Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
CONCENTRACIóN INFORMATIVA: SABADO, AS 7 NO PEIRAO MOAñA10-09-2009

PLATAFORMA POLA DEFENSA
DO TRANSPORTE PUBLICO E
DA RIA DE VIGO



A traveso dos medios de comunicación a Plataforma coñece a solución de última hora que permitirá manter o servicio de transporte marítimo entre Moaña e Vigo despois que a Naviera Mar de Ons decidirá suprimir este itinerario no transporte de ría. A Plataforma se felicita en nome dos máis de 3000 usuarios que van a poder seguir usando o barco, en principio e a partir do vindeiro luns, para o seu desprazamento habitual os seus lugares de traballo, estudio ou atencións sanitarias.

Este servizo foi presentado pola Xunta, non como unha iniciativa privada dentro do actual marco regulador do transporte de ría, mais como un patrocinio da administración competente que será por tanto quen teña que dar contas do seu funcionamento.

O problema do luns,14, sen servizo de transporte marítimo, era unha situación previsible e anunciada reiteradamente pola Plataforma durante meses, sen que fose atendida debidamente pola Administración así que, celebrando a solución, temos que lamentar que se teña que tomar baixo a presión social, a última hora e dun xeito pouco transparente. Todo isto sen prexuízo dunha análise posterior e polo miúdo da solución mesma.

Nesto momento os usuarios que o vindeiro luns utilizaran os servizos dunha nova compañía demandan unha información fiable e detallada das condicións nas que este se vai dar: período, horarios, prezos, bonos,etc., máis alá dunha referencia xenérica feita en rolda de prensa polo Director Xeral.

Neste senso aprazamos a manifestación prevista para o sábado, convocando no seu lugar unha CONCENTRACIÓN INFORMATIVA DE USUARIOS, para darlles a coñecer precisamente os datos que hoxe mesmo solicitamos a D.Xeral mediante escrito que se xunta. O Sábado, as 19,00 horas na Estación Marítima de Moaña.

Unha vez aclarada esta cuestión urxente, a Plataforma abordará a importante: o futuro do transporte, o convenio de subvención de billete, que ten que pagalo e a recuperación do carácter de servizo público titularidade da Xunta e a súa prestación por unha empresa pública que evite definitivamente o carácter de moeda de cambio que se lle dá os usuarios polas sucesivas empresas privadas que historicamente veñen explotando o transporte marítimo de viaxeiros na Ría de Vigo.



O Morrazo-Vigo, 9 setembro 2009.

Grupo de traballo da Plataforma: Federación AAVV A Chamusca (Moaña), Federación de AAVV Eduardo Chao (Vigo), Federación de AAVV de Cangas, Plataforma de Defensa da Ría de Vigo, CIG e Usuario/as do transporte de ría.
plataforma tte. de ria


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CONCENTRACIóN INFORMATIVA: SABADO, AS 7 NO PEIRAO MOAñA10-09-2009

PLATAFORMA POLA DEFENSA
DO TRANSPORTE PUBLICO E
DA RIA DE VIGO

SR.DIRECTOR XERAL DE MOBILIDADE
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE,
TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
15707 COMPOSTELA

A traveso dos medios de comunicación a Plataforma coñece a solución de última hora que permitirá manter o servicio de transporte marítimo entre Moaña e Vigo despois que a Naviera Mar de Ons decidirá suprimir este itinerario no transporte de ría. A Plataforma se felicita en nome dos máis de 3000 usuarios que van a poder seguir usando o barco, en principio e a partir do vindeiro luns, para o seu desprazamento habitual os seus lugares de traballo, estudio ou atencións sanitarias.
Dende o alivio desta nova, os usuarios notamos a falla dunha serie de informacións básicas sobre as condicións en que se vai prestar o servicio pola nova operadora.
As informacións dos medios falan de “practicamente mesmos horarios”, “aproximadamente mesmos prezos” “previsiblemente recuperación dalgún horario na fin de semana”, .... A Plataforma solicítalle formalmente a información concreta sobre os seguintes aspectos:
- A) Confirmación da ruta de Cangas e a partires de que data.
- B) Horarios detallados dos servizos de Moaña e Cangas, especificando horas de saída e chegada, así como, as posibles expedicións fora dos horarios indicados.
- C) Período de prestación polo que se compromete, indicando expresamente os servicios en festivos.
- D) Buques coas súas características, denominación, matrícula e capacidade.
- E) Condicións económicas: Tarifas, bonos e descontos.

Temos que indicarlle que toda esta información ten que estar declarada con carácter previo a preceptiva autorización desa Dirección Xeral para que a empresa poida navegar e cumprimento do artigo 3, apartados a,b, c, d, e do Decreto 228/2008, de 2 de outubro, de prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia e que deben ser de coñecemento público e imprescindible para os usuarios, demando da que se fai eco a Plataforma que os representa.
A espera de recibir esta información para trasladala os usuarios na Concentración informativa que terá lugar o vindeiro SÁBADO, a partires das sete da tarde na estación marítima de Moaña, lle saúda atentamente.





O Morrazo-Vigo, 9 setembro 2009.

Grupo de traballo da Plataforma: Federación AAVV A Chamusca (Moaña), Federación de AAVV Eduardo Chao (Vigo), Federación de AAVV de Cangas, Plataforma de Defensa da Ría de Vigo, CIG e Usuario/as do transporte de ría.
plataforma defensa tte. ria
RE: CONCENTRACIóN INFORMATIVA: SABADO, AS 7 NO PEIRAO MOAñA11-09-2009

Podese decir mais alto pero non mais claro.

ASI SE FALA, PARABENS.
Arau
RE: CONCENTRACIóN INFORMATIVA: SABADO, AS 7 NO PEIRAO MOAñA11-09-2009
Nunca estades contentos, bloqueiros, si de verdad quiserades o barco para ir traballar non vos importaría si as cousas foron moi transparentes, pouco ou nubladas.
Ir traballar e deixarvos de fantochadas, nunca estades a gusto, si estabamos pelexando por ter barco, xa o temos... gracias a vos, a millán a feijoo ou o rei a min dame igual
carla
RE: CONCENTRACIóN INFORMATIVA: SABADO, AS 7 NO PEIRAO MOAñA11-09-2009
Carla deberías calar a boquiña, por que seguro que gracias a tí non foi que siga habendo transporte marítimo, en todo caso o que deberías facer é apoiar máis o pobo e non os teus amigos empresariotes.
O SINIOR AFRANIO
RE: CONCENTRACIóN INFORMATIVA: SABADO, AS 7 NO PEIRAO MOAñA11-09-2009
A Carla todo lle da igual.
Dalle igual 8 que 80.
Dalle igual dúas tazas de té que dúas tetazas.
Dalle igual ter unha fame atroz que ter un home detrás.
Dalle ugual un chouriso nunha sarten que que lle ensarten un chouriso.
Dalle igual un enchufe neghro ca que lla enchufe un neghro.
Dalle o mismo unha bola neghra que unha neghra en bolas.
Dalle o mismo blancas bolas de neve que Blancaneves en bolas.
Dalle o mismo Emeterio, Saturnino Zacarias e Fajardo, que,metelo, sacalo, sacudilo e gardalo.
Vamos, que a Carla todo lle da o mismo, menos poñerse a traballar cos veciños para que non nos asoballen, e moito menos que nos quiten o barco.
O Rañolas
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados