Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
A PLATAFORMA DE DEFENSA DO TRANSPORTE DE RíA...14-05-2009
Dentro da campaña de defensa do transporte de ría, a PLATAFORMA considera vital a promoción e divulgación da importancia histórica, actual e de futuro que ten este medio de transporte na Ría de Vigo.

Como parte da nosa actividade programamos un acto na CASA DO MAR DE MOAÑA, O vindeiro VENRES, día 15 de maio as 20,00 horas coas seguintes intervencións:

- Proxección do documental “BARCO DE PASAXE, NON SEN EL. O valor histórico e social do transporte de pasaxeiros Morrazo-Vigo”
Realizado por mozos e mozas do Morrazo nun obradoiro de curtametraxes
Organizado pola Fundación Comarcal do Morrazo.

- Charla-coloquio do profesor do Ferrol e historiador, doutor en Historia Contemporánea, D. BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ sobre o seu traballo “Embarcacións de pasaxe das rías galegas 1573-2000” (Ed. Xerais) na parte que se corresponde coa Ría de Vigo.

A Plataforma invita a todos os cidadáns do Morrazo, usuarios ou non do vapor, a asistir a este acto.

Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 13-05-2009 18:00
# Ligazón permanente a este artigo

fuco


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A PLATAFORMA DE DEFENSA DO TRANSPORTE DE RíA...14-05-2009
A información anterior está tomada do bloge Moañaenrede.
fuco
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados