Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://cheapessaysbe.com/oedipus-complex-essay/
Indispensables
Donde ...
Guia
BNG E PSOE PRIVATIZAN EN MARíN A LIMPEZA VIARIA22-09-2009
Unha nova privatización no concello de Marín


Desde o Colectivo Nacionalista de Marín queremos manifestar o noso máis rotundo rexeitamento ás pretensións do goberno municipal de privatizar a limpeza viaria. Como xa aconteceu anteriormente coa recollida do lixo, esta nova privatización non vai traer unha mellora do servizo. só traen un empeoramento a un maior prezo para os petos da administración e do pobo que é quen paga.


Xa o estamos vendo estes días coa contratación provisional dunha empresa, as rúas de Marín están nun estado lamentábel, como levan desde fai meses pola incapacidade da titular do área que só está preocupada en buscar titulares na prensa e en perseguir asociacións que non son servís aos seus postulados.


Pagar 20.822€ por limpar durante dous meses as rúas de Marín é demasiado caro tendo en conta os resultados e que o concello xa conta con persoal para realizar estas tarefas, polo tanto estamos pagando dúas veces polo mesmo traballo. Gustaríanos saber con que criterios se fixo esta contratación e por que a esta empresa, xa que cada vez que o sr. Ruibal está de alcalde accidental sorpréndenos con gastos polémicos reprochados pola oposición.


En anos anteriores Marín estabas cheo de operarios da limpeza, maioritariamente da nosa vila, pero ultimamente non se ven. A concelleira mandounos a facer outras tarefas en función dos seus intereses propagandísticos, deixando as rúas sen atención. Tampouco se ven as máquinas varredoras limpando as beirarrúas, gustaríanos saber que foi delas.


Deixou deteriorarse o servizo de limpeza municipal para dar unha imaxe de ineficacia e de sucidade das rúas de Marín para xustificar esta privatización, que como xa manifestou Pilar Blanco vai ser “sorprendente”. Por que vai ser sorprendente, xa sabe a quen lle vai tocar o servizo, ten buscada unha “empresa amiga” para que lustre as rúas de Marín?


Desde o inicio da xestión privada da recollida do lixo demandamos o cumprimento do prego de condicións da concesión do servizo, denunciamos a sucidade e a falla de limpeza dos contenedores. Aínda hoxe a concesionaria segue sen cumprir os prazos na limpeza, dando unha imaxe lamentábel da nosa vila ao que hai que sumar o fedor os días de calor.


Agora van tentar vendernos outra concesión “para mellorar o servizo”, pero xa sabemos que non vai ser así. É unha práctica habitual que as empresas privadas que se fan con servizos públicos atúen impunemente sen que os responsábeis políticos fagan nada.


Pode parecer novidade que unha organización política que se di de esquerdas, e nacionalista, e que critica constantemente a privatización dos servizos públicos que fai o goberno do PP na Xunta, veña agora a facer o mesmo en Marín, pero xa o viñan facendo nos concellos onde gobernaban e na propia xunta coa creación de consorcios e empresas. Que podemos esperar do BNG despois do que están facendo en Cangas amparando a construción do porto deportivo en Massó, para maior beneficio da especulación urbanística.


Esta esquerda de salón que se acomodou moi ben aos despachos das distintas administracións fai a mesma política servil para as grandes empresas ás que conceden a xestión dos servizos públicos. Grandes grupos empresariais que se están facendo coa limpeza ou recollida, co servizo de auga ou coa sanidade.


Estamos ante un novo pelotazo semiclandestino e de novo con alcalde accidental, preguntámonos onde está o titular cada vez que se toman decisións importantes no concello. Pensa que deixando ao BNG facer todo o traballo sucio do concello ao PSOE non lle vai pasar factura o pobo de Marín?


Demandamos unha rectificación e que non se leve adiante este despropósito que vai hipotecar as arcas municipais en beneficio duns intereses privados e non do pobo de Marín. Se os que nos gobernan non son capaces de facelo e necesitan axudas alleas e mellor que deixen o posto a persoas con mais capacidade.


Marín, 22 de setembro de 209.



>> Ampliar datos colectivo nacionalista


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: BNG E PSOE PRIVATIZAN EN MARíN A LIMPEZA VIARIA25-09-2009
esto xa pasou en outros concellos do entorno, e nunca funsionou tan mal a recollida do lixo, pero parese que os politicos estan contentos, o demais non importa, e podo desir que hai contenedores que hai un ano que non se limpan, para coller unha infesion peor que a gripe a ,e non lle importa a ninguen, marin sera o mesmo.
O can
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados