Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
essay on my best friend
Indispensables
Donde ...
Guia
MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
G.M.P. - CANGAS O seu activismo en contra das instalacións náuticas no Salgueirón, que exerce en primeira liña de frente, como antes noutros asuntos de relevancia social, convérteno nun edil atípico. Un político íntegro para algúns, e un axitador para outros, é, con moito, o decano dos concelleiros cangueses, e leva na institución municipal desde a primeira corporación democrática.

–Os acontecementos arredor do porto deportivo de Massó volven a dar unha imaxe de conflictividade e sitúan a vostede no eixo do conflicto. ¿Non é perxudicial para o municipio?

- Cangas é un orgullo para nós porque é a vila máis encantadora de Galicia, pero tamén aspiramos a ser a máis digna e combativa. Porque amamos a paz, que é o dereito a que non nos rouben o que é noso, e iso fainos un pobo aínda máis atractivo.

–Di a alcaldesa que non se pode vivir en permanente estado de excepción.

–O estado de excepción que vive Cangas creouno quen non moveu un dedo cando o noso pobo se encheu de antidisturbios da Guardia Civil e quen enmudeceu diante da detención dunha concelleira do equipo de goberno xunto con mariñeiros, ata un total de 16 persoas. Tremenda solidariedade e democracia nunha vila cun goberno de esquerdas.

–¿Cré que hai unha maioría social en contra das obras no Salgueirón? Porque hai voces que critican que son uns poucos os que manteñen o pobo paralizado, e mesmo "secuestrado".

–As manifestacións e as accións de protesta deixaron sen argumentos aos que decían que isto era cousa de catro. As miles de persoas que se mobilizan deixaron a cada quen no seu sitio. Decir que Cangas ten 25.000 habitantes e que moitos quedaron na casa é o mesmo que cando Sotelo decía que o PXOM iría adiante ainda que saíran á rúa 50.000 persoas. Equivócanse igual que cando se di que hai veciños que están a favor das obras. ¿Acaso se pretende xustificar un cambio de chaqueta?

–A quen lle esixen un cambio de actitude é a vostede. A alcaldesa di que se non o fai non pode seguir no goberno de Cangas.

–Clara Millán, e sobre todo o BNG, deben reflexionar: ou se cumpre o programa de goberno de xuño de 2007, asinado por BNG, PSOE e ACE, ou isto é unha estafa política e social. Nin Mariano Abalo nin ACE deben cambiar a súa actitude, porque non poden nin deben traizoar ao seu electorado e a Cangas. Estamos abertos ao diálogo e á reflexión, pero non a rendirnos. Por iso hai que parar o porto deportivo. Se non é virar á dereita, e nós defendemos un Cangas de esquerdas. Aí si nos atoparemos.

–¿Sinte que o seu cargo municipal periga?

-Serán outros os que teñan que respostar, porque nin Mariano Abalo nin ACE están en venta. Non somos nin uns virachaquetas nin uns vendidos. Non decimos unha cousa na oposición e outra no goberno. Podemos chegar a acordos, pero non traizoar ao noso pobo.

–¿Refírese a Clara Millán? ¿Cré que non está a facer todo o que debe e pode?

–Ser alcalde ou alcaldesa non é ser un funcionario máis. Hai que saber tomar decisións, Se non, é mellor marchar para a casa. Se se delega en min como concelleiro de Urbanismo, como permite o regulamento, garantizo que en menos de 24 horas soluciono o problema de Massó, amparándome nos pertinentes informes xurídicos. Mesmo este próximo luns é posible que se paralicen as obras. Xa se fixo antes cos sinais. É un problema de saber que se quere. Ou estás cos mariñeiros e co pobo sensibilizado co futuro de Cangas ou estás cos especuladores que tanto criticabamos cando gobernaba Sotelo.

–¿Acaso é o BNG o que mudou de parecer?

–O PP trata de gañar a Clara Millán para a súa causa e o seu programa corrupto, pero dubido que esa coincidencia sexa a que persiga o BNG. Cónstanos que moitas persoas e militantes desa organización non están dacordo con esta postura. A proba é que se houbese un referéndum, como antes defendía o BNG, nunca respaldarían o porto deportivo nin o convenio urbanístico.

–¿Que vai pasar se non hai entendemento político? ¿Ten futuro o tripartito?

–Se se respetan os acordos de goberno, desde logo. Pero, ou hai un cambio de rumbo ou a dereita volve a gobernar Cangas.

"¿Medidas? O Salgueirón será para disfrute público"

–As posicións sobre o porto de Massó están moi enfrentadas. A empresa afirma que ten toda a documentación en regla e non vai recuar. E vostede di que o arregla nun día se lle dan o mando ¿Que solución ofrece?

–Non vale pedir remedios á Autoridade Portuaria de Vigo nin a Corina Porro. Hoxe a solución témola en Cangas. Con vontade política e legal párase o porto deportivo e salvamos Massó. A Autoridade Portuaria fixo toda unha chapuza ilegal, e agora non o vai recoñecer porque está todo podre e non queren comerse o marrón das indemnizacións e responsabilidades legais, debido a que todo se fundamentou en actos nulos de pleno dereito e en auténticos fraudes de lei. Afortunadamente, a ese fraude enfréntanse con firmeza a Confraría de Cangas, co apoio de moitos mariñeiros máis alá do noso concello. Insisto, se a alcaldesa delega en min as competencias, en 24 horas paralizo as obras.

–¿Non quedan posibilidades pola vía do diálogo?

–Pola nosa parte, as negociacións danse por pechadas. Desde Urbanismo negociouse ata o agotamento, pero o diálogo quedou roto ao decir a empresa que non vai renunciar a construir o porto deportivo. Desde ese punto de vista non hai posibilidade algunha de negociación, e a única vía é que o Concello lle pare os pés e acabouse o negocio. Porque a empresa non vai investir unha millonada nun porto cando despois non vai poder construír nada en terra.

–¿Que quere decir? ¿Acaso pensa establecer limitacións do Plan Xeral que fagan inviable o proxecto da promotora?.

–O que vai quedar claro é que as súas intencións van chocar coas nosas, e os terreos do Salgueirón serán para uso e disfrute dos veciños de Cangas. Xa hai documentos escritos que o reflexan, pero non vou entrar máis a fondo no asunto.



PORTO NON


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
Moi boa entrevista. Agora a pelota está no tellado de Clara Millán. Noraboa os políticos como Abalo que non son uns vendidos.
Um
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
esta claro que a clara millan y al BNG no le interesa nada parar las obras de Masso, demasiados favores que ahi que pagar a caixa nova. yo pienso que esta señora con su postura prepotente y chulesca no va a ningun lado y ahora mismo el BNG y el PP apoyan lo mismo la especulacion en Masso, no se puede ser tan hipocrita señora alcaldesa el tiempo pone a cada uno en su lugar y si no Mirar este video:

http://www.youtube.com/watch?v=-piCvCdZugk

esto huele a podrido
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
la alcaldesa en ningun momento tuvo actitud prepotente ni chulesca como decis algunos,ya aguanto vastante con los insultos y amenazas que le propinaron algunos "valientes" y ya era hora de que enseñara los dientes
cristina
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
A verdade que sodes "patéticos". Levades toda a vida criticando os do Faro de Vigo, porque según vós sempre manipulan as noticias, en contra dos "Anti-Masso", que nunca din a verdade, que favorcen os de Marina Atlantica, Caixanova, etc...
E hoxe non fazedes mais que felicitar o Faro de Vigo pola entrevista feita a Mariano, e ainda mais a colocades en todos os foros.
Hai meu deus, canto vira-chaquetas...
Un Canjes
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
Perdoa, primo do Cuñadísimo, perdoa pero que eu mire aquí ninguén vanagloriou ó Faro, nin muito menos. E só faltaría que non fose capaz de publicar unha cousa coherente, quero dicir: Gonzalito pregunta e Mariano responde. Nin máis nin menos.
Así que non manipules que aquí os únicos virachaquetas xa se mira ben quenes son, empezando pola Abadesa...
Clara Millán vende Massó
07-08-2009
A Cofradía de Pescadores acusa á alcaldesa de prevaricar ó non ter vontade de paraliza-las obras do porto deportivo. Así o denuncia o avogado do pósito en EL PAIS.:)


http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Cofradia/Cangas/acusa/alcaldesa/prevaricar/
elpepuespgal/20090807elpgal_8/Tes
Bolxevique
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
moi boa.... ahi tedes a opinion da cofradia ahora decir que os da cofradia tamen son uns violentos etc etc etc

arealidade e esa a alcaldesa e o BNG estan vendidos a caixa nova e marina atlantica
toma duas tazas
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
sin duda hoy a la señora alcaldesa y al BNG les caen dobladas primero mariano poniendola fina en el pamfleto preferiso de la señora alcaldesa y segundo la cofradia dice que la alcaldesa no quiere parar las obras (en el Pais)
ahi va la noticia:
ELPAIS.com >España >GaliciaLa Cofradía de Cangas acusa a la alcaldesa de prevaricar
M. F. - Vigo - 07/08/2009

Vota Resultado 9 votos La alcaldesa de Cangas, Clara Millán, tiene mucho que decir y hacer sobre el puerto deportivo de Massó que construye la empresa Marina Atlántica. Es lo que piensa la Cofradía de Pescadores, que avisa de que la regidora podría estar prevaricando si "sigue haciendo dejadez de funciones". Alberto Muñoz, abogado de la agrupación, recordó ayer que las obras de la marina no se limitan a la actuación en el mar, sino que están ocasionando movimientos de tierra y rellenos que necesitan permiso municipal. "Unas licencias que no tienen", y que la alcaldesa no pide porque, tal y como reconoció a este periódico, el proceso administrativo "está en manos de la Autoridad Portuaria de Vigo".

"Este puerto no está considerado de interés general, es una instalación privada, y por lo tanto el Ayuntamiento no puede eludir las competencias que la ley le otorga", le recuerda la cofradía. "La alcaldesa dice que no puede actuar basándose en un informe de dos folios de la secretaría del ayuntamiento, donde la propia funcionaria reconoce que no tiene todos los datos" añade Muñoz. La Cofradía, el principal colectivo en contra del complejo, teme que se repita en el Morrazo el caso de Punta Lagoa, la marina ilegal construida en Vigo, e intenta paralizar las obras a la espera de que el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se pronuncie sobre la legalidad de la licencia. El puerto deportivo constituye la punta de lanza de un gran proyecto urbanístico en tierra, todavía sin definir.


CLARITA SE ESTA DESCUBRIENDO EL PASTEL a ver que dice tu amiguita cristina a todo esto....
jamakuko
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
.....y AHORA QUE?
la cosa esta muy CLARA algun militante del BNG aun tiene alguna duda sobre el posicionamiento del BNG con este pelotazo urbanistico, ya va siendo hora de poner a estos sinverguenzas, vendidos, mentirosos, prepotentes etc etc en su lugar, por ahi ya dicen que hector otero encabezara la proxima manifestacion contra a desfeita de Masso y bangueses se hizo con una camiseta de MASSO S.O.S
QUIEN DA MAS
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
Sotelo y Clara millan se declaran amor infinito por el puerto deportivo de Masso
sotelo conocido en cangas como "el Calique" o el "caudillo de Cangas" da todo su amor y todo su apoyo a la señora alcaldesa para combatir a estos terroristas vandalicos jarrraicitos que se oponen al puerto deportivo de Masso SON TAL PARA CUAL
TAL PARA CUAL
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
CLARO MILLÓN=SOTELO=CAIXANOVA=EXCONGAL=FECIMO
Unha e mil veces
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
CLARA FÓRA DO BNG! E QUE LEVE CON ELA A TODA A SÚA FAMILIA! E AO JOMINOLAS PRIMEIRO!
Unha do BNG de Cangas
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
Autentico,Mariano Abalo non cambiara xamais, notase que vive para o Pobo inda que non sexa corespondido por todos os cidadans,pero por unha gran maioria de diferentes cores politicas SI .E moi grande en todo-los sentidos,graciñas
Eloi
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
E a todo isto, en toda esta historia ¿donde se posiciona o Sr. Hector?, non se escoita nin pío.
Isto é un problema de todos os Cangueses, e todos deben opinar e fazer saber a sua postura empezando polos representantes dos cidadans...
Canjes
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
MILLÁN PREPOTENTE!

OTERO COVARDE!
Vaia par de dous...
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
O que ten que facer Clara é darlle plenos dereitos a Abalo en urbanismo, e a ver se é capaz de parar as obras en 24 horas como di. Iamos rir moito. Agora ben, duas cousas, se non é capaz de paralas, que marche dunha puta vez, e segundo, se por culpa da súa prevaricación a xustiza mete un puro enorme ao Concello de Cangas que pague el con cartos do seu bolsillo, que non temos porque pagalo tódolos cangueses, ou se non que lle pida cartos a Tiago do que gañou co pelotazo onde encheu os petos.
Incrédulo
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
o sr. Otero que se saiba ainda non lle ofreceron unha entrevista deste calibre o Farol de Vigo.
porque se vai ter que entrometer el nesta liorta entre a alcaldesa de Cangas e Manito?
Por certo a cobardia de OTERO non sera a que amosa cada vez que se atopa cos do Foro, os cales sempre respetou... ou midese a cobardia en poñerse en contacto coa empresa e paralizar o transito de camións....
dame o corpo que nesta historia, como fai o PP o PSOE tamen xoga as suas bazas, e nun 3º plano estase mellor que en plena batalla
ni thon, ni shom
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
Claro que hai que felicitar ao Faro, porque en esta ocasión lle dá ás dúas partes oportunidade de expresarse, non collendo como sempre as partes máis escabrosas e facendo insinuacións.
Se actuara así por sistema ao mellor deixaba de perder a cantidade de lectores que perde cada ano.
welovecuñadosss
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
para jamakuco,mira juapiño,no soy amiga de la alcaldesa,pero si lo fuera a ti no te importa,y tu que eres,¿primo del marianito? o ¿uno mas de los que reciben un sueldo de este personaje? anda ya,cuentale esas mentiras a quien selas crea,porque lo que es aqui nadie te cree.MARIANITO FUERA DE CANGAS VETE A TU SITIO QUE ES PORTO DO SON,QUE VAYA PARA ALLI A GOBERNAR Y QUE DEJE CANGAS TRANQUILO,¿QUE PASA UE YA LO ECHARON DE ALLI TAMBIEN?
cristina
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
e ti vai pa vigo, que el polo menos chegou de meniño, é máis de cangas ca outra cousa juapa. dille á alcaldesa que che deixe os modelasos anda...
cerebelo tamaño micro
07-08-2009
y yo naci aqui soymas de cangas yo que ese
cristina
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
y tu dile a la alcaldesa,que te deje un poco de su educacion
cristina
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
o farol de vigo ou panfleto k non decia mais k mentiras parece k di a verdade claro so minte cando di a verdade e di a verdade cando minte osea si me gusta o k di e verdade e se non me gusta e mentira cangueses sodes noxentos
aldan independiente
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
cristima mira neniña eu son de cangas e parido por comadrona, ti non sei de donde eres e tampouco dende donde escribes o mellor asta che estamos pagando internet entre todos nese piso de cristal no centro de cangas, ¿que me dices do que di o abogado da cofradia sobre a tua amiga a alcaldesa son violentos tamen ahora os mariñeiros ou que, tamen pode ser que seas a amiga de Sotelo ou do pirata de cangas chamado Bangueses que ahora intenta intoxicar a cofradia de pescadores de cal de estes maneantes eres colega ti,
pd: a min nadie me paga por estar contra o porto de Masso o mellor a ti si estas contratada por algun do BNG ¿me confundo? non te poñas colorada e vai bailar cos teus colegas do BNG, por qui ahi moito corto de mente que pensan que por ser militantes do BNG vai a estar ben todo o que diga o BNG e o BNG en cangas esta vendido a Caixa nova si no mirar toda a informacion videos etc etc do que dixo o BNG e o que fai ahora o BNG encabezados pola clarita millan, todos os que estades a defender o BNG estades defendo o voso bolsillo e non me fajas dar nonbres que non vos salvades ningun neniña
otro pd:
para o pirata do morrazo o cacique do bangueses que non se confunda que isto non e bueu asi que a ver que milongas anda contando pola cofradia por que aqui cando non ahi argumetos para defender a aberracion de Masso xa lles vale todo.
CLARA DIMISON POR VENDIDA
BANGUESES = PIRATA DO MORRAZO
SOTELO = FASCISTA
HECTOR = COBARDE
ABALO= O UNICO POLITICO QUE SE POSICIONA CONTRA O PORTO DEPORTIVO DE MASSO e isto para alguns e ser terrorista vandalico etc etc.

PORTO DEPORTIVO NON
JAMAKUKO
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
No perder mas tiempo, dejarlo ya. Que os digo que el puerto deportivo de Masso vá adelante. Lo demás son especulaciones y ganas de marear la perdizzzzzzz......
Vidente
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
Vidente, como andes tan fino para todo...

OS MARIÑEIROS DE CANGAS DICIMOS: O PORTO DEPORTIVO NON SE FARÁ!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
longueirón
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
e curioso o caso de votar terra o mar os mariñeiros de cangas aterrastes media ria pra facer casetas naves almacens parkins privados so pra vos e as vosas señoras cando van comprar e a ultima merda esa k estades a construir o lado da gasolineira todo isto pagado por todos incluidos os españoles e agora protestades por un aterramento cangueses sodes noxentos
aldan independiente
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
A ver, o gañán de Aldán, xa cansas coa tontería, home, Cando un ten 15 anos ao mellor ten coña, pero xa non fai gracia. Aínda que ao mellor tes 15 anos... Dígoo polo xeito de escribir... ou é que vives nunha caverna con wifi? Mellor que te independices ti só e deixes de dar a tabarra, majete.

ADIANTE A INDEPENDENCIA DE GALICIA!!!
un de Coiro
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
sabeis lo que le da miedo a clara millan sotelo hector bangueses y demas caciques que ninguna manifestacion asta ahora logro reunir tanta gente joven parece que la gente joven se conciencio con el problema de Masso y eso acojona a los caciques estos y eso os jode ver que el futuro de cangas os dice que no a la especulacion y sale a la calle a manifestarlo u le da igual que le digais lo que le digais a nosotros no nos comprais con bailes ni con viajes a mallorca como a los de la casa da bola SEÑOS POLITICOS DE CANGAS TENEIS UN GRAVE PROBLEMA QUITARNOS ESTA MIERDA DE MASSO Y HACER ALGO PARA EL PUEBLO EN MASSO NO PARA UNOS POCOS POR QUE SI NO ESTO PINTA MUY MAL, para los que dicen que los que apoyan abalo son los del NO abalo ya presento un buen proyecto para esa zona donde se reabilitaban todo asta el hotel de masso y se le daba mucho uso publico claro esto jode el negocio a los especuladores ¿verdad? expropiacion ya por que la xunta no expropia masso seguro que si fuera de algun vecino ya estaria expropiado cuanta gente tiene terrenos en limens coiro darbo etc etc etc y se los expropiaron o nos los dejan hacer ni un jaliñeiro estos que son especiales o que pasa aqui ¿como quieren construir un puerto deportivo si no se sabe nada del pxon y no se sabe lo que se va hacer ahi en tierra pero que casa de putas es esta un poco de seriedad
galiza boba ¿donde esta?
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
te confundes majete,si yo llegara a estar contratada te iba a contar a ti mas de 4 cosas que tengo ganas de hacer,y mas de cuatro como tu estariais calladitos ¿te queda claro? majete.Y fijate cuanto soy de cangas que naci en la casa de mi abuela,no emigre como marianito
cristina
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE07-08-2009
Ya que quereis que masso sea para el pueblo, haber si a estos listillos les expropian la casa tambien para el disfrute del resto.
Masso tiene dueño y alli van a hacer lo que puedan para eso hay leyes urbanisticas.

JT
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE08-08-2009
VALE AMIGO TU MISMO LO DICES LEYES URBANISTICAS masso hoy en dia es suelo industrial amijiño
e dalle
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE08-08-2009
Es tuyo????? Pues entonces calla.
JT
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE08-08-2009
y siento darte una mala noticia pero si la razon y el sentido comun triunfa ese puerto ilegl no ira adelante asi que lo siento por ti JIT y Cristina LA VICTORIA CONTRA EL PUERTO DEPORTIVO Y LA ESPECULACION EN MASSO CADA VEZ ESTA MAS CERCA
GRITARETEMOS VITORIA contra la manipulacion del PP y BNG
RE: MARIANO ABALO HACE EL RIDICULO HACIA CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE08-08-2009
LO MAS CHOCANTE DE TODO ESTO, ES QUE EL PUERTO SE VA HA HACER, POR MUCHOS DISPARATES QUE AQUI SOLTEIS, DE UNA FORMA O DE OTRA, PERO VAYA SI SE HACE, ASÍ QUE ALA DAOS POR JODIDOS, AH!! Y OJITO QUE ALGUIEN VA A PAGAR LOS PLATOS ROTOS.
alguno se va a reir y vereis que carcajadas va ha dar.
Massó seráun puerto deportivo
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE08-08-2009
jajajaja iso e que lle gustaria a clarita e a sotelo pero antes de que iso pase estes dous energumenos teran que escapar de cangas.
FORA ESPECULADORES DE MASSO

MASSO PARA TODOS NON PARA UNS POUCOS

cuidadiño coas infecios do pp e o bng son peor que as da gripe A que cando lles faltan argumentos estos manipulan o que sea a e por certo hoxe estubo o patron mallor falando en Masso e nos proximos dias os mariñeiros de cangas pondran boias en toda a zona de Masso para que a xente mira o que queren aterrar estes fillos de p... e todos os que apoian esta aberrac ion que por suerte son unha minoria cada vez masis pequena
somos mas los que queremos un Masso para todos
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE08-08-2009
mmmmm algunos pagarán los platos rotos, otros lo pagarán con su carne y con el destierro. vosotros mismos.
Picoletos en delmorrazo
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE12-08-2009
Sabeis lo más cachondo? es que como se termine de hacer el puerto deportivo (que se va hacer sino al tiempo) el Ayuntamiento tendrá que pagar por permitir ciertas actitudes tales como no dejar trabajar las máquinas y demás o quienes pensais que lo va pagar? pues la gente de Cangas, no se ha cuanto ascenderá un día sin trabajar pero no creo que sea cuatro duros. Al final los perjudicados seremos los de siempre, que tendremos que pagar lo que hagan estos "kinkis"
Carlinhos Brown
RE: MARIANO ABALO PONE A CLARA MILLAN EN SU LUGAR Y LE PIDE QUE REFLEXIONE13-08-2009
Carlitos, abúrreste e aburres. Vai durmir a un palleiro, homiño, ou tírate ao mar e di que caíches...
cansino!
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados