Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
VANDALISMO NA XUNQUEIRA, OUTRA VEZ, VANDALISMO??? OU INTERESE???03-09-2009
Hoxe pola mañanciña, as mariscadoras que ían cedo cara a riveira, atopáronse cos carteis novos da xunqueira rotos, un contenedor da basura tirado na praia, a merda tirada polo chan, as mesas do chiringo rotas...un cristo de desperfectos vandálicos que son para indignarse. Para máis carallo aparece a policía municipal pregúntadolles as mariscadoras se elas os chamaran, coñecese que algún bo veciño mirou o cristo e chamounos. Unha vergoña que os munipas non vixíen o pobo pola noite, isto é un chiste, porque a solución será poñer a estes/as a limpar a merda e que paguen o q rompan. Por certo, NADIE MIROU NADA??? Por favor que denuncien, porque a este paso imos ter q facer patrullas cidadás para coidar o pobo.
Últimamente non sei que pasa que hai cousas destas a cotio (víchedes o letreiro da nova ludoteca???? pois costa un pastón arranxalo) pero o da Xunqueira cheira mal. Diríase que son rapaces que merecen algo máis que deixalos sen a paga de papá, pero paréceme tan raro que se adiquen a isto, a destrozar o ben de todos, cousas que si se repoñen terán que saír dos nosos bolsillos, dos dos seus papaitos non sei. Non será que a envexa e moi grande e son destrozos interesados das obras que se están a facer despois de anos de sequía??? se é así vaia pena, temos o que merecemos, e parece ser q en Moaña merecemos merda polo ben que coidamos o pobo, as praias, os montes....MERDAAAAA nada máis.
MoañeS.A.


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: VANDALISMO NA XUNQUEIRA, OUTRA VEZ, VANDALISMO??? OU INTERESE???03-09-2009
Fue ETA. Que investiguen.
PP
RE: VANDALISMO NA XUNQUEIRA, OUTRA VEZ, VANDALISMO??? OU INTERESE???03-09-2009
Dacordo co as dúbidas que se plantexan, todo me cheira moi mal. O da Xunquiera é penoso, dende o primeiro día a romper con todo, arbores rotas, plantas roubadas... despois criticaremos ó concello e pediremos que repoñan os destrozos ¿para qué? ¿Para ter mais plantas gratis? No campo do Casal outro tanto do mesmo, ainda non está inaugurado e xa rouban arbores e plantas, nos xardins e alamedas igual, menos mal que as flores das farolas estan a 3 metros, senon non quedaba unha.
É triste ver isto, e mais triste que seguro que haxa testigos e pasen de denunciar. Non quero pensar mal, e agardo que non teña que ver coa política. E se collen a estes elemntos qu epaguen todo e os condenen a un ano de servizos sociais, arecoller e limpar os xardins que destrozan.
Paseante
RE: VANDALISMO NA XUNQUEIRA, OUTRA VEZ, VANDALISMO??? OU INTERESE???03-09-2009
Hablando de vandalismo, hace poco fui a pasear por el paseo nuevo entre Meira y la Xunqueira y me quede horrorizada con lo que alguna gentuza hizo en los paneles informativos del museo das carreiras. Todo lleno de pintadas y todo lleno de basura. está claroq ue la gente que hace eso no quiere a Moaña, porque cuando se quiere algo se respeta y se intenta conservar en buen estado. Que pena.
Rosa
RE: VANDALISMO NA XUNQUEIRA, OUTRA VEZ, VANDALISMO??? OU INTERESE???03-09-2009
por favor, como vai haber intereses despois do que pasou esta mañá? co ben que esta a quedar moaña, a quen lle interesaria que se rompesen as cousas?
E moi facil criticar, Moañes. S.A, pero hai duas opcions, ou poñemos camaras de vixiancia en todolos lugares publicos, ou poñemos un guardia detras de cada persoa, porque esta visto que a xente non se sabe comportar.
De todas formas, o que non me explico e que si hai tanta xente paseando pola xunqueira a partir da 7 da mañá, que ninguen vira ou oira nada, porque o chiringo esta destrozado como si o quisesen forzar, asi que alguen hubo xente que o tubo que ver a narices. E moi facil criticar dende o anonimato. Asi que informate primeiro e deixate de conspiracions, o que temos é que facer fronte común a estes impresentables e se alguen mira algo que denuncie!
2 dedos de frente
RE: VANDALISMO NA XUNQUEIRA, OUTRA VEZ, VANDALISMO??? OU INTERESE???04-09-2009
es una verguenza...y culpa de la policia no es porque no se si sabeis que por falta de personal ahora por las noches en Moaña solamente hay un agente y tiene que quedarse en la oficina. Si llama alguien le pasan las llamadas a la guardia civil...que mal que destrocemos nuestro pueblo!! Lo queremos bonito!!
eu
RE: VANDALISMO NA XUNQUEIRA, OUTRA VEZ, VANDALISMO??? OU INTERESE???04-09-2009
Desconfiar , desconfio de todo dios porque hai chente para todo e a proba esta hai, de verdadeiros canallas. Quero decir tamen que si un dia miro a alguien romper algo no pobo, xuro que faltarame tempo para denunsialo, dame igual quen sea denunsirei calquer tipo de vandalismo, pois hai tempo que tiñamos que facer esto, e os delincuentes que paguen, para iso desfrutan rompendo todo.
O can
RE: VANDALISMO NA XUNQUEIRA, OUTRA VEZ, VANDALISMO??? OU INTERESE???04-09-2009
O mesmo anonimato ca ti 2 dedos de frente e o que teño eu filliño, eu non culpei a ninguén en concreto, solo expresei as miñas dúbidas ante unha oleada de desperfectos en obras novas, cando anos antes non pasaban estas cousas, sempre houbo pintadas, papeleras rotas, pero o desta vez xa cheira a fume. O caso é que sexa que sexa da pena, moita pena.
Moañesa
RE: VANDALISMO NA XUNQUEIRA, OUTRA VEZ, VANDALISMO??? OU INTERESE???07-09-2009
A policia xa colleu o tipo. O domingo puxose a romper os cristais das marquesinas de autobús, non lle debe gustar o paseo de Moaña. Seica é un desequilibrado, un tal Murphi.
Un
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados