Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
TRANSPORTE DE RIA08-10-2009

PLATAFORMA POLA DEFENSA
DO TRANSPORTE PUBLICO E
DA RIA DE VIGO



DEBATE CON DUBIDAS

Do debate desta mañan na Comisión de Infraestruturas do Parlamento de Galicia, concluímos que a proposta do PP, defendida polo Sr. Fervenza,  da futura inclusión do transporte de ría no “futuro” transporte metropolitano da área de Vigo, é redundante xa que aparece en todos os documentos técnicos do transporte metropolitano, regulamento actual do tte. de ría e tamén no  protocolo de convenio de subvención xa asinado polos concellos.
Por outra banda resulta  moi "futurible" xa que  nos atopamos coa realidade da oposición ou a indiferenza da maior parte dos Concellos consultados sobre este transporte metropolitano, xa intentado no 2005 por o propio Nuñez Feijoo como conselleiro do Territorio, despois a Sr. Caride no 2008 e agora o actual conselleiro que en sete meses só conseguiu a aceptación de Redondela, a de Salceda con reparos, a oposición frontal de Vigo e o silencio por parte do resto de Concellos.
Por tanto valoramos positivamente a iniciativa pero nos parece redundante e lonxe da realidade que padecemos hoxe.
Sen embargo nos sorprende a negativa do Sr. Fervenza a aceptar algúns compromisos inmediatos, propostos polo BNG, que poderían resolver problemas reais do transporte de ría:
Por qué non se acepta o compromiso de modificación das bases do concurso para a concesión de atraques no porto de Cangas no sentido de garantir a prestación do servizo regular de pasaxeiros fronte os servizos "turísticos ocasionais"? A limitación dun barco por empresa deixa o servizo regular en precario no momento en que cheguen as campañas de Cíes ou mesmamente se algunha deixara de prestalo.
Por qué o Sr. Fervenza no acepta o compromiso de crear unha empresa pública ou consorciada para a futura explotación do transporte especialmente, cando a partires de decembro de 2009 o servizo poderá volver a ser público de titularidade da Xunta de Galicia?
Por qué non se acepta incorporar o texto a necesidade de que os servizos de venda de billetes se realicen dentro da estación marítima de Moaña como está regulamentado e a estación permanece valeira?
Por qué non acepta o compromiso de aplicar con carácter inmediato o convenio de subvención do billete como medida de promoción e garantía do transporte, especialmente cando o horizonte do transporte metropolitano parece lonxe?
Todas estas preguntas adquiren, ademais, un fondo de grande preocupación cando o Sr. Fervenza non quixo contestar a acusación da deputada socialista de que o actual Goberno “tiña retirado o orzamento do Convenio” . Temos que recordar ao respecto que o Goberno bipartito deixou, e o actual recolleu, unha aplicación orzamentaria 08.04.512A.470.0 nos orzamentos xerais da Xunta de Galicia comprometido pola administración autonómica co desglose de anualidades que se incorporaba como anexo o texto de convenio de subvención entregado os concellos. Importe que corresponde co 80% da subvención a cargo da Xunta de Galicia para o período 2008-13.
Esperábamos acordos unánimes que despexaran calquera dúbida sobre o futuro do transporte de ría, pero a conclusión é que o Goberno aínda non ten moi claro como, cando nin que facer con este medio de transporte.

O Morrazo-Vigo, 08 outubro 2009.


Grupo de traballo da Plataforma: Federación AAVV A Chamusca (Moaña), Federación de AAVV Eduardo Chao (Vigo), Federación de AAVV de Cangas, Plataforma de Defensa da Ría de Vigo, CIG e Usuario/as do transporte de ría.
plataforma


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: TRANSPORTE DE RIA08-10-2009

Pepe o Ferrol non poido contestar porque non esta preparado para os debates , él como moito só sabe ler un escrito que outrso escribiron, í ademais ten a sede de Moaña chea de "PIRULETAS", pra repartir entre os incautos.
Retorsido
RE: TRANSPORTE DE RIA09-10-2009
pero cuanta envidía hay en este pueblo. Uno levanta la cabeza para decir algo y ya están detrás los "buitres carroñeros".
Moaña
RE: TRANSPORTE DE RIA09-10-2009
Empresa pública, e con inversión da Xunta, que se gasten nela os 36 millóns previstos para o desdoblamento do corredor
colectivo
RE: TRANSPORTE DE RIA09-10-2009
envidiosos, e terribles, non sabedes que unha plataforma ten que ser apolítica, que non debe defender publicamente alomenos a ningun partido político???? que vergonza que falta de seriedade tendes de verdad.
Si loitabamos por ter barco xa o temos a min dame igual que coma os cartos, quero barco para traballar, necesito o barco.
O que me parece a min e que o que vos jodeu foi que a xunta fora capaz de poñer barco e que non quedaramos ningún día sen barco, era o que queriades os directivos da plataforma.

O final non loitades por nos, polos usuarios senon que loitades por puntos para o Bloque e saiuvos o tiro pola culata.

Plataforma = BNG = pouca seriedade, intereses políicos falta de defensa os veciños, so defendedes o BNG
gaviota
RE: TRANSPORTE DE RIA09-10-2009
¿realmente fue la xunta quien proporcionó el barco? Anda cuentame otro cuento porque ese la verdad es que no es creible...
Para gaviota
RE: TRANSPORTE DE RIA09-10-2009
¡Pois claro que foi a Xunta, pero ésta e non a inútil Bipartita! e isto é o que lles fode a estos benejetas.En canto a asociación só ten dous coñecidos militantes do BNG dos tres que actúan coma portavoces,así que non entendo como dis que está politizada....
BNG IATES E PORTOS SI BARCO para TRABALLADORES NON
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados