Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://www.versitron.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA14-08-2009
Qué esperpento Dios¡ o do PP no pleno de aprobación do PXOM de Moaña. O único que deixaron claro os do PP, nun suposto arranque de dignidade, foi que os tres sudamericanos: Fervenza, Nahur e o Mingueo, que se ausentaron do Pleno porque según eles mismos dixeron, teñen intereses urban ísticos (dixeron que teñen terrenos no parque industrial). Pajaritos, a quen queredes engañar, como non se vos ocurriu esto antes cando estabades negociando. Hay que ver que cara lles quedou a Javier Abal e a Palito cando viron o seu xefe de filas coller as de Villadiego.
Meu


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA15-08-2009
Certamente foi sorprendente e alucinante como despois de 45 minutos defendendo e atacando o texto modificado do PXOM, seguindo un guión escrito por alguen fumado:...O PXOM e bó porque ten un 80% de aportacións do PP, ...O PXOM é malo porque se benefician en Albariños pero non se reparte edificabilidade...O PXOM é bó porque se suprime a Subestación de Trigás...O PXOM e malo porque non se defende ben o Parque Empresarial...O PXOM é bo porque se suprime o Punto limpo de Sabaceda...O PXOM é malo porque vai ter problemas cos técnicos da Xunta...O PXOM é bó porque vai ser de consenso...O PXOM é malo porque xa non serve porque está reseso despois de 8 anos...
O final o PXOM é bo porque o PP e un partido responsable e aplícase ó voto útil...Pero o Sr. Fervenza, o Sr. Angel e o Sr. Nahur non poden votar a favor porque poderían incurrir en responsablidades penais por teren intereses no mesmo....
Como se pode acabar dicindo isto despois de incorporar un 80% de aportacións o Pxom, de "condicionar" a recalificación de Albariños, a inlusión do Parque Empresarial....é decir, por as "súas condicións" obligar ó seu grupo municipal a votar a favor ( o acordo foi por UNANIMIDADE) para logo escacearse para non incurri en responsabilidades....Alucinante.
Fuco
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA15-08-2009
O escrito e do da "VISERA" que é quen realmente manda no PP de moaña, PEPE O FERROL non sabe escribir mais ala de catro lineas.

En canto o parque empresarial xá veremos que di a FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA tan contenta coa derrogación do decreto eolico.
Retorsido
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA15-08-2009
Ciertamente denigrante la imagen. Triste para el partido, triste para los vecinos. Este señor es un corrupto mental. Indigno y descarado, se atrevió a desacreditar a todo el partido, y dos de los concejales (auqnue trigo estaba en otro partido) que le acompaña son de clase inferiór todavía. Como se atreve a decir las barbaridades que dijo? Parecía que el PP esixtiese en MOaña desde que el llegó, antes no había partido. El Pxom tambien lo había votado el PP, a favor, y Abal sabe bíen como se llevó a cabo el trabajo ¡a que viene querer ahora ir de malo malisimo y pedir la revisión de lo aprobado anteriormente? Esto es la incoherencia de este "burro" que nos toca aguantar.Encima deja al partido como una tropa de corruptos al ausentarse por "democracia". Despues de decir de forma reiterada y chulesca delante de todos los presentes que el PXOM era una "mierda", pero que como habian conseguido meter el 80% de lo que querían ya les iba bien, se ausentan, vamos , lo que faltaba por ver. Gritando alto y claro NO QUEREMOS IR A LA CARCEL EN EL FUTURO PORQUE NOS VAMOS A HACER DE ORO CON LA VENTA DE TERRENOS Y NAVES EN EL POLIGONO INDUSTRIAL QUE ACABAMOS DE APROBAR, además de dejar claro que hicieron pasar al gobierno por el aro en otros casos como Albariños.
Los tres descarados y sus secuaces ya tienen lo que quieren y buscaban, por algo entraron en el partido, a pillar tajada y correr, despues a los de toda la vida nos tocará lo de siempre, vergüenza.
Para que hubiese higiene democrática lo que deberían hacer es dimitir de sus cargos públicos en el próximo pleno. No tienen derecho a ocupar el cargo que ocupan con el fin de manipular al gobierno a su antojo y beneficio bajo unas siglas de un partído democrático.
De vergüenza y asco. Así vamos mal, muy mal.
Ave Caída
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA15-08-2009
Corruptos dimisión
pepe
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA15-08-2009
Estimado FUCO o teu ten moito mérito, ó tratar de deixar quedar en bon lugar os do teu partido é acólitos coma PASTORIZA i EULOXIO. Non poderás negar que todo ó proceso que conlevou a confección, tramitación é aprobación do PXOM de MOAÑA solta un tufillo a cacicada, reparto de intereses privados, é baixada de pantalóns. Escudarse no consenso é na unanimidade de criterios non é suficiente para lexitimar un PLAN URBANISTICO que naceu viciado é con moitos intereses en xogo por parte de algúns promotores i veciños revoltosos que sempre tiveron información privilexiada durante a súa confección, polo cal para mín coma cidadán de MOAÑA de esquerdas é non perteñecente a ningún partido, é gozando de toda a liberdade que esta posición me permite tan impresentables son os do PP , INMO, PSOE é BLOQUE(éste último é ó partido de cabeceira que tí tanto defendes). Convendria que lle recordases ó teu compañeiro MILLAN que as eleccións ainda non son por agora é que os veciños de ALBARIÑOS non lle van a dar o voto á él se non a MILLAN, quen por certo a pesares da súa ineptitude política é baixa catadura moral, riuse de todos vos levouvos a donde quiso como si fósedes carneiriños en definitiva vo-la meteu doblada. PASTORIZA desprestixia ó voto de esquerdas porque é un veleta é non sabe de donde ven ó vento é por último EULOXIO gran cadaver político estase a gañar para cando morra ó epitafio do "GRAN OLVIDADO", é como soio me quedas tí por analizar direiche que me mereces un gran respeto porque dos do BLOQUE que coñezo parecíasme ó máis coherente ata hoxe, se queres que cambie de opinión terás que demostrarmo para iso terás que coller o toro polos cornos é desenmascarar a toda a vella garda de ese partido en Moaña que se está apagando coma unha vela. O PXOM ten moitas cousas boas, pero tamén contén certas eivas difíciles de arreglar no futuro, tales como ALBARIÑOS ó maior atentado ecolóxico da parroquia de Tirán despois do REAL, exceso de coeficiente edificatorio dalgunhas zonas de MOAÑA, PARQUE INDUSTRIAL, moi pouco ponderado no seu crecemento vendo a que está caindo, discriminación con veciños de Meira é trato de favor por coacción dos veciños de Albariños etc. etc.. Dille á Millán que si ten diginidade pida a renuncia é que se dedique ó del, demostrou que é un home de palla dentro do BLOQUE deixándose mangonear polas vacas sagradas de sempre si chegas a convencelo faráslle un gran favor a este pobo no que agora estás vivindo.
ARNEIRON
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA15-08-2009
o que queda en evidencia son todos os grupos politicos de moaña milli regaloulle a alcaldia o PP. Vaia defensa do ecoloxismo en albariños por parte dos blokeiros. o k fai falla en moaña e un representante de esquerdas de verdade e k non se vende como abalo en kangas. por certo vaia desilusion levei con euloxio pensei k ia a ser o unico k non ia aceptar o PXOM pero o final non e unha alternativa e coma os demais xa odi a famosa cancion bloke psoe pp a mesma merda e. klaudicaches milli.
padrino a ver como o xustifikas ti mais number one
carod
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA15-08-2009
Nahur e familia non so teñen intereses polo parque empresarial. Tamen teñen terreos en Albariños. Na zona máis próxima á Pandiña...
Un
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA16-08-2009
encántame esa virxinidade impoluta de arneirón, de esquerdas como el dí, pero mentres tanto o PP avanza, e nós a comernos entre nós.
paletas
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA16-08-2009
Parece ser que una vez más el fervi se ha salido con la suya, presionó y una vez que obtuvo lo que el pp quería, supusto consenso, no da la cara, esconde la cabeza debajo del ala y se vá, pero que nos quiere decir fervi con esto: que lo de albariños está mal?. ya lo sabemos, que lo de cruz de maceira está mal?, ya lo sabemos, que los del rural hemos pagado la reducción de viviendas del PXOM?, ya lo sabemos, solo resta destacar la hipocresía de este elemento que no sé a quien representa, al pp no!!!, solo a sí mismo, y por otra parte también destacar la falta de peso político, de criterios, objetivos, eficiencia y sobre todo de coherencia de una formación política como el BNG con el Millan a la cabeza que han permitido con su postura, la futura destruccón de un área como ALBARIÑOS de extraordinario valor agrícola y de una extensión importante de espacio natural protegido como son los terrenos de Cruz de Maceira. todo esto tiene una finalidad y es que el BNG está pidiendo a gritos irse a la oposición, porque una vez más nos ha demostrado que su gestión municipal fué desatrosa durante estos siete años de elaboración del PXOM. Sigo pensando que votar BNG es tirar el voto a la basura.
es inutil
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA16-08-2009
Si eu me reafirmo no meu pensamento político, pero non me botes a culpa a min de que o PP vaia a gañar en Moaña nas próximas municipais, si acaso dalle un toque os cabezas pensantes que están a gobernar no axuntamento incluido o ínclito Euloxio. A falla dunha liña política clara é sen bandazos, o pouco rigor cos veciños en xeral en todo ó acaecido de principio a fin co PXOM ése vai a ser ó motivo que vai a colocar a cada un no seu sitio, é por desgracia a dereita en MOAÑA sempre manterá o seu electorado 2500/ 3000 votos preséntese de cabeza de lista quen se presente. dixo non teño a culpa eu.
ARNEIRON
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA16-08-2009
Parece que todo o perixe está vendido. Todo o mundo quere a Fervenza na alcaldía porque é mellor ca MIllán, solo me pregunto ¿entón por que non gañou hai 2 anos? se é tan bo, ¿por que escapou a hora de votar un PXOM?. En fin, tendo en conta que quedan 2 anos mais ata o 2011, e vendo o que pasa sempre nas eleccións, cabe esperar ata o día, mais ca nada porque quen decide son as pepeletas.
Lembro o que pasou con Barreiro, pero dame moito mais medo o que poida pasar con Fervenza. ¿ausentaríase do pleno cada vez que se falase de urbanismo en MOaña?
Lingueiron
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA16-08-2009
Non sei si todo ó mundo quer que gañe Fervenza pero ó que está a facer máis méritos para aupalo a alcaldía por desgracia é ó propio MILLAN por ó seu navegar sinuoso pola política municipal hai que ter as cousas moi claras, e polo que está demostrando o actual alcalde se non cambia a actitude de político veleta ó ten moi crudo..
arneiron
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA17-08-2009
O que pasou na sesión plenaria e unha consecuencia mais da esquizofrenia na que nos atopamos no PP de Moaña. Temos un titiriteiro que nos esta a manexar ós afiliados como marionetas para facer valer os seus intereses privados. Non se pode ser mais miserable e hipocrita que traballar nas comisións de preparación das decisións do pleno realizando aportacións (que agora mesmo poñense en dubida do seu interés xeral) para despois non poder votar a proposta de acordo por estar incursos en causa de abstención.
Levo tempo denunciando o papel indigno do PP moañes no concello, pero o que non podemos tolerar os militantes é a presenza de listillos nos postos directivos da xunta local do partido.
Alguns de nos levamos tempos pensando na posibilidad de facer unha agrupación de electores con propostas constructivas e de beneficio xeral para o conxunto do pobo, sin sustrato partidista e baseado unicamente en criterios racionais e técnicos, marxinando a proposta politica, pois entendemos que os tempos que corren non son para filosofar senon para traballar pero para todos e non para os bolsillos de cada un.
FERVENZA, UNA VEZ MAIS, VAITE PARA CASA, AINDA QUE FEIJOO TE MIME CO TEU CARGO PARLAMENTARIO. PERO POR FAVOR NON NOS FAGAS MAIS DANO: TE LO PIDE UN MILITANTE DEL PP.
EURICO
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA17-08-2009
Xa se miraba vir, pero que nos seus últimos movementos o pXOM de Moaña confírmase como un talón en branco para o urbanismo máis depredador. O equipo redactor (Arteplán, vinculado ao PP e autor do rexeitado plan de Cangas), planifica un aberrante plan ladrillista e desmembrador destinado a trocar unha vila e un territorio rural en suburbio dormitorio de Vigo.

- Promove a construcción de arredor de 6000 vivendas en 8 anos, o que suporía o duplicado da edificación e da poboación actual (máis de 18.000 habitantes), cando a poboación residente non subíu apenas un cento de habitantes nos últimos 20 anos (contando nacementos menos defuncións) e non se prevé que supere o medio milleiro nos vindeiros 10 anos, segundo previsións do propio PXOM.

- Recalifica perto de 3.000.000 de m2 de solo rústico de protección agrícola, forestal, de costas e de espazos naturais, incluídos os espazos protexidos do Carballal de Coiro e os Montes do Morrazo (este afectado por 3 proxectos de parques industriais, un de máis de 600.000 m2, Cruz da Maceira, na mesma cabeceira do río da Fraga), sin ningún estudo de impacto ambiental (acolleuse á unha ficticia excepcionalidade como o PXOM de Vigo).

- Presenta un informe de patrimonio cultural e arqueolóxico cheo de erros, fallas de ubicación e cuantiosas omisións.

- Aposta por construir por convenio dúas torres de edificios de 8 alturas máis dous edificios posteriores a carón do pazo de Mendez Núñez, do século XIX ou outro tanto coa urbanización conveniada polo concello con PROMALAR (vos sona?) a carón pazo de Concepción Arenal, tamén do mesmo século XIX e auténticos pulmóns verdes da asfixiante barriada do Real.

- No Ramil proxecta un atentado ao paisaxe costeiro e ó patrimonio arqueolóxico.

- En Albariños, na parroquia de Tirán, onde un colectivo de veciños/as propietarios "coa portavocía dunha persoa pertencente á empresa promotora Inmordos" e "vinculada a FADESA" estiveron a presionar utilizando a algarada para que o concello lles concedera a catalogación de solo urbanizable consolidado para construir perto de 600 vivendas onde actualmente está protexido como solo rústico agrícola e cando a Xunta xa lle informara desfavorablemente no seu momento ao concello da súa proposta de recalificación como solo urbanizable non consolidado para o lugar. O BNG de Millán cedeu e o PXOM aprobouse por consenso, barra libre para tod*s e unha confirmación máis da grave dereitización de BNG e PSdeG PSOE.
con-ten-cio-so
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA17-08-2009
Con-ten-cio-so:

¿Como se poden escribir vinte liñas sin decir ningunha verdá? ¡Pero nin media verdá! Non hay nin un dato correcto. Ala, o Plan corrrexido xa anda por todo Moaña. Moléstate en miralo e non fales coma Fervensa de oídas, porque senón acabarás coma el, vivindo no mismo planeta: no planeta dos ecologistas do PP.
ten-den-cio-so
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA18-08-2009
Desois de ler os comentarios quero desir que fervenza e mais listo do que muitos pensan, xoga as suas cartas e gañou por goleada. Durante meses marcou o ritmo do consello co apollo dossegidores da estrema dereita. Bai sacar tallada no poligono industrial, e tamen en albariños pois alguns chales fara a sua empresa, apostou forte igual que o faro de vigo dandolle unha cobertura brutal en apoio dos alborotadores , porque tamen pensan que a mais chales mais vesiños e polo tanto se venden mais xornais,miseria.O gran culpable do caso albariños son millan, euloxio, e victor pastoriza, estes son os que se cagaron diantediante da escoria do pp, e son os que lle poñen a alcaldia en vandexa a fervenza que volvo a desir non e parvo. Esta e a triste realidade da clase politica que temos en moaña, esfarelan unha parroquia, carganse a zona agricola protexida....... Tiran tamem acollera as torres da marquesa outra broma, a urbanizasion das fincas dos arenales no con, e non pasa nada os veciños ainda temos que estar contentos. Señores politicos, non engañen a ninguen, son mediocres e malos e caganse polas pernas coma cal quer persoa . Tiran non lle debe nada teñanno claro,
O can
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA18-08-2009
Fai tempo que a normativa urbanistica de Moaña caracterizase pola sua inseguridade. Pois ben, chegou o momento de estudiar o documento con tempo esperar a sua publicacion e atacalo xudicialmente para suspendelo de aplicación. Queda tempo por diante, pero si os nosos representantes na corporación fan un foro de intercambio de intereses particulares, os veciños temos que pararlles os pes a desvergoñados como Fervenza e Cia.
Penso que no PP de Moaña e hora de poñer as cousas claras e exisirlle ós listillos do grupo municipal a responsabilidade en todala sua extensión. Os militantes xa estamos fartos das falcatruadas dos miserables do ladrillo e da especulación.
VAITE PARA CASA FERVENZA!!!
EURICO
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA18-08-2009
O pxou de moaña e un insulto e unha burla os vesiños. Os politicos sempre a favor dos empresarios arrastrandose ante os cartos. Por favor ahora nose disculpen que ainda quedan mais mal. Genucho estabas mellor calado . coa que esta a cair . Despois da gran cagada xa todo vale. Porserto nas plazas do rosal non hai catro arbores pa plantar e dous bancos , pois os proxetos orixinais no rosal tiñan arbores e non catro xogando o tute. bng,psoe, inmo,pp - ---
cemento
ROXA LOUREIRO
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA18-08-2009
Erase una vez en Moaña, siendo alcalde el sr Millan, un grupo de empresarios encabezados y dirigidos por el que hoy dice representa al pp de Moaña, tambien estaba de caoncejal de urbanismo el inclito sr Euloxio, el citado gupo lidera una iniciativa empresarial para promover un parque industrial en CRUZ de MACEIRA, los primeros en conocer la idea parece ser fueron los representantes del Concello, ya se sabe, información privilegiada, por consiguiente se empezaron a comprar terrenos en la zona antes de dar forma a la iniciativa dentro del marco normativo del PXOM, lo que significo una incertidumbre de inversión ya que en la época del bipartito de Touriño y Quin la Consellería de ordenación del territorio no apoyaba la idea por ser la zona una clara y manifiesta area de protección de espacios naturales con reconocidos valores forestales, paisajísticos y medioambientales.
Más tarde, ya con lo pp en la Xunta, aparece el sr fervi ya dentro de la esfera del pp de Moaña y con su cargo autonómico para imponer su fuerza y tirar por los suelos los informes de la Conselleria y los criterios que decian defender los representantes locales con el alcalde a la cabeza.
Lo que si está claro es que no se puede recalificar unos terrenos rústicos de protección forestal porque una serie de espabilados o avanzadilla compre terrenos e invierta de boquilla por los rumores y la incertidumbre de si podrá ser industrial o nó esa zona. Si alguien tiene el gusto de tirar su dinero al monte que lo haga, sabe que tiene una gran inversión: la naturaleza, el mediambiente, los valores naturales, ahora bien, que eso no sirva para obligar, condicionar, presionar a toda una corporación para que delimite tales terrenos como futuros urbanizables, y por si faltara más el sr fervi se fue, no apoyo la aprobación del PXOM, porque seguro que le habian soplado que tal inicitiva no era decorosa y que si la apoyaba más tarde p más temprano tendría que dar la cara para defender su desprotección, porque un ESPACIO NATURAL PROTEGIDO, hay que fustificar su desprotección para poder autorizar usos impropios del medio natural, pero será el actual alcalde el que se lleve las medallas de destruir una zona impropia para usos industriales, porque además de su situación de protección, tiene unas pendientes del terreno inadecuadas para esos usos, unparque industrial requiere sualos de pendientes suaves, en fin el impacto paisajistico, mediambiental y sobre la flora y fauna será tremendo, es una pena. VALLASE SR MILLAN EL SR EULOXIO LE ESPERA
erase una vez
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA18-08-2009
¿Donde andaban metidos estes ecologistas todos estes anos? ¿Donde están as manifestacións populares contra o polígono industrial e Albariños? ¿Cantos deron a cara durante ano e medio pra pararlle os pes a os de Albariños? Catro, e teñen nombre: Millán, Valentín, Euloxio e Pastoriza. Os demais ríenlle os chistes a Fervenza, os Recondo e a toda a mafia. Pero bueno, o do polígono índa está por ver eo de Albariños hase de ver tamén... E o de fervenza alcalde.... Inda nos quedan por botar moitas risadas. Os do PP que copastes este fío xa podedes parar, que fixestes o ridículo, senón que llo pregunten ó Viseras e ó Palito, con que cara salían do pleno.
ten-den-cio-so
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA19-08-2009
Para que te enteres tendencioso , desde o primeiro dia muitos vesiños de tiran se opuseron a encher albariños de semento, muitos propietarios e no consello o sabian, e o parque da cruz da maseira e unha aberrasion para catro aprobeitados de moaña alguns xa non teñen nin empresa e outros teñen parselas para despois vender e sacarlle o doble do diñeiro, non e nesesario un polijono en moaña e iso no consello tamen o saben. Polo tanto non te alteres , esto foi unha baixada de pantalos en toda rejla por parte da clase politica miserable que temos en moaña. HAI MUITOS VESIÑOS ENCONTRA DE TODA ESTA GASOFIA DE SEMENTO.
Roxa loureiro
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA19-08-2009
Estou alucinado con algúns dos opinantes, ,e tal o grado de rencor e odio que destilan a s súas palabras, eles sabrán por que,que esaxeran a crítica ata límites insospeitados, que incluen a mentira, a esaxeración, e o insulto. E isto non lles da máis forza, simplemente denota que están envelenados por posiblemente algunha cuestión particular ¿non?
meu
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA19-08-2009
tendencioso, é moi doado dicir que os demáis minten sen dar as informacións verdadeiras.
En primeiro lugar o PXOM de Moaña é un bó exemplo de escurantismo e falla de transparencia. Qué minimo que estivera nunha web propia.
Cal é según tí a edificabilidade prevista para Moaña en 8 anos? en m2 e en vivendas, que despois resulta que todalas vivendas poden ser de 250 m2.
E que se fará no Real e en Concepción Arenal...?
Mírase ben que pertences a ala nacional-ladrillista ao xeito de Consultora Galega e vosos compañeiros do pxom de Vigo.
contencioso en breve
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA19-08-2009
ese eurico non e do pp nin gaitas mellor non se cree nin el que pp fai que e o do pp
pedro
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA20-08-2009
Con-ten-cio-so: nin unha liña que sexa verade, repito.

-O PXOM de Moaña prevé a construcción de 3.800 vivendas novas nos próximos 15 anos. Non 6.000 en 8 anos. A poboación de Moaña incrementouse en máis de 3.000 persoas nos últimos 15 anos e máis de 1.000 nos últimos 8 anos. As previsións iniciais do Plan en 2004 están xa sobrepasadas: prevíase entón na hìpótese máis optimista que a poboación de Moaña poidera chegar no 2019 a 19.000 habitantes. A 1 de xaneiro de 2009 superaba xa esa cifra. O PXOM de Moaña prevé unha capacidade total de 1,52 vivendas por cada vivenda actual; o PXOM de Vigo (o único aprobado na provincia de Pontevedra) 2 vivendas por cada vivenda actual. O verdadeiro problema do PXOM de Moaña é que seguramente en 10 anos non haberá solo disponible, e o que haxa estará coma hoxe suxeito a unha total especulación... por parte dos seus propietarios. Acabarán pagándoo coma sempre os mozos e os que teñen menos recursos económicos.
-O PXOM de Moaña reduce o solo urbanizable a respecto das Normas Subidiarias aprobadas en 1996. Hai menos solo urbanizable do que había previsto en 1996. É unha recalificación á inversa motivada pola lei do solo de 2002. Ao mesmo tempo, non permite construír fóra de núcleo, cousa que si se podía facer en 1996. Só por iso é xa máis respetuoso co solo protexido que as anteriores Normas. O solo susceptible de urbanización non chega aos 2.000.000 de metros cuadrados. Pero non utilices os números para asustar de forma parva: o Concello de Moaña ten 35.000.000 de metros cuadrados. Aínda que 3.000.000 puderan ser urbanizados e outros 10.000.000 foran xa solo urbano (que non é así), o 73 % do solo de Moaña sería solo non urbanizable suxeito a algún tipo de protección.
-Non se recalifica nada no Carballal de Coiro (que por certo, estará en Coiro-Cangas, supoño). Non se toca aos Montes do Morrazo (non sendo no Polígono Industrial da Cruz da Maceira, de 450.000 metros cadrados, non 600.000); mantense a súa protección e a de todos os espacios de protección forestal que o rodean.
-Non hai estudio de impacto ambiental, porque así o considerou no seu momento, con acerto, a Consellería de Medio Ambiente, pero todos os desenvolvementos urbanísticos fóra de solo urbano estarán suxeitos informe de avaliación ambiental, con todo o rigor da normativa, porque así tamén o decidiu a Consellería de Medio Ambiente).
-O PXOM de Moaña presenta un Catálogo de bens patrimoniais notablemente maior do que existe nestes momentos. Sitúa a maior parte dos bens patrimoniais existentes sobre os planos con aceptable corrección e marca con toda claridade as zonas de protección e cautela, cousa que non ocorre coas Normas actualmente en vigor, incluso para hórreos, cruceiros, muíños e edificios singulares. Os traballos da parte arqueolóxica, feitos por un equipo de arqueólogos especialistas, incluso descubriron un número importante de bens (petroglifos, enterramentos, etc.) que previamente non estaban catalogados.
-Non se constrúe ningunha torre na finca de Méndez Núñez: constrúense dous volumes de 7 alturas nunha rúa (Concepción Arenal) onde hai varios de 6 alturas. A cambio reverten a públicos 6.000 metros cadrados de zona verde, un pazo rehabilitado, unha capela rehabilitada, un hórreo e un pombal rehabilitados, uns locais de 800 metros cadrados para uso social (¡que bo centro de día, por exemplo), 30 vivendas protexidas e 1.500 metros cadrados de edificabilidade residencial para o Concello. Ainda así, seguramente haberá algún que prefira que o pazo, o pombal, capela e o hórreo acaben de derrumbarse e a finca se encha totalmente de acacias. Haiche xente pa tó.
-Na finca de García Arenal non hai ningún pazo do século XIX; hai unha casa larga e estreita de ladrillo pobre de principios do século XX e un chalé máis feo aínda de hai corenta anos.
-Non Ramil non se proxecta nada de nada de nada.
-E en Albariños non se proxectará nada de nada de nada, seguramente, coma no Ramil.

Non se pode dicir tantas mentiras seguidas, con-ten-cio-so, non se pode ir tan engañado e indocumentado pola vida e ir engañando inda por riba ós demais. Iso é o estilo do Fervensa, por iso sigo pensando que este fío está plagado de enmascarados do Pepé.
-
ten-den-cio-so
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA20-08-2009
Ademáis de tendencioso mentireiro nótaseche ben quen eres pero non tivestes arrestos para taparlle a boca os de Albariños, insisto con tal de facer caixa no axuntamento actual cometestes a barbaridade de deixar construir as torres xemelgas en Méndez Nuñez que alegría que van a facer cesións, a as que non fixo a marquesa dende o principio dos anos sesenta ¿En donde están? Teño sono e non quero seguir pero todo e bla bla bla....
ARNEIRON
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA20-08-2009
Xa, xa, xa... as cesións da marquesa. Había que saber as cesións que fixeches ti ó camiño público cando fixeches a casa. Arneiron, Arneirón, carneirón, carneirón... Durme, durme, e mañán contanos donde están as mentiras e donde miraches ti as verdades. Xa sabemos que as verdades dan moito sono. Coma a Fervensa...
ten-den-cio-so
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA20-08-2009
Para Pedrito:
Non teño porque amosar carné algun de pedigree popular, pero ten en conta unha cousa: no PP de Moaña xa fai tempo que hai xente que esta farta das payasadas destes listillos. Non lembras o que lle pasou a Fervenza no reconto dos votos nas municipais, as contas non lle sairon porque xente do PP de sempre e as suas familias non foron a votar.
Para engadirte finalmente que no PP de Moaña fanse a nivel interno propostas modernas e reacionais que nada teñen que ver coa desvergoñada actuacion do portavoz municipal e os seus acolitos.
EURICO
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA20-08-2009
Paréceme un xeito moi interesante de coñecer a planificación definitiva, e xúroche que preferiría que eu estivera moi equivocado e o pxom fora marabillosamente racional e respectuoso co entorno sociocultural e co natural.

Pero insisto na tremenda falla de transparencia da vosa tramitación e ti non estas a axudar tampouco moito dende o momento en que dis que en Albariños non se fará nada, cando sabemos que a cualificación trocou de SUR-ND a SUR-D aínda despois de que a Xunta rexeitara a primeira cualificación.

Tampouco axuda que non saibas que o Carballal de Coiro é un espazo cualificado como de protección de espazos naturais que colle terreos de Bueu, Cangas e Moaña.

De tódolos xeitos che agradecería que me informaras exactamente dos metros cadrados en qué consisten esas 3.800 vivendas novas en 15 anos, porque se son de 250 m2, como che dicía, poden tamén facerse 19.000 apartamentos de 50 m2 cada un.

E dende logo, non me parece brutal o crecemento de 1.000 habitantes en 8 anos, máxime sabendo que hai máis dun milleiro de vivendas baleiras. E ti o recoñeces, proxéctanse un 52% máis de vivendas. Pero si xa vos parece ben con que non se dupliquen…

E o do acerto en que o plan non leve avaliación ambiental o dirás tí, xa me dirás si é sostible planear un crecemento tal sen ter asegurados os subministros de auga, a depuración, o traballo e o transporte.

Vale, non son torres, son “volumes”, como xa non existen recheos, que agora son “afloramentos de terra”, o alucinante e que sigades convencidos de ser “progresistas” cando tedes o mesmo discurso de APROIN e estades a apoiar un esquema que é precisamente o causante da crise actual e que promete seguir ate a destrución total do medio ambiente, o entorno natural e a nosa propia pervivencia como especie.

Como tamén é noxento ese argumento de que preferimos que o pazo caia e o pombal se encha de ratas. Son patrimonio e vosa obriga é coidalos, non utilizalos como escusa para a especulación.
insostible e ladrillista
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA20-08-2009
Me sorprende que se hable de una zona verde de cesión en la finca de la marquesa, si podrá ser cierto, pero para que servirá?, para mirarla como un cuadro?, para hacer especie de tobogan o lanzadera desde Fragata Lealtad y aparecer en el mar?, los terrenos de esa finca son inadecuados para su uso peatonal, tienen pendientes no aptas para itinerarios peatonales segun la legislación autonomica de accesibilidad y supresión de barreras urbanísticas y arquitectonicas, lo unico que se puede aprovechar de ellos es para jardín de adorno, no para disfrute de los moañeses, porque me imagino que los edificios que tengan que hacer no los van a construir en el sitio peor, por sentido común. En definitiva lo de esa actuación es un pelotazo más donde a cambio de edificar se ceden unos terrenos que no valen ni pa usarlos, solo para contemplarlos. Otros tiempos mejores vendrán.
zona verde
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA20-08-2009
Imos ver non nos poñemos dacordo creo que todos sabemos que o Pxom tiña que ser aprobado sobre todo sabenno os que Gobernan seno porque tanta urxencia para o pleno, tamen todos sabemos que un poligono industrial en Moaña e necesario ainda que non queirades admitilo, vistas as estadisticas do paro e evidente que precisamos de postos de traballo, e eu creo que e unha boa opción, o poligono e necesario,eu non estiven no pleno do Pxom pero estou por asegurar que se alguns concellais marcharón ahora de votar sera por algo, ¿ porque o goberno aceptou as aportación feitas polo PP sen rechistar? non sera que o señor Millan lle conviña aprobalo Pxom sen que se levantara moita polvareda, ahhh e tedes razon o BNG estalle a dar as proximas eleción gañadas o PP o BNG, PSOE ESTAN A PERDER CREDIBILIDADE, Victor plantalle cara a Millan que ainda podes sair gañando
VECIÑ@
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA20-08-2009
Alegrome de que Fervenza tivera as narizes de non darlle o BNG, PSOE o que querian o ausentarase da votación, non vos dades conta que un Plan Xeral conleva moitas cousas, este plan de Moaña leva anos intentando aprovarse quen sabe o que habera por ai agochado? deu fe da sua tranparencia FERVENZA proximo alcalde de Moaña grazas a Millan e Pastoriza
Morrazense
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA20-08-2009
Debes ser de fora e tocas de oido, e cando un toca de oido mete a pata ata as orellas. O PXOM de Moaña non é oscurantista, foi o máis participativo de toda a provincia,con exposición pública durante dous meses e a maiores cunha exposición itinerante por todos os barrios e parroquias. Con celebración de reunións explicativas en todas elas, e con axuda técnica para a presentación de alegacións, polo tanto, entérate e non votes a lengua a pastar con catro estupideces comúns que non se corresponden co caso de Moaña.
Meu
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA20-08-2009
O es meu o de trasparensia,esplicar polos barrios, partisipativo........ igual que outros nin mais nin menos, pasaron todo polos forros e fixeron o que quixeron, e desir en contra dos vesiños e de postre a cagada de albariños ese e o punto final da sin razon do plan xeral de moaña.
ROXA LOUREIRO
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA20-08-2009
para o señor tendencioso para ti que son os montes do morrazo todos menos a zona da cruz da maceira claro hai que construir ali un parque empresarial faltaria menos iso non e destruir os montes xa temos poucos ainda un pouco mais non pasa nada verdade simplemente para especular que lumbreras eres
suso
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA20-08-2009
eurico deixa de tomarnos o pelo coa tua presunta afilicacion o pp si tanto dis porque non tes o valor de poñelo nos medios de comunicacion vaille tomar o pelo a outro
nolo
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA20-08-2009
1)
-Repito: No Carballal de Coiro non se reclasifica nada de nada. Sigue coa misma protección que tiña, de espazos naturais do Morrazo.
-Poden ser de 250 m2, de 50 m2 ou de 15 m2. O número de 3.800 non variaría sustancialmente porque cada urbanizable ten un número máximo de vivendas. Ademais, 3.800 é a potencialidade máxima do Plan: se en 15 anos se executa o 40-50% xa sería un milagro. ¡Ah, e entran tamén todas as que se poden construír en solo urbano de licencia directa, que son casi 2.000 vivendas.
-¿Que ten que ven o crecemento da poboación cos vivendas valeiras? ¿Que ten de malo planificar o crecemento do parque de vivendas? ¿Cal é o teu modelo? ¿Que a xente vaia a comprar vivenda a Cangas e a Vigo, como facían ata os anos 90? ¿Que as parellas nova vivan da buhardilla dos pais, cono teñen que facer aínda hoxe moitos porque a vivenda é cara? ¿Que os que poidan sigan construíndo chalecitos ciscados polas veigas e polas ladeiras dos montes, estragando o territorio como pasa desde hai trinta anos? ¿Ou simplemente que non se constrúa máis en Moaña, porque xa hai suficiente? Explícate, home, e así tamén se che entenderá mellor.
-Moaña ten un sistema de depuración capar para 35.000 habitantes, e ademais é eficiente. O servizo municipal de augas chega ao 52% da poboación; o resto ten traídas particulares. Os desenvolvementos urbanísticos prevense en lugares onde chega con toda facilidade o subministro de auga. O segundo emisario, que empezará a construír en poucos meses, permitirá doblar a cantidade de auga. En canto ó transporte e ó traballo, ¿iso como o arregla o Plan Xeral, meu? Inda así planifícase unha importante mellora da rede viaria: ampliación dos viales locais secundarios, varias estradas de desconxestión da PO-551, a circunvalación...
-¿Que terán que ver as torres, os volumes, a destrución total do medio ambiente e a nosa pervivencia como especie? O Plan Xeral simplemente pretende ordenar como vivimos uns ó lado dos outros. Non quere nin pode resolver o do quentamento global nin salvar os osos polares. Lástima...
-A única maneira de "coidalos" é transformalos en propiedade pública e poñelos ó servicio dos veciños. A outra maneira de "coidalos", a que ti defendes, leva aplicándose desde hai corenta anos cos fantásticos resultado que se poden comprobar actualmente.

2)Si, efectivamente. Os volumes constrúense no sitio peor, no de máis pendente, ó lado da calle Navarra, porque no resto da finca está o pazo, o pombal, a capela e o horreo, e é a zona máis "plana". Para mirala coma un cadro está agora, coma un cadro horroroso que dá idea do abandono e da desidia de moitos anos. Non di nada bo dos moañeses, como tampouco decía hai catro anos o cuartel vello a caír,a finca arredor chea de silvas e o campo de fútbo enriba da praia. Daquela tamén formaban parte do "cuadro" e ninguén dicía nada. Empezaron a dicir, pero en contra, cando se empezou a facer algo. E agora teñen que calar a boquiña porque os resultados están á vista. A ver se os "ecologistas" deixan traballar un pouco e apoian algo, hom, sempre co mismo conto e tendo que tirar deles arrasto.

3) O Plan Xeral había que aprobalo porque hai moita xente que pensa que o Plan Xeral hai que aprobalo. Incluso a Lei di que hai que aprobar un Plan Xeral. O da urxencia... Se oito anos che parece moita rapidez... Se os oito meses que vai a haber que esperar aínda para saber se vale ou non che parece moi precipitado... Ademais, eu pensaba que ós políticos había que criticalos porque non traballaban, ou porque eran lentos buscando as solucións... Aquí critícanse porque fan o que teñen que facer, e fano de forma rápida. ¡Alucinante! Sin embargo non se critica ós de Bueu, ós de Cangas (e ós de Nigrán, Redondela, Baiona...) porque na planificación urbanísitica levan 8 anos sen facer nada. ¡Alucinante! ¿Polvareda? Toda a polvareda que se podería levantar xa se puido levantar nos seis anos que se levan de tramitación do Plan. O que queren os veciños é que se acabe dunha vez, porque saben que moitos problemas prácticos, dos seus, dos de todos os días, poden resolverse co Plan.

4)¿"Haberá algo agochado" e despois de seis anos nin os veciños, nin a prensa, nin as ducias de técnicos de todas as Administracións que o informaron, nin os grupos políticos da oposición encontraron nada? O Plan -na versión aínda non revisada- está colgao na rede e pode buscar a Willi quen queira. O único que había agochado era que Fervensa, Angel e Nahur tiñan intereses urbanísticos e xa nolo contaron no Pleno... Pero á vista das túas opinións, parece que estás dacordo, e será alcalde co teu aplauso -polas razóns que queiras, pero co teu aplauso- para poder defender os seus intereses urbanísticos e ausentarse do Pleno cada vez que lle toquen os seus intereses urbanísticos. ¡Que tropa!

5)Repito: os únicos moañeses, políticos e non políticos, que se manifestaron publicamente en contra de Albariños foron o BNG e INMO. O PSOE suavesito... ¿Donde están os carteles, as manifestacións populares, os artigos de prensa, as conferencias e plataformas en contra de Albariños? ¿Donde están as mostras de apoio ás posturas do Bloque e de INMO? Dábaselles caña cando era SUR-ND, déuselles caña cando dixeron que mellor deixalo como SRPA, dáselles caña cando se pon como SUR-D. ¿Non será que este "ecologista" pepero ó que se dedica é a embarullar? Efectivamente, dentro de 20 meses as urnas poñerán a cada un no seu sitio. Mentras tanto, non fagan tanto ruido e deixen traballar.

6)A zona da Cruz da Maceira está non Montes do Morrazo, está claro. Non é un sitio ideal pra facer un polígono industrial en Moaña. Igual é dos sitios peores. Pero o máis grave é que tampouco os hai mellores. Dime unha zona cunha superficie de máis de 100.000 metros cadrados e direiche que tipo de protección ten. Vale, a Cruz da Maceira non, pero iso quere dicir que imos permitir que a fábrica dos Brenca estea toda a vida entre as casas, e os conxeladores do Con, e as empresas de construción, os talleres que tratan sustancias nocivas, etc. Ou como última alternatva, prohibiremos as industrias en Moaña. É bastante probable que o polígo industrial non saia adiante -por razóns de planeamento e doutro tipo- pero iso que será bo para o medio natural posiblemente non sexa tan bo para o medio humano de Moaña. Nada é perfecto.
ten-den-cioso
RE: O PP DE MOAÑA QUEDA EN EVIDENCIA21-08-2009
que fenomeno o tendencioso o que nocivo para o monte moi ben destruimono e dentros duns anos falamos total o aire que respiras debe ser moi limpo para ti e claro limpase solo a ti otema fotosintesis no te sona de nada claro asi vai o mundo e asi acabaremos con el valeroso caballero es don dinero xa o decian fai seculos
nolo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados