Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
MANIPULACIóN INFORMATIVA OU DESINFORMACIóN16-10-2009
@s traballador@s de Hospital Povisa queremos mostrar a nosa indignación e rexeite á “información” aparecida nunha nova do xornal Faro de Vigo do día 19 de setembro.
Nesa nova, chea de incorreccións, omisións e mala intención, se nos chega a tildar de violent@s pois según cita o corpo da nova: “Martínez fue despedida a raíz de los sucesos violentos ocurridos durante la huelga que vivió el hospital vigués el pasado mes de mayo…”.
En primeiro termo, na folga levada a cabo pol@s traballador@s de Povisa, entre o 25 e 29 de maio, queremos deixar ben claro que en ningún intre se levou a cabo, nin tivo lugar, ningunha acción violenta nin fora nin dentro do centro hospitalario. Como mostra só destacar que no seguimento que fixeron nese diario dos días de folga, nas edicións do 26, 27, 28 e 29 de maio, non fan mención ningunha a ningún tipo de violencia ou sucesos violentos (agás algúns empurróns da policía aos traballador@s). É mais, citan varias veces que o hospital funcionou con normalidade. Se daquela o hospital funcionou con normalidade e non se fixo constancia de ningún acto violento… ¿por qué agora si?.
Por outro lado, hai unha fixación case obsesiva na redacción dese artigo de nomear a unha soa persoa e a un só sindicato. O artigo omite dicir que a folga foi aceptada en asamblea pol@s traballador@s, non por só unha traballador ou só un sindicato, que nas mobilizacións participaron @s traballador@s do hospital, non só unha traballadora ou só un sindicato e que este despido, en realidade, non é debido á folga (xa que non houbo sucesos violentos reiteramos) senón simplemente a unha clara represión sindical levada a cabo pola dirección do hospital.
Un artigo tan adulterado só pode deberse a que a persoa que o escribiu non se informou demasiado, ou ben que o artigo foi escrito coa intención de manipular a opinión pública sobre os feitos acontecidos na folga tentando desacreditar @s traballador@s. Por iso pedimos unha rectificación ou unha aclaración pública dese artigo.

Firmado: Traballador@s de Hospital Povisa
medi


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MANIPULACIóN INFORMATIVA OU DESINFORMACIóN16-10-2009
Benvidos o universo manipulador do Faro de Vigo. Este periódico cheira peor.
lito
16-10-2009
MENSAJE OFF TOPIC. Eliminado por el administrador
CENSURADOS
16-10-2009
MENSAJE OFF TOPIC. Eliminado por el administrador
un de bueu
16-10-2009
MENSAJE OFF TOPIC. Eliminado por el administrador
Censuradirrrmos
RE: MANIPULACIóN INFORMATIVA OU DESINFORMACIóN16-10-2009
Desde luego los de Massó no respetais nada me parece que este mensaje no tiene nada que ver con ese tema y que deberiais respetar a los demás y no meteros en todas partes ¿no?
Ahora al tema, Medi: ¿ Mandásteis una denuncia formal al director de Faro de Vigo sobre este tema ? Deberíais hacerlo.
José
RE: MANIPULACIóN INFORMATIVA OU DESINFORMACIóN16-10-2009
Ola jose, pois si xa mandamos á nota a cartas ao director non só do Faro (que pensamos que non a publicarán, nen nos pedirán desculpas) senón a outros xornais tanto de prensa escrita como a través de internet.
medi
16-10-2009
MENSAJE OFF TOPIC. Eliminado por el administrador
jato pelexo
16-10-2009
MENSAJE OFF TOPIC. Eliminado por el administrador

Se ruega a los usuarios que RESPETEN el contenido del hilo original y expongan sus argumentos en relación al tema objeto de debate. Cualquier mensaje que no se acoja a esta norma será considerado OFF TOPIC y en consecuencia eliminado
ojo al dato
17-10-2009
MENSAJE OFF TOPIC. Eliminado por el administrador
Virxe de Fátima
RE: MANIPULACIóN INFORMATIVA OU DESINFORMACIóN17-10-2009
Dende logo o do Faro de Vigo é imperdonable,onde sacaron o título de periodistas pois nunca poñen unha noticia como e debido cós acontecimientos que realmente pasaron.VERGONZOSO.Ánimo traballadores de Povisa,espero que esa denuncia vaia adiante,saúdos.
A CHE
RE: MANIPULACIóN INFORMATIVA OU DESINFORMACIóN18-10-2009
Cuanto tiempo hace que no sale una tribuna libre de un vecino en el Faro? con eso está claro la libertad de expresión que hay en el Faro.
anonimo
RE: MANIPULACIóN INFORMATIVA OU DESINFORMACIóN31-10-2009
A verdade é que é muito o do faro!!eu estou por empezar a recoller recortes das mellores noticias e dicirlle que fagan un suplemento con él para regalar os fins de semana!!algunhas noticias é que son dignas de ser publicadas outra vez da risa que dan,agora, si me paro a pensar na de xente que supostamente se informa neste medio...e que o que me dan son ganas de chorar,en plan...non sei, véñenme varias noticias o caso cada cal mellor ca anterior,pero, ¿con que cara informan así a xente?e que xa nin se molestan en disimular os seus intereses,non sei...paréceme moi forte, si me paro a pensar no faro cmo medio de información a verdade e que é de pena...O que comezou o fío,nada, o meu consello é que se estén todo o tranquilos q poidan,xa que quero pensar que axente compra o faro para interpretalo non para informarse.Pero sei o que fastidia ler burradas que tocan a un de 1º man.Un Saudiño!!
veciña
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados