Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
MáIS TRANSPORTE DE RíA02-10-2009
SR.DIRECTOR XERAL DE MOBILIDADE
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE,
TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
15707 COMPOSTELA

Con copia:
PORTOS DE GALICIA
CONCELLO DE CANGAS

A Plataforma agarda con moito interese o inicio da prestación dos servizos da empresa NABIA no itinerario Cangas-Vigo, anunciado para os vindeiros días, que deberá compartir co actual empresa Mar de Ons e que debería redundar na mellora deste servizo.
Pero da lectura do concurso de autorizacións de atraque no porto de Cangas, aprobado por Portos de Galicia o 10 de agosto pasado, DOGA do 8 de setembro, se desprenden algunhas dúbidas en relación coa prestación do servizo regular de pasaxeiros entre Cangas e Vigo que lle trasladamos para a súa consideración.
Segundo o anexo II, Prescricións particulares do porto de Cangas, considerando a capacidade actual das instalacións ( dous atraques) só se autorizarían a operar a un máximo de CATRO empresas, limitando unha autorización e un barco para cada unha delas.
Nas condicións actuais significa que o servizo sería prestado polas dúas navieras con un barco cada unha, pero ó non especificar se esa autorización é só para o servizo regular de pasaxeiros ou para outro tipo de servizos complementarios (como pode ser Cíes no verán), impediría de facto a compatibilidade de ambos servizos dende Cangas co que nos tememos que se suprimirían horarios de Vigo en beneficio doutros a Cíes.
Pola contra, se unha das navieras decidira retirarse do servizo a outra non podería substituíla , como acaba de acontecer en Moaña, porque o límite administrativo dun barco por empresa ten un carácter absoluto e llelo impediría.
Observamos que estes dous aspectos determinan unha absoluta imprevisión respecto a transporte regular de pasaxeiros, sen establecer prioridades nin reservas para este servizo fundamental fronte ao de carácter turístico de tempada.
Esperamos que estas observacións sexan tidas en conta e se proceda a adaptación do concurso para que serva ó verdadeiro fin que todos perseguimos: un servizo de transporte de viaxeiros que responda as necesidades dos usuarios.
Atentamente



plataforma


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MáIS TRANSPORTE DE RíA02-10-2009
SR.DIRECTOR XERAL DE MOBILIDADE
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE,
TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
15707 COMPOSTELA

Con copia a:
PORTOS DE GALICIA
CONCELLO DE MOAÑA



Con data 16 de setembro lle informábamos da situación irregular da venda de billetes do transporte de ría no peirao de Moaña, enumerando as precarias condicións de seguridade e incomodidade que presenta a venda, tanto na taquilla situada no exterior da estación como no propio barco durante a viaxe.
A vista do artigo 2 do vixente Regulamento de explotación da terminal, non cabe dúbida da obriga da naviera NABIA de proceder a venda de billetes nas cabinas que existen a tal fin dentro das instalacións da estación “polo que a entidade concesionaria da terminal percibirá as tarifas de aplicación autorizadas” (artg. 3 de devandito regulamento, establecido por esa Dirección Xeral).
Por tanto reiteramos o noso escrito de 16 de setembro, no sentido que se adopte con carácter urxente a resolución correspondente para que a compañía Nabia instale o a venda de billetes nas taquillas existentes a tal fin, dentro da estación marítima de Moaña.

Atentamente


plataforma
RE: MáIS TRANSPORTE DE RíA02-10-2009
Transporte de ría SERVIZO PÚBLICO
Compañía PÚBLICA de transporte de ría XA!!
SERVIZO PÚBLICO
RE: MáIS TRANSPORTE DE RíA02-10-2009
Mar de Ons considera que dos navieras en Cangas causarán el "deterioro total" del servicio

El propietario de la empresa dice que cuando dejó la línea de Moaña comunicó que las taquillas quedaban a disposición, pero ni la operadora Nabia ni la Xunta las solicitaron


http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2009/10/01/mar-ons-considera-navieras-cangas-causaran-deterioro-total-servicio/373331.html
usuario del barco
RE: MáIS TRANSPORTE DE RíA02-10-2009
Tranquilos que isto arreglase con PIRULETAS, e todo mundo contento.
Retorsido
RE: MáIS TRANSPORTE DE RíA02-10-2009
Hombre, es que lo de las Piruletas es una metáfora... Jajaja. Venía a decir... "mirad lo que hay que hacer..." jojojojo
Un No-Genovés
RE: MáIS TRANSPORTE DE RíA02-10-2009
Ante las declaraciones de Pp Nascimento, Jefe de la Tribu de Mar de Ons... Recordarle que la historia acaba siendo cíclica, y para muestra decirle que su situación es la MISMA por la que paso el jefe de la Tribu de VAPORES DE PASAJES... el sr Rodrigo Freire, e incluso las declaraciones son casi idénticas... así que la historia se repite... Que haga todo lo posible porque Nabia no empiece en Cangas porque me parece a mi que va a perder una de clientes....
Por cierto
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados