Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://www.harlequinhypnosisshow.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
AS ACERAS DE MOAñA06-08-2009
denuncio que isto xa he un cachondeo do alcalde hacia os veciños, como el non ten carnet e ten un chofer pra el soiño, fainos as aceras mais grandes da istoria, resulta que aparte de grandes son super altas, non hay onde aparcar, saen unhas esquinas pa fora que si as colles co coche o xirar, fundelo polos baixos, os pasos de peons tiñan que ter unha altura duns 10 ctm e teñen 20de altura, os veciños xa estamos fartos del, por que gasta os cartos innecesariamente en cousas que non veñen o caso embez de arransar as carreteras, que estan escangalladas e cheas de buratos por non falar, isto e unha vergonza para o pobo de moaña, debialle dar vergonza, pero claro asi habera mais multas para recaudar, por que os que vivimos lexos e temos que usar o coche por necesidade, non temos ni un sitio dinno onde deixalo pa facer as compras ou ir o medico, que cos coches das da riveira que ocupan elas soiñas o aparcamento do medico ,non temos onde aparcar pa ir o medico... vergonzoso, este e o moaña que temos pero claro como ninguen di nada, pasa o que pasa, que dicimos moito, pero todo queda en nada. que asco de pobo... besos e saudos a quen se poida facer cargo disto e levalo a donde faga falta
cachondeo


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: AS ACERAS DE MOAñA06-08-2009
Boas, sabes o que é unha bicicleta? Sabes o que é o transporte público? Pois queixate de cousas serias, esixe transporte público de calidade e deixa o coche na casa.
As aceras canto mais grandes mellor, aparte onde a xunqueira tes sitio de sobra pra aparcar e poder ir andando a tódolos sitios.
Ari
RE: AS ACERAS DE MOAñA06-08-2009
sei o que e unha vici mais ca ti, todos temos dereito a estar a gusto , pero hay cousas que non teñen sentido comun, que vemos que as cousas ban de mal en peor, amiguiño por que como ti dis hay autobuses si, pero tamen os horarios que me dis a iso, que bas o medico pa tal hora, esa hora non resulta e ti perdes o autobus, e claro votas toda a mañan en moaña, iso que non se sume a que a tal hora tes q estar no traballo ou q tes nenos etc, pareceche razoable, a min non porque ainda hay xente q necesita o coche por prioridade, ainda q claro tamen hay quen o usa hasta pa ir o bater, por iso pasa que os demais non teñamos onde aparcalo, pero a tua resposta non me vale.
cachondeo
RE: AS ACERAS DE MOAñA06-08-2009
Pois botalle a culpa os que usan o coche para todo, xa que estas medidas son por culpa deles. Acaso parate un rato na alameda e a maioría dos coches que pasan é xente para que miren que teñen coche e pasan varias veces, logo hai atascos e trapalladas. Fomentemos un uso razoabel das cousas e nos irá mellor.
Ari
RE: AS ACERAS DE MOAñA06-08-2009
Ten razón Cachondeo o facer a denuncia, o do transporte urbano Ari xa te pasas un pouco, pois aquí non temos Vitrasa ou outra compañía polo xeito. É verdade agora hai máis coches e temos menos aparcamentos, e os pouco que hai aínda os eliminan. En Moaña non todo o mundo viven no centro urbano.
Mamma mia
RE: AS ACERAS DE MOAñA06-08-2009
Hay que ser conscientes del momento en el que vivimos y aceptar que mucha gente tiene coche y cada vez más.
Al igual que defiendo también el tema de los coches, también defiendo el uso de transporte público, pero no todo el mundo puede cogerlo o coincidir las horas de ir a trabajar con la de los autobuses.
Carlinhos brown
RE: AS ACERAS DE MOAñA06-08-2009
Claro que sí, Carlinhos Brown, cada vez hai máis coches.
Unha solución sería sacar as aceras.
Tamén podemos sacar os parques infantiles, e de paso as pistas deportivas.
E non che quero decir nada si talamos as árbores da Xunqueira e facemos aparcamentos, ainda que, ben pensado, o da Xunqueira non vai a valer de nada porque a Plaza ainda nos quedará lonxe.
¡Ai!, qué cansada estou
A mona Lisa
RE: AS ACERAS DE MOAñA06-08-2009
Estes días estou de vacacións, e por primeira vez desfruto co meu pobo, que está quedando de maravilla, sintome orgulloso. Todos os visitantes mo din "que bonito estades deixando MOaña" non din o concello, ou millán, din todos os veciños.Louvan as grandes beirarúas, a cantidade de aparcamento que hai, os paseos... e o ler estes comentarios caeme a cara de vergonza de que teña veciños que opinen deste xeito.
Hai nada no Farol denunciabase que as aceras eran demasiado estreitas (as xa ensanchadas) e agora denunciase que son anchas, e o mais patético, que son tan altas que xa non se pode abancar para aprcar sobre delas (por algo as fan tan altas, e nin así, sempre hai animaliños que meten o coche enriba, sneon vede o caso de ramon cabanillas, que eran altos os petriles, pero a base de tocar nos baixos xa se reibaixaron.
Nunca houbo tanto aparcamento en Moaña como agora, nin nunca estibo tan ben ordenado o espacio como agora, iso si, amiguiña, as matemáticas e as léis físicas son crueis, e o espacio de Moaña é o que é, non hai mais, non medra, é unha constante fixa. O que si medra son o número de coches, cada día mais, a 3 e 4 por casa, e non se pode pedir unha burrada como a que ti dis, de ter todos aparcamentos nos mesmos 100 metros. Hoxe en día está todo saturado de coches, dende a xunqueira ata o Con é unha barbaridade a de coches que hai aparcados APARCADOS TODOS, iso non quere decri que non haxa sitio onde aparcar, e o que hai que ter é sitio por onde camiñar para ver se dunha puta vez empezaos a deixar o coche na casa gardadiño e nos movemos andando, que eu vexo a xente qu epara ir do con a praza saca o coche e pretende aparcar o lado.
O proximo que tiña que facer o concello era meter a zona azul en concepcion areal, así xa verías como a xente se animaba a andar mais e deixar o coch eno garaxe en lugar de na rúa, total, o espacio publico sae gratis ¿non? POis non, o espacio publico é de todos, e non so dun para que deixe o coche. Falta moita cultura neste pueblo, e educación.
Non quita que precisemos un transporte publico en condicións.
Rodíns
RE: AS ACERAS DE MOAñA06-08-2009
¿Alguén se acorda da cantidade de sitio libre que había na carreteira de abaixo hai 10 anos?
Si agora estamos saturados imáxinádevos cómo imos a estar dentro de 10 anos.
A algúns ainda non lles cabe na cabeza que o tema dos coches non ten solución.
Simplemente non é posible dar plazas a todos os coches que vai a haber dentro de 10 anos.
nin sacando as beirarrúas, nin os parques infantís, nin todos os parques de Moaña.
Cánto antes o asumades antes poderemos disfrutar de un agradable paseo polas nosas anchas, cómodas e seguras beirarrúas.
¿beirarrúas?, si, gracias
RE: AS ACERAS DE MOAñA06-08-2009
o das beiraruas anchas esta ben e esta claro que somos moi comodos e queremos levar o cohe a porta da plaza coma algun individuo que me sei pero o que observo e que alguns locais e cito por exemplo a orensana estanse aproveitando delas ocupando literalmente a beirarua para a sua terraza e digono porque o outro dia unha persoa maior en cadeira de rodas tivo que botarse a estrada para poder pasar o que digo e que o concello deberia botar man dixo e non permitir tanta ocupacion
suso
RE: AS ACERAS DE MOAñA06-08-2009
Sí, Suso, levas razón, pero é un problema aparte.
Non é soio A Orensana, son todos os da Carreteira de Abaixo. Eu non estou en contra das terrazas, pero sí de que deixen sitio de sobra para a xente, que somos ós que hai que protexer sempre.
O Vello Rosmón
RE: AS ACERAS DE MOAñA07-08-2009
Estou de acordo con Suso. Que o concello faga cumplir a todos a ordenanza de terrazas, e a policia local que o vigile
Meu
RE: AS ACERAS DE MOAñA07-08-2009
Menos mal que a xente destes últimos comentarios entra en razón. Os primeiros deben ser fans nº1 de Berlusconi e serían capaces de aterrar un km mar adentro para facer onde aparcar, gratis, eso si, que como poñan zona azul xa se cabrean.
A solución sería poñer zona verde, para residentes, os veciños que a queiran que a paguen o ano en impostos especiais, e o resto zona azul, xa verías como había sitios libres e a xente aparcaba na xunqueira e ía andando a praza.
Ari
RE: AS ACERAS DE MOAñA07-08-2009
Pero nos vedes que non é unha denuncia polas beirarrúas??? non vedes que o carallo é joder. As denuncias son boas e ben recibidas, pero este tipo de denuncias nas que se pon a parir a un alcalde que por fin en 30 anos cambiou o pobo a mellor, son para jodelo a el. Pero os feitos son os feitos, e por moitas cousas malas que faga Millán ou o equipo de Goberno (estou dacordo en que débese buscar mási sitios para aparcar) nadie pode negar como está o pobo e o que se fixo nestes 5 anos. Alguén recorda a Moaña de Barreiro, e a de Chiño, e anos atrás???? nothingggg Qu critiquen que critiquen q obras son amores e ahí están
MoañeS.A.
RE: AS ACERAS DE MOAñA07-08-2009
Nestes momentos están empichando a rúa do ximnasio no Real e xusto enfrente deste hai un coche vermello que leva aparcado varias horas ¿Quen causa o problema?
Nin tan sequera somos capaces de aparcar un pouco mais lonxe unhas horas cando están empichando unha rúa, e cando foi de Daniel Castelao pasou o mesmo.
Outra
RE: AS ACERAS DE MOAñA08-08-2009
MOAÑA ES ASCO!!!!!!
Aitor
RE: AS ACERAS DE MOAñA10-08-2009
Aitor tes que saber que persoas coma ti sobran en moaña e encalquer outro pobo.Nonse pode andar a 20 polo centro atascando todo, para ensinar o coche, no aparcamento da casa do mar esta tomado polos mesmos de todos os dias, que os donos estan ata as 9 da noite no bar, e da igual que teñas unha urgencia, en todos os aparcamentos erredor do posito pasa igual todo completo polos que estan no bar,os aparcamentos do con estan saturados por que ata os que viven a10 minutos da praia chegan co coche, e asi tamen na xungueira. Os talleres de coches do con e da xungueira teñen 20 coches cada un na estrada dia e noite , ocupando aparcamentos. E por si esto non chegara o consello duplica as beirarruas para que bares e cafeterias poñan terrazas , e asi cobrarlle mais impostos, e o resto pagamos o rodaxe ano tras ano.
O can
RE: AS ACERAS DE MOAñA10-08-2009
iso iso iso, doulle a razon o can, agora entendemonos, que e moi triste ter que ir por unha urxencia o medico e non axa onde aparcar, logo como me pasou a min, que tuven que deixalo coche xusto diante de urxencias e subir a meu pai eu sola, coller unha silla e subilo o medico, porque non sei pa que estan as urxencias, pero bueno o que ibamos, e que logo me multaron, baixei abaixo falei co municipal e ainda asi tuben que pedirlle o medico o papel e mais a povisa , si señores por que a urxencia era grave , sin embargo eu vexo ali sempre coches e non sempre son urxencias, vale e con iso digoo todo, que a poli esta onde non debe, e tiñan que estar mais vixiado,e punto no nos alarguemos ahora tanto, eu estou dacordo que xente coma min q vive lonxe do centro faille falta o coche, pero os do propio centro da asco que leven o coche hasta a cama a poder ser, ue xa vivin no centro enono uxaba para nada e facia mais cousas q agora, que para ir a plaza botas toda a maña en moaña.
cachondeo
RE: AS ACERAS DE MOAñA12-08-2009
Estou dacordo coa humanizacion, estoy dacordo con ter q camiñar un pouquiño para ir a donde teña q ir, estoy dacordo con que as antigas aceras eran demasiado estreitas, estou dacordo en que hay q ter sitios para o lecer e para pasear pero e realmente certo q escasean os aparcadoiros, habera moitos mais coches q antigamente pero hay q adaptarse, non se trata de talar os arbores da xunqueira nin de quitar os parques infantis para facer aparcadoiros como lin en comentarios anteriores...pero...fai falta unha acera tan ancha na rua concepcion arenal cando pola marxe dereita da rua hay unha alameda preciosa pola que poder pasear?? os conductores debemos adaptarnos e comprender tamen que non podemos aparcar aladiño de a donde pretendemos ir pero os que falades do uso das bicicletas, do dereito o ocio e a ter sitios para pasear, entendede tamen q non todo o mundo ten capacidade ou tempo para acudir a moaña en bicleta e que sitios nos que pasear en Moaña abondan sen ter q limitar os aparcamentos. E o q tamen e certo e que os conductores pagamos como minimo 45 euros, o q non paga 90 euros o ano en concepto de rodaxe para despois atoparnos con ruas en mal estado baches por todas as esquinas e escaso sitio onde poder aparcar.
conductor mais mosqueado
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados