Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Full Article
Indispensables
Donde ...
Guia
FARTOS DE ENGANOS21-04-2009
Sr. Fervenza:
Son un cidadán desta comarca, estamos fartos de que todos os días salga Ud. na prensa local dicindo que non se fai isto ou o outro, tanto por parte da Xunta de Galicia como do Concello, ata aí, correctísimo, pero non se esqueza Vd. que é Coselleiro da Xunta de Galicia, antes e agora e Concelleiro do Concello de Moaña por tal motivo gustaríame a min, e aos nosos conciudadanos que nos defendese no parlamento de Galicia, cos mesmos argumentos que emprega coa prensa e nos plenos do Concello.
Non me vou a estender máis, rogaríalle que defendese máis os intereses desta comarca, que bastante necesidades temos, con outras artimañas, a do parlamentario, non a do engano como afai facelo no Concello de Moaña
Parroquiano


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: FARTOS DE ENGANOS21-04-2009
Eu secundo a moción. Chegouche o momento Fervenza, o qu etanto ansiabas, xa estas no poder gobernando. A ver se agora o ve stan facil todo como ata hai uns días, e comezan a caer inversións no morrazo a cachón, por si non lembra, hai unha listiña que temos pendiante e comprometido polo anterior goberno que non estaría mal que non s eperdese ou se realizase; Vivendas protexidas, poligono industrial, xeriatrico, galescolas (ainda que lle chamedes agora garderias), o auditorio de Moaña, o centro de saude, o centro de alta resolución, os centros de día,... bueno, xa sabe vostede, esas cousiñas qu esempre tiña apuntadas na carpeta para fustigar o bipartido e os gobernos municipais. Repito , chegoulle o momento.
Moment
RE: FARTOS DE ENGANOS22-04-2009
Home, imos darlle tempo, o suficiente, o necesario para que saque a careta: a ver que lle dice no futuro D.Xeral de Urbanismo os de Albariños ou sobre o Parque Empresarial do cal el é o xefe e responsable..por exemplo.
Acabouse o tempo de facerse a vítima fronte a ditadura de Millán...ten por diante dous anos para ver se hai algo máis que fume na sua cabeciña..ah! e que tamén sega a defender que a unica solución o transporte de ría e UNHA EMPRESA PUBLICA...
Imos ver...
Fuco
RE: FARTOS DE ENGANOS22-04-2009
Si señor eu apoio isto. Polo de pronto só quero ver como apoia aos alborotadores de Albariños, non sei si tiran que ir algúns a tirarlle das orelliñas.
Mamma mía
RE: FARTOS DE ENGANOS22-04-2009
O señor fervenza e un politico de taberna, e con isto xa digo todo sobre este aprendis de titiriteiro. No tema de albariños , espero que o grupo de goberno non baixen os pantalons, por que pode feder muito tempo, ollo.
O tirano
RE: FARTOS DE ENGANOS22-04-2009
Pero canto enfermo hai no concello de Moaña. Resulta que o que non fixeron en 6 anos os politiquillos, queren que o faga o Sr. Fervenza en dous dias. Porque non falan do Sr. Touriño, ou do Sr. Quintana, porque non lle piden explicacions a eles... Bueno, o tempo está poñendo a cada un no seu lugar.
Morrazo
RE: FARTOS DE ENGANOS22-04-2009
Morrazo: Fervenza leva no parlamento de Galicia como mínimo catro anos e non séi cantos no Concello nin me acordo, así que non é novato, é pequeno pero gran escalador, non de andamios por suposto, a voz do seu amo, non como parlamentario, o parlamento para el fáiselle moi grande, o que diga Louzan.


Boina
RE: FARTOS DE ENGANOS23-04-2009
Xa vos entra o medo? vaia, o final vaise ver o que todo omundo sabe, que ese señor é un inutil ademais de analfabeto e monicreque dos mandos. Fervenza leva no parlamento xa moitos anos, antes cando gobernaban e despois co bipartito, e agora volve gobernar ¿e xa dicides que el non vai facer nada? ¿entón pa que se meteu? bueno, iso si o sei, pa chupar os 5000€ o mes e rirse do alcalde na cara cada pleno. Que non faga nada será unha realidade por desgracia, pero o que non nos vai quitar é o gusto de reprocharllo e exixirlle que cumpla o que tanto predicaba ¿non decía que el si era capaz? pois ten a oportunidade, o demais todo serán escusas, e nas municipais xulgarémolo, pero seguro que se vai amarrar o chupe da xunta pa siguir vivindo de nos.
Frigthen
RE: FARTOS DE ENGANOS23-04-2009
POr certo, o de que non vai facer nada en catro anos non é excusa, ó fin e o cabo, o bipartito estibo so tres anos e medio, fixeron moitisimas cousas e xulgouselle nunha campaña sucia e chea de mentiras dicindo que non fixeron nada, ¿temos que cambiar o rasero para xulgar a fervenza? non tedes confianza nin vos, e o tempo destes catro anos próximos será perdido por desgracia.
Frigthen
RE: FARTOS DE ENGANOS23-04-2009
O bipartito fíxoo moi ben pero o venderon moi mal, quédome cunha frase de Touriño aos medios de comunicación, mentres eles dedicáronse a gobernar esta comparsa toda dedicáronse a levantar falsos testemuños, saben que isto dálles resultado.
Boina
RE: FARTOS DE ENGANOS24-04-2009
Sorprendome!!! o parecer que ninguén coñece a Pepe Fervenza persoalmente. Manipulador, movese só polo seu propio interese, non polo de Moaña e moito menos pola comarca. Vai a onde hai cartos ou pode sacar algún probeito. Explota ós seus traballadores na súa empresa, etc. nunca fochedes a n mitin do pp de moaña?? da vergonza. Está claro que se tes cartos podes chegar a onde queiras, que triste, de verdad. Deus non o queira, pero se este home chega a alcaldía de Moaña, Moaña fúndese na miseria. Ou non vos acordades das folgas de fame no concello, con xente de entre 50 e 60 anos, enfermos e ó parecer sen comer(inda que lle pasaban os bocatas por atras)... vergonzoso o que fai este home espero que o pp de moaña reflexione e se den conta de que con él non van a ningures
vaia
RE: FARTOS DE ENGANOS25-04-2009
Mirade, eu non son do PP, pero si o fora, esixiría que sacaran Fervenza de representante de Moaña xa! É de vergoña, pois é analfabeto puro! É máis, eu coñezo a persoa que Fervenza lle encarga todos os seus discursos e mitins...o rapaz dalle todo masticado e aínda así a Fervenciña cóstalle un huevo estudialo. Sotelo, o de Cangas, dálle mil voltas, e non dicir a Porro..e iso que repito que non son do PP, pero o do Fervenza é triste...un moañés que vote a Fervenza demostra o ignorante do mundo da política que é. Votar por votar...aparentar o que non somos...máis ben intentar botar por fóra...
X
RE: FARTOS DE ENGANOS25-04-2009
Que bloqueiros que pasaa................. estades acojonadillos e xa empezades a precampaña vos antes que os políticos eh????? POis parecebe ben cada loco con su tema.
Fervenza non sei si o fará ben ou mal o que está claro é que o BNG e PSOE non o fixeron ben os feitos falan por si solos, foron a tomar vento a farola cunha maioría arrasadora e agora vos estades acojonadillos por que mirades que vai pasar o mesmo coas europeas e coas municipais, pois nada a seguir insultando que é o voso, que nos polo momento estamos tranquilos
Pepista
RE: FARTOS DE ENGANOS25-04-2009
pepista por que non falas do manipulador que e.Por que non explicas o explotador que é,non interesa ou que.
lito
RE: FARTOS DE ENGANOS25-04-2009
Dín que cada pobo tén ó que se merece, si o grao de preparación cultural é intelectual dun pobo se mide pola calidade é preparación dos seus gobernantes, é refírome en concreto a este espécimen fervencil que por suposto foi elexido democráticamente, hai que cair na conta que estamos a punto de baixar a 2ª B políticamente falando. Canta falla fai unha reforma da Lei Electoral, en donde os cidadáns podamnos elexir libremente os nosos representantes sexan da cor que sexan é non ter que tragar con xente de recheo que nos impoñen as listas cerradas, este indivíduo por exemplo non saldría elexido nin con enchufe. Así nos vai.
ARNEIRON
RE: FARTOS DE ENGANOS26-04-2009
Recordarlle ó facha "pepista" que tan "tranquilo" se encontra, que o PP tuvo 5.000 votos MENOS que o bipartito.
Polo demáis, é lóxico que Fervenza sexa o nº 1 do PP en Moaña. O resto son "Jamadas", "Turitos", "Fonsos", "Meixóns", "Pepistas"...en fín.
É o que hai
O Vello Rosmón
27-04-2009
Xa esta ben, non lle fagades publicidade ó titiriteiro que temos no PP de Moaña. Non a merece. De todolos xeitos, os populares de Moaña xa temos bastante cruz coas fallas de respeto institucional que amosa o noso voceiro no concello. Temos que saber que neste intre non somos alternativa seria. A culpa de todo a teñen o Sr. Louzán e o Sr. Feijoo. Moaña ten entidade para ter un voceiro cunha pranta institucional mais que contrastada e non ****** que o unico que fai son algaradas e amaños turbios con persoeiros de dudosa reputacion. Lembrades cando na campaña dixo: o que teña parcela de 300 m2 poderá construir..... É un ***** que basa a sua traxectoria nun populismo anarquico e perigoso.
Se non hai troco, continuaremos abstendonos nas europeas.... Fai falla xente nova no PP de moaña.
EURICO
RE: FARTOS DE ENGANOS27-04-2009
Son de esquerdas, e confeso que houbo ocasións onde me abstiven de ir votar porque os candidatos/as de esquerdas non me convenceron para facelo, esa era a posición que consideraba mais coherente nun caso así, pero vendo o que pasa no PP a conclusión que unha persoa "normal" pode chegar é de que o voto da dereita é irracional cando menos. Da igual que nas proximas eleccións poñades a cabeza dun burro nos carteis, seguiredes tendo 3800 votos, sempre sacades 3800 votos. Nesta ocasión tedes a Fervenza, e aposto que nas proximas eleccións sacaredes outra vez os vosos 3800 votos, da igual que sexa o político (candidato claro, poque mais baixo ca el estan os que o acompañan) de mais baixo nivel que taña pasado polo concello en moitos anos. Nunca pasou en Moaña o que pasou con este tipo, é apersoa con mais perigo que vin na miña vida para dirixir un organismo coma un concello. A falta de formación en todos os aspectos posibles, únese a irracionalidade dos seu actos para atacar a quen se lle poña por diante sen cortarse un pelo, xa pode ser o goberno, veciños, asociacións... o del é "disparar" ó que cadre e se mova. Non reflexiona ni analiza as posibles consecuencias das súas accións, solo busca acadar os seus obxectivos caiga quen caiga e coste o que coste. Ten a sorte de que non goberna, senon, coas ideas que ten, este tipo non dura nin seis meses sen ir po caldeiro.
Fidel
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados