Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://fastessaylb.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
MASSÓ: XA EMPEZAMOS CON CONACHADAS09-05-2009
Haz click para ampliar Como sabedes, ante o retome das obras de Massó (que de momento se limita a unha limpeza de herbas e ramallos), a concellaría de Urbanismo deu orde de facer uns informes conforme a que se estaba operando ilegalmente nesa zona. Como sabedes, para consegui-la paralización e precinte das obras fai falta a sinatura da alcaldesa. Pois ben, hoxe levámo-la sorpresa de que Clara Millán NECESITA máis informes e máis contundentes para VER se DECIDE ou NON paraliza-las obras. Di que os que lle enviou Manito son pobres... Manito debe ser parvo, e como Manito debe ser parvo pois non sabe facer os informes. Claro, Manito que soamente leva 30 anos no concello... pois non sabe, non sabe cubrir uns papeis pa que paren as obras... Non, parvo non, haberá que diga que Manito está a favor das obras tamén e que fai xuntanzas secretas en restaurantes de Vilaboa. En fin... Esta cantinela xa nos soa de atrás e non nos vai coller agora desprevistos.
Agora ben, preguntámonos se este é o que entende a alcaldesa por reconciliación política para gobernar mellor. Quizais xa non lembra os resultados do 1 de marzo en canto a votantes do BNG de Cangas que lles provocou unha perda de 2000 votos no Morrazo.

Señora Alcaldesa, faga caso dos informes de Manito, que aínda que vostedes se atrevesen a consideralo parvo ten máis cabeza que toda a corporación xunta.
Pare as obras señora Millán, pare as obras. Porque se outra vez os veciños teñen que ir face-lo traballo das autoridades... vostede vai tamén eh, vostede vai. Como se hai que colle-la e atala a un poste diante das máquinas.

BO DÍA E SALVEMOS MASSÓ!!
>> Ampliar datos Veciños en Loita


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MASSÓ: XA EMPEZAMOS CON CONACHADAS09-05-2009
mais ben habería que lle dicir á abadesa que non pense que os veciños son os parvos poñendo esas excusas tan ridículas. miraremos como acaba todo isto
HM
RE: MASSÓ: XA EMPEZAMOS CON CONACHADAS09-05-2009
O de esta señora non ten nome. A hormigonera da Portela, que é ilegal, dalle "pena" precintala, pq os traballadores quedan no paro... E os veciños da Portela que están a respirar MERDA CANCERÍXENA, a eses que lle dean polo cú. O do Salgueirón igual, que precisa máis informes... Eu preguntome... Esta tía está gobernando o pobo de Cangas ou o Reino de Cangas? Señora abadesa, vivimos nunha democracia cos poderes divididos, deixe de reinar e cumpla as ordes xudicias e os informes dos técnicos.
Berto
RE: MASSÓ: XA EMPEZAMOS CON CONACHADAS09-05-2009
e que non se entende. haberá que pensar que ten intereses escuros
La bola de cristal
RE: MASSÓ: XA EMPEZAMOS CON CONACHADAS09-05-2009
"Como sabedes, ante o retome das obras de Massó (que de momento se limita a unha limpeza de herbas e ramallos), a concellaría de Urbanismo deu orde de facer uns informes conforme a que se estaba operando ilegalmente nesa zona. Como sabedes, para consegui-la paralización e precinte das obras fai falta a sinatura da alcaldesa. Pois ben, hoxe levámo-la sorpresa de que Clara Millán NECESITA máis informes e máis contundentes para VER se DECIDE ou NON paraliza-las obras. Di que os que lle enviou Manito son pobres... Manito debe ser parvo, e como Manito debe ser parvo pois non sabe facer os informes. Claro, Manito que soamente leva 30 anos no concello... pois non sabe, non sabe cubrir uns papeis pa que paren as obras... Non, parvo non, haberá que diga que Manito está a favor das obras tamén e que fai xuntanzas secretas en restaurantes de Vilaboa. En fin... Esta cantinela xa nos soa de atrás e non nos vai coller agora desprevistos.
Agora ben, preguntámonos se este é o que entende a alcaldesa por reconciliación política para gobernar mellor. Quizais xa non lembra os resultados do 1 de marzo en canto a votantes do BNG de Cangas que lles provocou unha perda de 2000 votos no Morrazo.

Señora Alcaldesa, faga caso dos informes de Manito, que aínda que vostedes se atrevesen a consideralo parvo ten máis cabeza que toda a corporación xunta.
Pare as obras señora Millán, pare as obras. Porque se outra vez os veciños teñen que ir face-lo traballo das autoridades... vostede vai tamén eh, vostede vai. Como se hai que colle-la e atala a un poste diante das máquinas."

Deja de intoxicar y de verter tonterías, que es lo único que sabes hacer, y si quieres informar informa de lo que realmente hay y no de lo que quieres tu inventarte, espabilao, por si no lo sabías hay una resolución judicial y eso va a ir adelante se oponga quien se oponga, o crees que se la pueden saltar a la torera?, anima a pobres ignorantes a que vayan a parar las obras cuando empiezen y tu y los que son como tu os escondeis, no vaya a ser que caiga algún premio.
Ancha es Castilla
RE: MASSÓ: XA EMPEZAMOS CON CONACHADAS09-05-2009
En primeiro lugar, non sabes se son espabilado ou espabilada. Iso pra empezar. Mira machote (ti si es un tío, con pouca lus por certo). De que resolución xudicial nos estás falando? Especifica para que a xente, os veciños que estamos en contra nos podamos expresar. O Foro Social e outras xestión efectuadas polo actual concelleiro de Urbanismo, xa demostraron as ilegalidades que ten esa operación. E que non son poucas e, que de actuar realmente a xustiza, debería acabar con grandes sancións. Pero non as sancións acaban, como ti insinuas, do lado do pobo. Iso é certo. Pero iso non vai amedrentar ós colectivos e os particulares que estamos en contra. Está claro?
Outra cousa, que intereses tes ti aí pra saltar na defensa dos especuladores. Que es, outro pepote aburrido con gana de leria?
Reítoche que aí antes de que se faga nada vai haber muita leña, estamos??? E se tan en contra estás do que fai o Foro, Manito e compañía preséntate en Massó a botalos cando esten parando as obras. Preséntate valiente ignorante, preséntate!

Dios... masa aborregada...
Veciños en Loita
RE: MASSÓ: XA EMPEZAMOS CON CONACHADAS09-05-2009
veso pouca calma con este tema, pese a que estou en contra do porto deportivo, e da macro urbanizacion. entendo que a alcaldese teña que ter uns informes feitos de manera seria de algunha autoridade na materia.
abalo podera ser moitas cousas pero non ten carreira en dereito co cal os seus informes pouca validez xuridica poden ter.
demomento tampouco hai orde xudicial de paralizacion das obras.
un apunte, hai pouco saleu publicado na prensa unha orde de derrivo de dous edificios da rua noria que se fixeron con mariano de presidente da xestora sabendose ilegais por que non parou as obras
moita calma
RE: MASSÓ: XA EMPEZAMOS CON CONACHADAS09-05-2009
Moitas veces non fai falla ter estudos de dereito para estar moi vergado no tema, de todos xeitos ten de sobra a quen consultar e se estes informes non os elabora urbanismo xa me dirás quen o vai facer.

Mariano Abalo: "O servizo de inspección do Concello xa visitou a zona do Salgueirón e confirma que se están realizando traballos sen licencia na unidade de actuación 27 e mesmo nun camiño de titularidade municipal" Estanse a salta-la legalidade dende un principio.
Zutabe
RE: MASSÓ: XA EMPEZAMOS CON CONACHADAS09-05-2009
"un apunte, hai pouco saleu publicado na prensa unha orde de derrivo de dous edificios da rua noria que se fixeron con mariano de presidente da xestora sabendose ilegais por que non parou as obras"

Non te confundas meu. Entendo que coma bloqueiro teñas que defender a Clarita pero.......

Faro de Vigo: 1 de abril

"Por su parte, el líder de ACE contrarrestó las acusaciones de Sotelo y responsabilizó al PP de lo sucedido. Abalo aportó documentación para dejar claro que fue la comisión municipal de gobierno de 18 de noviembre de 1999 la que otorgó licencia para legalizar la situación del edificio Noria 2, y que la gestora de Cangas, lo que sí hizo fue tratar de evitar la construcción de los edificios. Abalo aportó expedientes relacionados con la denegación de licencia cuando él ejercía como presidente de la gestora, así como los expedientes de infracciones urbanísticas que se le abrieron a la empresa por invadir el río, con fecha de diciembre de 1990. También hizo hincapié en que las licencias comenzaron a tramitarse en época de Lois Pena, en 1988. Abalo mencionó que el edil de Urbanismo de la gestora, Marín García Cordeiro, fue denunciado por impedir estas obras.
Convenio urbanístico
El abogado José Carlos Lovera recuerda que su familia firmó en época de Sotelo un convenio urbanístico para que el río se pudiera desviar por una finca de su propiedad y anchear el puente de la calle Atranco, sin exigir nada a cambio."

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009040100_18_312248__O-Morrazo-Piden-Concello-ejecute-fallo-Supremo-derribe-parte-edificio-Noria

Reparen, donas e cabaleiros, que a parte dos intentos de Abalo por para-las obras en época de Lois pena e que despois estas foron feitas e outorgadas en época de Sotelo, reparen digo en que o concelleiro de Urbanismo, colaborador de Abalo, FOI DENUNCIADO EN REPETIDAS OCASIÓN POR TRATAR DE IMPEDI-LAS OBRAS.

O que non se pode e bota-la lingua a pacer e vir cos argumentos que empregan os populares. Que vergonza...!!!

Deixarme traballar.

Bolxevique
RE: MASSÓ: XA EMPEZAMOS CON CONACHADAS09-05-2009
as verdades a medias non son verdades, isto vai polo da rua noria, tampouco son do bng demasiado talante para min, nin defendo a alcaldesa, pero as cousas gustanme ben feitas e sen verdades a medias.
mariano sen lugar a dubidas seria o mellor alcalde para cangas, pero iso tampouco quita que teña que ser critico co que non esta ben feito. e co de masso, imos levar unha desagradable sorpresa e si non o tempo. e o que mais me fode e que se nos vai vender como o millor que nos podia ocorrer.
moita calma
RE: MASSÓ: XA EMPEZAMOS CON CONACHADAS09-05-2009
¿A que te refires co da rúa Noria?
Eue
RE: MASSÓ: XA EMPEZAMOS CON CONACHADAS09-05-2009
Hala! Aqui despotrican e ó carallo. Nin un puta argumentación, poñendo pegas a todo. Así calquera... En fin, o que dis ti, miraremos o que pasa.
Bolxevique
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados