Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://www.ussvision.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
O PEPÉ FERVENZA E OS MODELOS DE FINANCIAMENTO.27-06-2009
Haz click para ampliar Cada día imos coñecendo máis detalles sobre o modelo de financiamento local do pepéfervenza, sae nos medio de comunicación a súa proposta de non cobrar do concello de Moaña as dietas por asistencia a plenos e comisións, fala das del, non di nada dos seus amigos e compañeiros de asento, ben de asento máis ou menos, cando se senta. É curioso, por primeira vez entra no cerne desta discusión económica, está cobrando do concello, da xunta, traspasoulle a empresa a muller, ben amigo imos clareado cal é a túa situación.

Quero clarificar algo que parece non entenderse con claridade, o Alcalde de Moaña e aqueles que teñen dedicación exclusiva no Concello de Moaña, cobran o seu soldo polo seu traballo, e non cobran ningún tipo de dieta nin pola asistencia aos plenos sequera. Ademais, as dedicacións exclusivas en Moaña, son as menores de toda a provincia de Pontevedra, incluíndo a concellos gobernados polo PP con a penas 700 habitantes, como é o caso de Mondariz Balneario, e por non contar a todos os alcaldes populares, de Soutomaior, Baiona, Lalín, As Neves, Sanxenxo, e así en todos eles en onde ademais de dietas, cobran soldos, na maioría dos casos en máis do dobre que o que cobra o Alcalde de Moaña.

Pero non queda aí, o pepéfervenza pon como exemplo o soldo do vicesecretario da mesa do parlamento galego, o nacionalista Anxo Quintana, porque cobra máis ca el, menos que calquera outro dos que ten ao redor na mesa, son sete nesa mesa, el, dous do PSOE e CATRO do PP. Acaban de suprimir todos os delegados provinciais para aforrar e subíronlle ao dobre o soldo deste superdelegados, con máis servizos e máis persoal de confianza, con soldos superiores aos que tiña os delegados anteriores. E aínda por riba, nas delegacións provinciais teñen a todos os funcionarios sen traballo porque non hai quen dirixa estas delegacións, porque non poden facer ese traballo un súperdelegado deses, por moi súper que se pensen ser. Gastan mais cartos con menos eficiencia. Este é parte do modelo de financiamento local e global do pepéfevenza.
>> Ampliar datos Moaña en rede


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O PEPÉ FERVENZA E OS MODELOS DE FINANCIAMENTO.27-06-2009
¿Pero de que te extrañas si este tío dende que accedeu ó parlamento non sabe nin de que vai o tinglado do seu partido? Aíndá é o día de hoxe e anda moi perdido este tío... pero moito... Alguén debería explicarlle algo a este "homiño de diox"
Extránache??
RE: O PEPÉ FERVENZA E OS MODELOS DE FINANCIAMENTO.27-06-2009
O Fervi, non é corto de estatura, e corto de mente
moañesiña
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados