaración de servizo público e, no futuro, a incorporación no transporte metropolitano no conxunto de todos os municipios e co resto dos medios de transporte terrestres.
E non foron meras declaracións, esta folla de ruta materializouse no protocolo asinado polos concellos de Cangas e Moaña coa Consellería, coa incorporación da aplicación orzamentaria 08.04.512A.470.0 no 2009 e o desglose de anualidades ata o ano 2013, cos acordos dos Concellos de Cangas e Moaña de asumir o 20% da subvención e, por fin, co compromiso persoal do Conselleiro coa Plataforma, en presenza dos deputados Srs.Lobeira e Fervenza, de proceder a súa aplicación inmediatamente dunha reunión coa Alcaldesa de Cangas.
A Plataforma prefire interpretar esta ausencia a unha simple “omisión” nun proxecto de orzamentos, sen entrar a valorar certas declaracións da Dirección Xeral de Mobilidade nas que tenta xustificar este lapsus coa escusa de que xa sería subvencionado no futuro cando o transporte metropolitano vexa a luz.
O transporte de ría segue a estar en perigo. A subvención do billete é unha medida imprescindible para a súa supervivencia, polo menos no que se refire a liña de Moaña-Vigo. A propia operadora Nabia así o manifesta e a recoñece como unha das condicións para aceptar a súa cobertura, a iniciativa da propia Xunta.
O transporte metropolitano é un proxecto que supera o tempo dunha lexislatura, como aconteceu nas dúas pasadas, nas que nin o propio Nuñez Feijoo, primeiro, e a Sr. Caride despois, foron que de poñelo en funcionamento. E as dificultades para que sexa unha realidade a medio prazo son recoñecidas publicamente polo propio Director Xeral de Mobilidade cando fala nos últimos días de “fracaso” das negociacións cos Concellos. Por tanto non nos vendan o transporte metropolitano como a solución inmediata para o problema do transporte de ría. Precisamente a fórmula do Convenio de subvención nace “como experiencia piloto a cinco anos” no camiño cara a esa solución de futuro.
Todo mundo coincide no diagnóstico e na solución. A subvención está definida e comprometida formal e politicamente. Por tanto, a Plataforma non ten dúbida algunha que o propio partido do goberno, coa axuda da oposición, incorporará o convenio do transporte ó texto definitivo dos orzamentos no trámite parlamentar.
De inmediato imos pedir entrevistas a Delegada Territorial, Lucia Molares e Director Xeral de Mobilidade, Sr. Bugarín, para confrontar esta cuestión.


O Morrazo-Vigo, 20 outubro 2009.






Grupo de traballo da Plataforma: Federación AAVV A Chamusca (Moaña), Federación de AAVV Eduardo Chao (Vigo), Federación de AAVV de Cangas, Plataforma de Defensa da Ría de Vigo, CIG e Usuario/as do transporte de ría.


Plataforma defensa tte. ria


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ADIOS SUBVENCIóN, ADIOS22-10-2009
¿onde están agora os que repartían pegatas no peirao?
esas juventudes populares...
O raposo
RE: ADIOS SUBVENCIóN, ADIOS23-10-2009

Non vos preocupedes tanto que xá vos disen que a sede do PP en Moaña esta chea de PPiruletas.
Retorsido
RE: ADIOS SUBVENCIóN, ADIOS23-10-2009
Non adieantemos acontecementos, que pode ser tamén que xa estén subencionando a empresa sen nos decatar. Polo de agora temos barco amenizado con piruletas, que é mais do que había antes.
Maruxia
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados