Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
online dating site goa
Indispensables
Donde ...
Guia
DENUNCIA POSITIVA:TIRáN BEN, GRACIAS.17-08-2009
Despois de ler críticas sobre a praia de Vilela en Tirán, este domingo deume por acercarme por alí recordando vellos tempos. E a verdade que a cousa non está mal. O parque limpo, con novos aparellos aínda sen rematar a instalación, unha pista deportiva moderna das que ainda non se ven noutros lugares de Moaña, os accesos dende a carretera moi limitados...pero a conexión entre as praias da Ribeira, A Mona, Vilela e o niño do corvo moi axeitados para ir camiñando e disfrutando da ría...
Home a praia limpa...non "peneirada" como as praias de bandeira azul...pero limpa e aseada, e cun ambiente familiar e tranquilo...o Niño do Corvo seguer a conservar ese aire puro e salvaxe cun bo acceso polo Lazareto...
Non cheguei o Canabal...así que non sei como está.
Penso que e mellor que non se fagan moitas actuacións que faciliten demasiado o acceso a estes recunchos preciosos. E mellor para os veciños de Tirán que se manteña, eso sí limpo e aseado o que teñen, antes de ter invasión de jodechinchos.
Así que eu diría Tirán, ben, gracias.
xico


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: DENUNCIA POSITIVA:TIRáN BEN, GRACIAS.17-08-2009
Efectivamente, Tirán ben.
Sacáchesmo da boca.
O Vello Rosmón
RE: DENUNCIA POSITIVA:TIRáN BEN, GRACIAS.18-08-2009
Eu son de Bueu, e vexo Moaña hoxe e non ten nada que ver co que habia ata hai pouco. Teño familia en Tirán, e visito as praias a menudo, e parece mentira que haxa quen diga que a cousa empeorou, parece que hai pouca memoria en MOaña, ata hai un para de anos non habia accesos e todo estaba deixado, agora non digo que esté todo perfecto, pero vese un avance. Hai que recoñecer as cousas, ainda que sempre se pode mellorar.
Boedense
RE: DENUNCIA POSITIVA:TIRáN BEN, GRACIAS.18-08-2009
Non remenden señores , esta parroquia foi vendida en anacos polos politicos progressistas hai uns dias os mafiosos do cemento, polo tanto non queremos bocadillos nin a man polo lombo, xa chega coas mentiras dos politicos.
Un de tiran
RE: DENUNCIA POSITIVA:TIRáN BEN, GRACIAS.18-08-2009
Grasias euloxio, millan, pastoriza,fervenza, e resto da tropa por faser que a parroquia de tiran sexa a futura capital do semento. Cagastesna con maiusculas , polo tanto grasia por sacar a caroza e mostrar realmente o que sodes.
Ocan
RE: DENUNCIA POSITIVA:TIRáN BEN, GRACIAS.18-08-2009
So falaba do estado das praias e o seu entorno. Non de Albariños nin do Pxom...iso é outra fariña. Pero negar sempre a maior, por moi radical que un xeña, lévate a non recoñecer a realidade...e iso rebaixa o valor das opinións. Ai que aportar un pouco de serenidade. TAmén se pode ser crítico tranquilamente, sen sobreactuar...iso nótase moito.
xico
RE: DENUNCIA POSITIVA:TIRáN BEN, GRACIAS.20-08-2009
eu non nacin en tiran pero a miña familia si, e pasei e aindo paso moito tempo ali. Lembrome de cando a videira era un areal grande e limpo, e veu a alcantarilla a desembocar ó lado do muelle, e agora volto a disfrutar mirando como quedou despois da ultima obra. O mesmo que a mona, niño do corvo e ribeiriña pequena. A auga volve a estar limpa e podes bañarte no muelle sen sair con cheiro a cloaca. Os accesos melloraron moito, pero voto en falta o camiño antiguo que baixaba dende o lavadero á praia, esa rampa de asfalta que hai agora non che me gusta nadiña, e ademais ten demasiada pendiente. Pero en xeral, tiran, ben gracias
tiranense
RE: DENUNCIA POSITIVA:TIRáN BEN, GRACIAS.22-08-2009
como dicides que tiran ben gracias.Si hai duas semanas estaban as praias cheas de esterco.Agora xa estan limpas pero o tema do parque segue sen arranxar asi que de ben a medias.
un vesiñaso
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados