Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
BENESTAR ALEGA FALTA DE DINERO PARA NO ABRIR SEIS GUARDERíAS26-08-2009
Ola, teño unha filla de ano e medio, e non atopo gardería pública en Moaña onde matriculala, básicamente porque non a hai. A Galescola de MOaña ainda a estan a construír, pero vendo algunhas novas xa me entra dúbidas de se a chegarán a poñer en marcha. Oxe sae nos xornais que seis galescolas non abriran por falta de presuposto ¿van facer o mesmo coa de Moaña? Seica a de Cangas non abrirá tampouco. Dam epena ver como desmantelan todo o que fixeron o anterior goberno. POden criticar que fixeran cousa mellores e peores, pero isto é de vergonza ¿a quen votamos nos? ¿quen nos está a gobernar? é unha loucura o que está acontecendo. Non se abren as galescolas porque queren que se chamen Garderías, non hai cartos para abrir seis e gastan unha barbaridade nun cambio de imaxe "pola galiña azul", cartos que se os invirtisen nas galescolas xa non quedaría pechada ningunha.
Eu xa vexo o segunite paso, desmantelar o sistema público e privatizar e concertar os servizo, é decir, o de sempre, pagar o que debería ser un dereito recoñecido.
Quitannos os libros, as galescolas...o que eu consideraba avances agora estes danlle para atrás.
Patético e triste.
>> Ampliar datos Pai


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: BENESTAR ALEGA FALTA DE DINERO PARA NO ABRIR SEIS GUARDERíAS26-08-2009
Penso que a educación foi das poucas cousas que o bipartito fixo máis ou menos ben, pero que hai protagonismos e xeitos de facer as cousas que as veces deturpan o mellor dos traballos, e un exemplo diso é a ubicación que se pretendía para a galescola do Hio, en terreo comunal tapando as vistas dun enclave emblemático como a Cruz de Castro, escollido ao parecer coa presión de Clara Millán aos comuneiros. Mal polo xeito de facer as cousas e mal tamén polos comuneiros por non darse conta das consecuencias das súas decisións.
Cabo Vicos
RE: BENESTAR ALEGA FALTA DE DINERO PARA NO ABRIR SEIS GUARDERíAS27-08-2009
Danche un cheque para poderutilizar noutra guarderia privada.En cangas hai galegoescola e e case imposible entrar
pss
RE: BENESTAR ALEGA FALTA DE DINERO PARA NO ABRIR SEIS GUARDERíAS27-08-2009
Pero cartos para subencionar escolas privadas e concertadas si que hai.
f&r
RE: BENESTAR ALEGA FALTA DE DINERO PARA NO ABRIR SEIS GUARDERíAS01-09-2009
As decisións tomanse en Asamblea e sen presións. E digo mais, cando os políticos presentes acabaron as suas exposición e contestaron as dudas, sairon da asamblea e logo nós os cmuneiros ainda discutimos sobre a proposta antes de votar.
Que se podia construir noutro sitio?, si; que ese o mellor?, pois igual non pero unha cousa tedes que ter clara os que non sodes comuneiros ou os que sendo non acudiron a asambla, a decisión tomouse por maioria, sen presións e consecuentemente e si algúen esta pensando en cambiarlle o uso o edificio que se lea antes a lei de montes.
Outra cousa, eu prefiro que sexan os nenos da parroquia os que disfruten do entorno e aprendan a respetalo. O das vistas? penso que poucos ou ningún do HIO ia alí a miralas.
comuneiro do hio
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados