Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
ACONDICIONAMENTO URXENTE DO PARQUE DE OUTEIRO-BALEA17-10-2009
Como portavoz desta proposta ó concello có apoio dos veciñ@s da zoa,decir que dito parque leva en total abandono dende hai máis de catro anos.O día 1 de Xuño foron entregadas ó concellal de obras e servizos Don Héctor Otero cerca de 400 firmas que se reuniron o longo dunha semán:Queremos que este parque se acondicione xa,e cós nen@s da zona e doutros lugares teñan un lugar de xogo e lecer en condicións,pois pagamos os nosos impostos e parécenos vergonzoso que se estea gastando tantos cartos no Megaparte do centro de Cangas,e outros estemos esperando e esperando para que nos poñan uns elementos de xogo novos e limpen a maleza.Cando me reunín con Hector ese día 1 e mandei tamén un comunicado a prensa,Don Héctor díxome que había que facer un proxecto pró mesmo e esperar o segundo Plan EZ de envio de fondos.Respecto o tema de fondos ainda parecenos razonable,pero que nos dixera que non hai un proxecto feito tanto a mín como a prensa iso foi caer nunha mentira,pois o proxecto leva feito xa fai anos.Agora mesmo levo dous meses pedindo que se mande un operario a limpar a maleza,pero o parecer esta zoa e outras non contan dentro do Concello de Cangas,e os veciñ@s,nen@s non estamos apadronad@s no mesmo.Dende logo a mín persoalmente pareceme patético o Megaparque do centro da nosa preciosa Vila,tanto polo derroche de cartos,como a altura dos elementos de xogo e o material utilizado,có sol os pequen@s van acabar achicharrad@s o baixar por semellantes tobogáns sen mencionar os posibles accidentes que van acontecer.Bueno Don Héctor ou Doña Toñi porfavor teñan en conta o falado e manden dunha vez un operario para que corte a herba e a maleza.Grazas.
MARIA


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ACONDICIONAMENTO URXENTE DO PARQUE DE OUTEIRO-BALEA17-10-2009
A onde foron ou que fixeron cos tobogan, columpios e demais xogos que habia no parque de Cangas antes da remodelación? estaban novos e poderian reutizalos neste parque .
Fai dez anos o parque de outeiro estava cheo de nenas e nenos e hoxe en dia non hai ningun por mor das instalacions.
Ademjais aproveito para queixarme do paseo de Areamilla a limen, na zona do Anguieiro, o baixar a costa se non vas con coidado rompes un pé.
outeiro
RE: ACONDICIONAMENTO URXENTE DO PARQUE DE OUTEIRO-BALEA17-10-2009
os tobogans estan repartidos polos colexios, asi foi comunicado por pazos a federracion de apas.
un dunha apa
RE: ACONDICIONAMENTO URXENTE DO PARQUE DE OUTEIRO-BALEA17-10-2009
Non teño constancia de que os elementos de xogo que ainda valían foran levados ós distintos colexios da zoa polas ANPAS.Respecto o Roteiro do Morrazo en septembro xa lle presentei unha instancia a Don Héctor para que se pasase polo mesmo e a zoa do rio,e mirase as condicións lamentables nos que se atopan,ata o momento non recibín ningunha chanada o respecto.
MARIA
RE: ACONDICIONAMENTO URXENTE DO PARQUE DE OUTEIRO-BALEA19-10-2009
As cousas de palacio van despacio.O parque de Cangas vai quedar ben
frt
RE: ACONDICIONAMENTO URXENTE DO PARQUE DE OUTEIRO-BALEA19-10-2009
Eu non dixen en ningún momento que o parque da Alameda nova de Cangas foxe a quedar ben ou mal,está quedando ben,pero unha vez ignagurado e cós nen@s utilicen os elementos de xogo vamos a mirar que cantidade de accidentes vanse a dar diarimente.Referente o Parque de Outeiro,non é normal que se gasten tantos cartos no do centro da Vila e encambio haxa outras zonas de Cangas que estean en total abandoo dende fai anos,zoas nas que hai tamén nen@s e os seus pais e avós pagan uns impostos.
María
RE: ACONDICIONAMENTO URXENTE DO PARQUE DE OUTEIRO-BALEA19-10-2009
A verdade é que o denunciante ten moitísima razón. Eu son de Darbo e o parque do Outeiro é case o único que hai en toda a parroquia e tamén creo que o máis grande. É unha pena que se encontre así e unha mostra máis da ineptitude dos membros de este concello. O mesmo digo do paseo do Anguieiro, que está todo cheo de silvas e desnivelado. A ver cando se deixan de poñer tan bonita a vila e miran algo para as parroquias, que tamén contamos, digo eu.
Xustino
RE: ACONDICIONAMENTO URXENTE DO PARQUE DE OUTEIRO-BALEA21-10-2009
Hoxe sae na prensa que a idea que ten o concelleiro e mellorar os parques de outeiro, piñeiro, e facer seica un na choupana.
non estou dacardo co q se di de que se discrimina as parroquias, na caina , en nazaret, en socotelo, foron renovados os parques, claro que non e moito, pero polo menos o fixeron, outros estiveron 8 anos e non o fixeron
observadora
RE: ACONDICIONAMENTO URXENTE DO PARQUE DE OUTEIRO-BALEA21-10-2009
Observadora, non é cuestión de facermos comparacións. Se o concelleiro se compromete a reparar os parques, por min perfecto. Pero a ver qué é o que pasa ao fin... Que as parroquias non están descoidadas, permíteme que o dubide. Hoxe mesmo saen no Faro de Vigo os de Aldán queixándose do mal que teñen a estrada que os comunica con Bueu. Paréceme moi ben o que se está facer no centro e os proxectos que hai, como o da Praza da Constitución, pero tamén hai que mirar un pouco para as aldeas e non só vir a elas a buscar votos.
Xustino
RE: ACONDICIONAMENTO URXENTE DO PARQUE DE OUTEIRO-BALEA21-10-2009
E verdade hoxe na prensa dí que no próximo Plan z de envió de fondos vanse acondicionar o parque de Outeiro,Cimadevila e outro máis,pero iso non quita que tantos nas obras anteriores coma as previstas a xente teña que estar seguidamente cubrindo instancias no concello,reunións,recollidas de firmas,porque senón nin caso.Os políticos teñen que ir máis polas parroquias e escoitar as necesidades das xentes que lles deu a súa confianza para gobernar.
María
RE: ACONDICIONAMENTO URXENTE DO PARQUE DE OUTEIRO-BALEA21-10-2009
E certo q todos os politicos priorizan as actuacións no centro de cangas e q as parroquias van quedando para o final do mandato pero iso e algo q ocorre dende q teño uso de razón.
Eu so pido q se priorice as actuacions segun a necesidade e tanto o alumbrado, parque infantis, o pavimento das estradas, os paseos e outras instalacion de necesidade deben estar en bo estado sen importar a súa localización e primar a seguridade e benestar da poboación
opinion
RE: ACONDICIONAMENTO URXENTE DO PARQUE DE OUTEIRO-BALEA22-10-2009
Bueno hoxe por fín viñeron dous operarios a cortar a maleza do parque,e xa fun polo concello a dar as grazas a Héctor.Agora o que quede e que pronto se acondicione dito parque e os nen@s teñen un lugar de xogo e lecer como se merecen sen ter que desplazarse a outras zoas.
MARIA
RE: ACONDICIONAMENTO URXENTE DO PARQUE DE OUTEIRO-BALEA22-10-2009
Conseguichelo felicidades!!
nadie
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados