Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://www.theorganizedmama.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.24-06-2009
Hai so tres anos que desapareceu a peaxe, e parece que xa nos esquencemos de quen a quitou, ata hai que nin se lembra de que houbese unha peaxe en Domaio, e os que van mais alá que cren que foi xa Fraga que nos liberou hai moitos moitos anos. Para eses decirlles que foi o BIpartito quen nos liberou da peaxe, e foron os mesmos que agora gobernan quenes a privatizaron, venderon e ampliaron a concesión que maiores beneficios reporta dentro de España por km.
O caso é que xa se lee e se comenta nalgúns medios (hoxe no pais) que agora o PP vai reclamar o que reclamou o bipartito, a recuperación da concesión, a transferencia autonómica da AP9.... cousas contradictorias vendo as actuacións anteriores deles mesmos, pero en fin bo é rectificar.
Pero tamen xa comenta algún "técnico" da Xunta, que igual o inclito Feijoo ve excesivo o canon que paga por liberarnos de Peaxe ó MOrrazo, polo que coa excusa da crisis e de que non hai cartos, barallan a posibilidade de reinstaurar a peaxe, a cambio de que se amplie a ponte e de mais parafernalias. O tema está ahí. Non o permitiremos NUNCA MAIS, pero postos a facer animaladas estes son os mais indicados.
Antipeaxe


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.24-06-2009
Non me extrañaría o máis mínimo.
Algúns xa van a empezar a pagar os libros ...
Mamma mia
RE: OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.24-06-2009
E postos a non facer NADA os outros foron moi indicados
pfffffffffff
RE: OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.24-06-2009
¿Foi ó biparido?? Pois moitas grazas home eu sempre pensei que fora MANOLETE ¿tí non sabes que agua pasada non move muiño? po-lo tanto aqueles tempos xa nón voltarán
Eu
RE: OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.24-06-2009
Comentar dúas cousas. Primeiro, iso de que o bipartito tirou a peaxe é, cando menos cuestionable. Argallou, para sacer réditos electorais, para que a peaxe non se pague en man, pero seguirémola pagando cos nosos impostos durante moitos anos. É iso son cartos de todos quen no trinca pola cara a empresa que fixo a autopista é que nunca está satisfeita. Total que iso non é retirala peaxe, senón entrampar para favorecer ós amigos empresarios e banqueiros (que se que se leva moito agora), limpar a súa imaxe e de paso quitar uns cantos votos.

Por outro lado, claro que é posible que poñan outra peaxe. E das de pagar en man na cabina como dixen antes, aparte do custo mediomabiental e paisaxístico. E esta pasaría dos dous euros ou tres. Pero o peor é a hostia que nos meten. Isto está moi en relación co proxecto de Massó, o seu centro comercial, o porto deportivo ou mesmo o hotel de cinco estrelas proxectado na Baleeira. Esa é a liberalización que queren os do Bloque e o SOE favorecendo a especímenes como Fernández Alvariño, ese iluso que non mira a hora de de que Vigo abarque dende Baiona ata a ría de Pontevedra, quedándomos nós de cidade dormitorio.

http://www.atlantico.net/noticia/78066/cepplanteanuevopuentevigocangas/
BNG e PSOE venden Massó
RE: OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.24-06-2009
Pero canta tontería, claro que seguimos pagandolle a empresa cos nosos impostos, pero non cho quitan cada día do bolsillo, nin tes qu epagar mais impostos por ser do MOrrazo, digo eu. A solución era non vendela cando a vendeu o señor Rajoy por unha miseria de 1500 millóns, cando agora se acaban de pagar 4500millóns, en apenas 7 anos, e agora falan de recuperala. Veña xa, se é o que digo eu, ó final o PP que montaron o cristo van ser os unicos bos.
Blas
RE: OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.24-06-2009
Só fodería que nolo quitarán tódolos días ós do Morrazo. Pero estamos falando de millóns de euros en moitos anos dende os anos 80 e agora de forma pública que se poderían dedicar a servizos sociais ou á beneficencia se queres. Pero non que se estean beneficiando os catro de sempre.

E da ponte a Massó, que????
BNG e PSOE venden Massó
RE: OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.24-06-2009
Lástima non se estrellara o Feijoo co seu Audi na ponte de Rande e así nos deixa a todos tranquilos dunha vez.
Um
RE: OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.24-06-2009
Pero qu epasa con tanto Masso? Parece que o mundo xira entorno a Massó, falamos da peaxe e o final parece que van montar as cabinas en massó, xa lle poden dar moito a Massó , a fabrica e a todo.
Parece que vivides noutro mundo. O de Massó compañeiro tedelo que arreglar os de Cangas, e o problema non o tedes polo bloque ou por ace ou por psoe que son os que apañan agora as pedradas, ¿quen firmou o convenio?¿quen cobrou os cartos? ¿quen os gastou? parece que eses nin pintan nada na película.
Seica Cangas está arruinada, non teñen nin pa chicles, pois nada, decirlle a alcaldesa que colla unha fotocopiadora e se poña a facer cartos para devolvelle ós especuladores os seu cartos e listo, parece que non vivides en cangas ¿de onde ides sacar os cartos para anular o convenio? ala, soluciona agora iso. Massó non é que non se venda, é que massó xa hai anos que se vendeu.
Mosso
RE: OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.24-06-2009
Aaaaaajjjjj!!! que asco, voume a Povisa, que me están dando arcadas, ¡¡¡hai que saber perder!!!
EL FRANCOTIRADOR
RE: OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.24-06-2009
Descubríche-la pólvora con iso de massó mosso. Todo che parece sacar o tema de massó? Pero si é certo. O Alvariño ese da Ferderación de Empresarios era o primeiro en querer unir massó con Alcabre, que che doe? porque fungas? eres do bloque moañeiro? do outro millán? pediremoslles responsabilidades a quen nos saia dos collóns porque pa iso imos ser nós o que imos parar as obras e a alcaldesa ten moito que ver, non catro iluminados, que en moaña sempre estades igual, pintando o indio.
Rapás
RE: OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.24-06-2009
Agora tamén che molesta MOaña, pois nada, manifa para que a erradiquen do mapa. POr certo, os indios están ó OESTE de Moaña.
Eu penso que o problema dos catro matados de Cangas é o propio MUNDO, deveráides apuntarvos a unha desas viaxes a Lúa, alí habiades estar ben tranquilos os catro, e sobre todo, non vos molestaría ninguén, que parece que todo vos molesta.
Toro SEntado
RE: OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.25-06-2009
eu son de Cangas e non pajaba peaxe.
A foderse
RE: OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.25-06-2009
rapás ti si que pintas o indio mosssooooo, que non TODO XIRA ENTORNO A MASSOOO PAPÁN, DEIXANOS TRANQUILOS
MoañeSA
RE: OLLO O PIOLLO QUE PODE VOLVER.26-06-2009
deixádenos tranquilos vós a nós, que non todos somos uns esquiroliños, estamos???? así vos faghan unha torre na Xunqueira habedes de estar mirando para os operarios como a levantan e despois aínda lle habedes de votar polo elemento ese, da UPG disque.
rapás
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados