Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Go Here
Indispensables
Donde ...
Guia
CONTRA A REPRESION POLICIAL E O PORTO DEPORTIVO DE MASSO ROCK AND ROLL.. QUE NOS OIAN BEN FORTE23-09-2009
Haz click para ampliar todos este sabado 26 de setembro o concerto solidario MASSO S.O.S

CONTRA O PORTO DEPORTIVO E CONTRA A REPRESION POLICIAL NON MAIS RECHEOS NA RIA

concerto solidario


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CONTRA A REPRESION POLICIAL E O PORTO DEPORTIVO DE MASSO ROCK AND ROLL.. QUE NOS OIAN BEN FORTE23-09-2009
MAIS ZONAS VERDES E MENOS VERDES NA ZONA
ver como os que defenden a legalidade son detidos dame muito noxo, moito poder deben de ter os que queren facer esa aberracion en masso, a que espera Clarita Millan a solidarizarse cos mariñeiros e veciños en vez de apoiar os terroristas medioambientales O BNG EN CANGAS DA ASCO Paralizacion xa!!!! e sobado ahi estaremos nese concertazo
isto non e normal
RE: CONTRA A REPRESION POLICIAL E O PORTO DEPORTIVO DE MASSO ROCK AND ROLL.. QUE NOS OIAN BEN FORTE23-09-2009
Escusas baratas para llenar el bolsillo a cuenta de incautos
adelante con el Puerto y mas allá
RE: CONTRA A REPRESION POLICIAL E O PORTO DEPORTIVO DE MASSO ROCK AND ROLL.. QUE NOS OIAN BEN FORTE23-09-2009
Solidariedade cos dous detidos onte.Non teñen nigun dereito a Garda Civil a deter a xente humilde e traballadora sen facer nada.A empresa Escongal, contratada para aterrar os areais de Masso, esta sen pudor botando todo tipo de escombros plasticos sen que ninguen politico de sillon faga nada para impedir esta barbarie ilegal a simple vista. Falar de Seprona e inutil e un corpo que non responde cando o diñeiro manda.¿Cando detendran os ladrons do Mar da unica Ria de Vigo e depaso os narcotraficantes? Enfin,se queren facer ese Porto Antideportivo ilegal Que empezen a matar os mariñeiros e logo os veciños.Co pan dos meus fillos non xoga naide.Solidariedade e forza para protexer a vida.
elices
23-09-2009
Elices, tes toda a razon, eses que onte detiveron os dous mariñeiros por defender os seus postos de traballo, son os mesmos que defenden os narcos, (que no morrazo hai bastantes) os politicos corruptos, (que no PePe tamen hai bastantes) ,os empresarios expeculadores ,( que tamen hai bastantes no morrazo) as empresas que contaminan,( que en galiza hai moitas) I todo eso con os impostos de todos nos (refirome a os traballadores que con as nominas non podemos defraudar ni un euro a facenda). cos nosos impostos teñen a un corpo represivo a o seu servicio. ( porque todos os que mencionei anteriormente teñen moitas artimañas para escabullir impostos, e despois dicen que son os que teñen o pais en pe) FORA A GARDA inCIVIL.
torcito
RE: CONTRA A REPRESION POLICIAL E O PORTO DEPORTIVO DE MASSO ROCK AND ROLL.. QUE NOS OIAN BEN FORTE23-09-2009
Mirade como recolle este xornal a actitude dos picoletos. A ver se van dicir que este xornal está comprado polo Foro e polos mariñeiros...

http://www.xornal.com/artigo/2009/09/22/galicia/dous-detidos-nunha-nova-liorta-polo-reinicio-das-obras-no-porto-masso/2009092223244332923.html
Ollo ós picoletos.
RE: CONTRA A REPRESION POLICIAL E O PORTO DEPORTIVO DE MASSO ROCK AND ROLL.. QUE NOS OIAN BEN FORTE23-09-2009
aqui esta la noticia de ese enlace,
NOS TIENEN GANAS Y EL SENTIMIENTO ES MUTUO

A xeira de onte na vila pontevedresa Cangas do Morrazo volveu traer a polémica, cun novo enfrontamento entre veciños e Garda Civil que tivo como escenario o porto de Massó, na zona do Salgueirón, e que levou a detención de dúas persoas, liberadas a última hora da tarde. Todo comeceu ás oito da mañá, cando uns camións de alta tonelaxe irrumpiron novamente nas obras do porto deportivo, até o de agora paralizadas, para proceder á descarga de toneladas de pedra sobre a ría de Vigo.

Os veciños fixeron soar a voz de alarma e unha trintena de detractores ás obras do proxecto do porto reuníronse para “frear a desfeita”. Convencidos de que “nin unha pedra máis caerá na nosa ría”, os alí reunidos puxéronse diante das máquinas para impedir a tarefa de descarga. Mentres que a empresa constructora asegurou estar a seguir ordes do subdelegado de Goberno, os veciños insistiron no feito de que “existen sinalizacións municipais que impiden o acceso a vehículos de máis de 3,5 toneladas” e que “as obras non contan coas licenzas municipais necesarias”.



"NON SOMOS TERRORISTAS"

Coa chegada de axentes da Garda Civil, a situación atravesou o seu punto máis tenso, no que comezaron a surcar insultos e ameazas dende un e outro bando. Os axentes procederon a identificar os alí reunidos que se defenderon con berros de “non somos terroristas”.

Un dos manifestantes, un mariñeiro de corenta anos, coñecido por Pepe, afastouse do grupo e dispúxose a sacar unha foto da refrega entre policías e veciños. Nese momento, dous axentes vestidos de paisano detivérono. Posteriormente, foi detido o seu irmán Javier, outro mariñeiro do Morrazo que xa fora identificado previamente. Ante os apupos colectivos e a numerosa presenza de membros da Benemérita, comezaron os forcexos e incluso se chegou a ouvir unha ameaza de morte por parte dun dos axentes. Un deles asegurou, por outra banda, que era “a última vez na que se intentaría usar o diálogo”.

Membros do Foro Social de Cangas denunciaron que se “utilicen” as Forzas de Seguridade do Estado para vixiar as obras que se acometen no Salgueirón. Cando os axentes procederon a trasladar os detidos ata o cuartel da Garda Civil, todos os manifestantes decidiron “apoiar” os seus veciños. Ademais, antes de ser levados ao cuartel, os detidos solicitaron pasar polo cuarto médico por motivo dos “golpes” que din ter sufrido por parte dos axentes.

Namentres, polo cuartel pasaron os avogados da confraría, o propio patrón maior, Evaristo Fernández e o concelleiro de urbanismo de Cangas, Mariano Abalo. Este último, denunciou a “virulencia e brutalidade” que, ao seu xuízo, houbo na actuación das forzas de seguridade, destacou que os arrestos se efectuaron cando “a cousa estaba xa tranquila”.

Así, afirmou que “parece que había orde de facer detencións” e recordou que os camións “estaban a vulnerar” a prohibición que marcan os sinais de tráfico instalados. Pola súa banda, dende a alcaldía aseguraron que, pese o convencemento popular, “a alcaldesa non ten competencias para parar as obras”.

As sete media da tarde os detidos foron liberados e xunto a toda a comitiva que os agardaba ás portas do cuartel, dirixíronse novamente ao Salgueirón, onde tivo lugar unha asamblea a prol da paralización dunhas obras que, ao seu xuízo, conforman “un dos maiores pelotazos urbanísticos en Galicia”.


PICOLETO ¿Y ESO ES UN TRABAJO?
RE: CONTRA A REPRESION POLICIAL E O PORTO DEPORTIVO DE MASSO ROCK AND ROLL.. QUE NOS OIAN BEN FORTE23-09-2009
solo hubo dos detenidos , si debia de haber por lo menos 15, que lo unico que hacian alli era o indio. decia que eran dos marineros detenidos , desde cuando eses dos vagos son marineros jajaj.
adelante el puerto deportivo
o de darbo
RE: CONTRA A REPRESION POLICIAL E O PORTO DEPORTIVO DE MASSO ROCK AND ROLL.. QUE NOS OIAN BEN FORTE23-09-2009
¡Che vós, el de Darbo!, y cía,
¡¡Callate viejo, sos cansino!!
EL GAUCHO
RE: CONTRA A REPRESION POLICIAL E O PORTO DEPORTIVO DE MASSO ROCK AND ROLL.. QUE NOS OIAN BEN FORTE23-09-2009
O ex-facha e actual vajamundo como toda a súa vida, que cobraba sen traballar sempre sae na foto. Por certo, non ten un pelo de listo!
Ludovico
24-09-2009
me encanta este foro por que aqui queda claro que ese puerto deportivo es ilegal cuando los que parecen estar a favor de esta mierda que nos quieren meter en masso se dedican a criticar a la gente que esta contra eso descalificandolos pero amigos que estamos hablando de un pelotazo urbanistico en toda regla una obra totalmente ilegal que esta siendo custodiada por la guardia civil, ¿como pueden querer meternos ese puerto ahi si aun no hay un Pxon aprovado ni un plan de usos en tierra, preocuparos de estos temas a ver que argumentos me contais ahora y desde aqui todo mi apoyo a los vecinos y marineros que estan intentando parar esa aberracion en Masso y estan aguantando la provocacion de la empresa y de los chicos del tricornio todos los dias y aun por encima se les tacha de violentos, es lo que tiene en el estado del bien estar si te sales del rebaño y quieres protestar ya eres tachado de pro etarra violento radical etc PARALIZAR ESTA ABERRACION YA que esto es una verguenza
jamakuko
RE: CONTRA A REPRESION POLICIAL E O PORTO DEPORTIVO DE MASSO ROCK AND ROLL.. QUE NOS OIAN BEN FORTE24-09-2009
Si,a verdade éche ben triste,pero moito!!Os que deberían estar parando unhas obras ilegais,mallando nos que as denuncian...!!??eu quería dar as grazas a todos os que están poñendo a cara (e algo mais tamen)polos veciños de cangas,está claro que se non fora por eles xa estarían as obras comezadas onde vai,sodes uns craks!!moitos ánimos!vémonos nos concertos!!!
veciña
RE: CONTRA A REPRESION POLICIAL E O PORTO DEPORTIVO DE MASSO ROCK AND ROLL.. QUE NOS OIAN BEN FORTE24-09-2009
moi bo o dibuxo de hoxe do bicheiro
eu
RE: CONTRA A REPRESION POLICIAL E O PORTO DEPORTIVO DE MASSO ROCK AND ROLL.. QUE NOS OIAN BEN FORTE24-09-2009
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/09/24/0003_7991740.htm
picolos...jajajajajja
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados