Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://rockfit.co/
Indispensables
Donde ...
Guia
ALBARIÑOS POR DECRETO25-04-2009
Estes últimos días estívose publicando na prensa a "boa nova" según palabras do ínclito MILLAN referido ó conflicto de ALBARIÑOS sobre a pretensión de facelo chan urbanizable por parte de un pequeno sector de veciños de Moaña capitaneados polo impresentable DAVID RECONDO, é auspiciado polo cerebro gris da nosa política local MR. FERVENZA é todo isto a pesares do informe emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo no que aconsellan de dotar a esta zona do noso municipio con algún tipo de protección. Sórprendeme moito a actitude almibarada mostrada de repente por parte do equipo de goberno co alcalde ó frente é intuio unha baixada de pantalóns posto que deberon chegar a conclusión que poñerlle proa a este grupo de especuladores réstalle votos de cara a futuras eleccións, penso que están equivocados si así pensan xa que contra a actitude rastrera e mentireira da dereita máis reaccionaria de Moaña baseada en mentiras truculentas é infundios que non se sosteñen é donde todo lle vale con tal de desgastar o contrario, é cando máis se fai necesario aplicar políticas máis firmes é por suposto de esquerdas para frenar estas asonadas con cheiro berlusconiano de tinte fascistoide de novo cuño no cal a dereita decrépita e rancia campa as súas anchas sin que pase nada, si rouban ou están imputados en tramas especulativas non pasa nada, (Caso GÜRTEL) espíanse entre eles, dín que son cousas de casa, reciben regalos a cambio de dádivas, simplemente son regalos de nadal, ¡Hai que ter cara dura!, cando se demostra que sobran vivendas en Moaña a tutiplén é que non se venden nin a precio de saldo, máxime nos tempos que corren o Sr. Fervenza tén a pouca vergonza de apoiar é abandeirar un pelotazo nunha zona que debería ser protexida como ALBARIÑOS pretendendo enchela de hormigón ¿Para favorecer a quén?. Reivindico unha política ó servizo da maioría é polo ben común, é faixe maís urxente ca nunca eliminar do servicio público a trileros, fulleros é oportunistas ó resultado xa se está vendo a nivel mundial, falta xente honrada é sobran tiburóns.
ARNEIRON


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ALBARIÑOS POR DECRETO25-04-2009
A ver se lemos ben o que se dí, ainda que se diga no Faro de Vigo, a estas alturas da película de sobra terías que apreciar que a "boa nova" era para os de albariños que a súa proposta fora remitida ó equipo redactor, que ven a significar ben pouco, e penso que fixo ben Millán en mandarllo. Agora, cando chegue o PXOM rematado para enviar a Xunta a ver se seguen coa mesma cantinela. A ver que pasa cando lles digan que non hai necesidade dese urbanizable e llo boten abaixo de novo, veremos con que nova mascarada sae fervenza pa tocarnos as pelotas ós veciños e o goberno, porque iso é o que significa albariños, por iso os apoian tanto sen apoialos, é decir, que non se mollan como o fixo millán o decirlles que o bloque non os ía defender. A ver si agora esquerdas e dereita imos apedrear o noso tellado
vaia
RE: ALBARIÑOS POR DECRETO27-04-2009
Sinto vergoña, tristeza e pena con toda esta gasofia na que se trasformou esta subnormalidade chamada albariños .Uns e outros son esterminadores do pobo de moaña non teñen outro nome, o final eu ei de rirme de todos .
A ROXA LOUREIRO
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados