Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://mymaddenpad.com/places-for-singles-in-dallas
Indispensables
Donde ...
Guia
O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA19-05-2009
O PP segue a defender o sintereses privados sobre os públicos
19 de Maio de 2009
Unha vez máis o PP de Moaña convértese en avogado dos intereses privados contra os interéses públicos do concello e de todos os moañeses e moañesas.
Agora é o caso do arrendamento da Casa Pazó, donde se están executando as obras para dotar a Moaña da primeira gardería infantíl pública.
O Concello aprobou a fins de 2006 un contrato de arrendamento coa promotora “Islas Atlánticas, S.L.” para dispor da casa e 1.000m2 de finca durante 25 anos, en tanto non se desenvolva o Plan Xeral de Ordenación Municipal nese ámbito, pòsto que está previsto que pase, xuntamente con outros 4.000 m.2 a ser propiedade municipal. O acordo foi tomado unanimemente polo Pleno da Corporación, co voto favorable do PP (cando o hooligan Pepe Fervenza aínda non estaba, claro).
A empresa promotora, por motivos nada claros, pretende impugnar agora o contrato, argumentando o seu fundamento en incumprimentos e reclamando un aluguer de ¡6.000 euros ao mes!. ¿Quen sae a defender esta pretensión da promotora?… ¡ Pepe Fervenza e os seu mariachi !
Non queren piscina municipal, non queren paseo de Domaio, non queren a reformada rúa Daniel Castelao …. e agora tampouco queren a gardería municipal. Ademais de dicir non a todo, a estes hooligans o que lles vai é apoiar sempre a quen pretende lucrarse a conta do concello e de todos os veciños e veciñas, coma toda a vida.
O contrato asinado con “Islas Atlánticas S.L.” é plenamente válido. Foi libremente consentido por ambalasdúas partes. Está sendo cumprido a carta cabal polo concello en todas as súas estipulacións e foi asinado en documento administrativo como recolle a súa famosa “cláusula 17″ que Pepe Fervenza non é capaz de ler, e polo tanto de entender.
¡ Abonda xa de tanto descaro ! ¡ Abonda xa de tanta falsidade e de apuntarse a calquera bombardeo con tal de facer dano e tentar impedir o avanzo do noso Concello !.
Hai moitas obras en marcha e moi importantes como para o que o PP as poida parar e dende logo, pese a Pepe Fervenza, Moaña contará coa Gardería Infantíl que precisa.

Publicado en Sen categorizar | Non hai comentarios »
tomado da paxina web. BNGMOAÑA
FUCO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA19-05-2009
Este señor es el sinvergüeza más grande que aparecío en MOaña en los últimos tiempos. En lugar de posicionarse a favor de la guardería sale en los medios apoyando a la promotora, pues vaya concejal. Señor Fervenza, usted tiene que defender al concello gobierne quien gobierne en favor de todos, y lo que hace es todo lo contrario, enfrenta a vecinos y defiende solo aquello que pueda hacer mas daño al gobierno. De pena.
La lista que me enviaron ¿es una broma?, nunca en mis 38 años vi en MOaña tantas obras, muchas de las que nombran sin hacer estan haciendose. ¿Cree que puede engañar a alguien con esos pasquines?
Deje de estorbar y defienda nuestros intereses. La guardería es para todos, y piense que si apoya esos 6000 euros al mes, si mañana gobernase usted (Dios no lo quiera) le tocaría a usted pagarlos y diría que es un lastre de los que estaban (igualito que en la Xunta ahora, que parece que las cosas solo pueden ir a peor por culpa de 3 años de bipartito, ya ponen la tirita antes de la herida).
Vayas epara Santiago y deje MOaña de una vez.
Hinchado
RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA19-05-2009
Si pero quere un poligono industrial en moaña, xusto entre o punto limpo e marín, nas poucas carballeiras que quedan, menos mal que ata o Feijoo e máis coerente ca ti Fervuras, que che di k kmo faja iso , ou cho permita faser pode ir o carcere, mns criticar e máis aprender, haber como queda iso do Barco , que iso si que é importante.
Xoubaman
RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA19-05-2009
Ante todo o fervensa e empresario da construsion e pensa como tal, el pensa na masa antes que no medio ambiente ,e un destrutor por naturaleza, non ten remedio.¿Imaxinarvos un construtor sendo alcalde,en catro anos que quedaria sin construir.
O can
RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA19-05-2009
Yo sigo sin entender si esta gente pretende conseguir votos asi, aun por encima nos tratan de lelos porque en el pasquin que repartieron por todo moaña tienen la santa cara de poner ¿Onde esta o paseo de Domaio? sereis desgraciados que ya casi estaria echo si no fuera por el fervenza ese y proximos militantes, yo no me lo podia creer cuando lo estaba leyendo, nos tienes por idiotas Fervenza ou Dios......... creo que estais demostrando que coño son los idiotas aqui, por ser suave
Domaiense
RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA19-05-2009
Non sei de que vos estranades, este sapo concho con tintes de guerrillerio de Cristo Rei en plan rústico e capaz de facer calquer cousa con tal de facer ruido e acadar notoriedade pública pensando que esta política no mellor estilo pepero pensa que lle vai a dar votos. Dame vergoña que este elemento teña categoría de cidadán e poida compartir connos-co ó xentilico de moañés como calquer veciño de ben, anque pareza increible este parásito foi elexido "democráticamente" para representar a provincia de PONTEVEDRA no PARLAMENTO GALEGO. ¡ Cousas veredes!.
ARNEIRON
RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA20-05-2009
Xa facía tempo que non participaba neste foro, pero os novos feitos poñen ós pés dos cabalos a todala militancia do PP en Moaña. Eu pertenzo ó PP dende fai moitos anos: na epoca de S. Junca, a de R. Lago, a de Gestido, a de J. Barreiro, e agora a de P. Fervenza. O que acontece nos ultimos anos e de vergoña absoluta, non temos un grupo municipal coherente, estamos a facer una politica de descredito institucional que non conduce a ningures. Moitos de nos non imos votar mentras o paxaro Fervenza vaia na lista: por traizonar ás bases metendo a felóns, e pola sua actitude despotica. Non temos democracia interna e o non atisbamos unha alternativa fresca e moderna, seguimos na oscuridade por mor destes payasetes que montan circos para tratar de desprestixar á institución local. Como imos gobernar senon sabemos ser oposición.
De momento, non iremos votar.
EURICO
RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA20-05-2009
Yo queria pensar que habia gente del PP que estaba en contra de este tipo de politica, menos mal que aun hay gente que ve mas alla, independientemente del partido que sea, Enhorabuena
Menos mal
RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA20-05-2009
POis Eurico, vaia desgracia nos trouxestes pa moaña. Nunca tal se mirou. Non sei como funciona o PP, nin como elixides os lideres, dende logo, a maioría da vosa militancia, teño que dicirche, que sodes uns zoquetes coma Fervenza, senon non estaría onde está sendo quen é e como é, bueno, nin el nin o resto da tropa de inútiles que o acompañan. A non ser que funcionedes por imposicións e nin votedes, entonces é mais triste ainda, sobre todo, que haxa quen defenda a súa actuación "destructora" de desprestixio do concello, etc.
Agardo que nunca suceda, pero, se chagase a ser alcalde ¿seguiría infrinxindo os regulamentos municipais igual que ata agora?
Pispa
RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA20-05-2009
Non vou lembrar neste foro o que aconteceu na confeción da lista municipal do pp nas pasadas municipais. Foi unha das decepcións mais grandes que tivemos que soportar. Fervenza chegou ata o posto que ten porque os señoritos LOUZAN e FEIJO asi o quiseron. Estamos fartos que veñan a moaña a xantar e a facer o paripé, a politica ten que evolucionar e os caciquillos de sempre hai que poñelos a descansar e a xogar ó dominó. Por certo sobre o ultimo post, eu non son complice de ningunha desgracia para Moaña. A miña proposta politica e diferente da de Fervenza, ainda que estou no PP, e penso que as cousas estanse a facer mal dende fai tempo no grupo municipal. Parecen uns titiriteiros sin ideas nin alternativas de goberno, segun eles o importante e chegar ainda que sexa a expensas do descredito institucional e iso non se pode tolerar calquera que fora o cor politico do alcalde. E que conste que Millan non me cae ben, pero merece todo o respeto que como autoridade local lle corresponde.
EURICO
RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA20-05-2009
pero si este eurico o como se chame non e do PP fai que e do PP pensades de verdade que nese partido hai xente asi os esta tomando o pelo
lito
RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA20-05-2009
eu pregúntome quen foi o profesor chiflado que lle deu clases a este home, porque desde que deixou a construsión hasta parece que aprendeu a falar ( a non ser que o que dí llo escribira alguén), e polo que dí e polo que aparece no papeliño pares que é o redactor do Farol de Vijo, ah Fervenza (porque o de Señor quédalle grande) si Moaña ten tantos parados contráteos uste.
sara
RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA20-05-2009
O carallo é que na Xunta agora din que a culpa e dos que estaban, en moaña din que é dos que gobernan, e que ZP o final é o culpable de todo.
En fin, segun el se fose alcalde acababa co paro, e digo eu ¿non dixo o mesmo hai uns meses se gañaba na Xunta? ¿non gañou? ¿enton a que carallo anda? que acabe co paro de MOaña xa.
Home ten a parella de ouro cargadiños coas mochilas a repartir panfletos todo o dia. está moi ben darlle choio ós diminuidos mentais, pero ¿que contrato terán ?
Pasquin
RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA21-05-2009
Facendo referencia ó comentario de Lito, teño que engadir que no PP de Moaña hai xente que ten unha clara liña politica moi diferente da que exerce o "falabarato" de Fervenza. Outra cousa é a estructura de poder interno que fai imposible un debate sobre o xeito de propoñer alternativa ó goberno municipal.
Por ultimo, Lito non poñas en dubida unha situación que ti descoñeces.
EURICO
RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA21-05-2009
enton onde estades que non salides nos medios de comunicacion poñendo a relucir a este individuo que pasa seguides normas de partido para dar imaxen de union vamos home non te crees nin ti que estas no pp
lito
RE: O PP DE FERVENZA SEGUE NA MESMA LIñA22-05-2009
Estoy de acuerdo con los comentarios, el problema de Fervenza es que no tiene idea y se deja "asesorar" con visionarios como los de Albariños etc, yo lo tengo visto de terrazas hablando con gente recién instalada en Moaña que vaya por Dios la sigue viendo como "muy pueblerina" joder que se quedaran en Coruña o Vigo y dejen de fastidiar a los del pueblo lo malo es que sigue ahí. Me gustaría contar con un partido político, de la línea que sea, que vele por los intereses vecinales y no por intereses partidistas, es una pena.
A.Z
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados