Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
literature review for thesis
Indispensables
Donde ...
Guia
RESPONSABLES, SENSATOS E MADUROS20-05-2009
Quero denunciar a impotencia na que nos vemos os usuarios do paseo novo da Xunqueira.Hai unha empresa traballando nas obras do paseo marítimo. Ata aquí todo perfecto pero, ¿quén controla esta obra?, ¿por qué meteron un monte de terra atravesada na vía dos peóns e no carril das bicicletas?. Cada vez que moven terra e non saben onde metela simplemente póñenna nos pasos onde máis lle estorbe ós usuarios. E si pensades que exaxero ide a mirar un saco de sobras de terra e herbas que leva unha semana no carril das bicicletas ocupando máis da mitade do carril.
Non ves a un soio obreiro con casco, outros levan o peito ó aire e co chaleque por riba do peito núo, sin botas de suguridade… en fin, non son eu quen vele pola seguridade de xente que se presume responsable, sensata e madura (é un decir), pero o que si quero é que lle quede mui claro ó que teña que controlar esa obra que, precisamente, hai que controlar esa obra…..Sr Pastoriza, e protexer ós veciños.
Víctima do "terrerismo"


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: RESPONSABLES, SENSATOS E MADUROS20-05-2009
Polos teus comentarios vexe que non tes nin puta idea de quen depende o control da obra e nin te das conta de que a xunqueira está en obras, e se hai terra ou o que sexa e por iso mesmo POR QUE ESTAN EN OBRAS. ANDA E NON DIGAS MÁIS CHORRADAS
O SINIOR AFRANIO
RE: RESPONSABLES, SENSATOS E MADUROS20-05-2009
Eu quedo parvo con estes comentarios.
Primeiro os insensatos sodes os que vendo todo en obras vos colades para pasear.
En canto a terra , eu tamen a vin, e son os accesos para que pase a maquinaria sen estragar o feito intelixente.
Encanto a quen ten que controlar os obreiros será a empresa que executa as obras.
Solo falta que protestes porque as farolas non funcionan e non hai seguridade de noite.
Canto intelecto anda solto neste pueblo¡¡
Pa alucinar
RE: RESPONSABLES, SENSATOS E MADUROS21-05-2009
si estaban as obras sin rematar malo, agora que están traballando malo tamén porque non podemos pasear, ¿entón que queremos? que arreglen todo sin molestar iso soamente pasa nas películas, o que pasa que hai algúns que están aburridos e non saben o que facer e si non chamade a Fervenza pa que se poña diante das máquinas e así xa queda todo sin rematar
sara
RE: RESPONSABLES, SENSATOS E MADUROS21-05-2009
Aqui xa calquer cousa, eu penso que o de victima nada,todo caso tontita. E logo ti nunca escoitaches aquelo de" as obras teñen unha data de comenzo ,pero nunca de remate". Por serto un respeto para os traballadores do paseo,os do paseito son os que non teñen que estorbar.
O can
RE: RESPONSABLES, SENSATOS E MADUROS21-05-2009
Oes, víctima, eu uso bastante o carril bici e non me queixo. Hai muita xente que pasa todolos días por ese paseo e non se queixan, porque sabemos que “ESTÁ EN OBRAS”.
O que se lles pode achacar é que non che puseran a “alfombra bermella” para que non manches os teus zapatiños de charol.
Creva Testas
RE: RESPONSABLES, SENSATOS E MADUROS21-05-2009
Pois claro home, e que feos son os traballadores eses, e como sudan.
maripili
RE: RESPONSABLES, SENSATOS E MADUROS22-05-2009
O de que non usan os medios máis elementais de protección é certo, ainda que non estemos de acordo coa denuncia non podemos ignorar que os traballadores siguen traballando en condicións precarias. ¿culpa de quén?....un pouco de todos, pero estas cousas sempre acaban en lamentacións
precariedaade
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados