Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://www.sslv.ch/index.php/drug-essays/
Indispensables
Donde ...
Guia
S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ21-04-2009
Haz click para ampliar Efectivamente. Xa se deu aviso para que a resistencia veciñal estivese preparada pois agárdase unha inminente envestida dos promotores da obra para retoma-las obras do devandito porto deportivo e as infrastruturas de servizo de luxo en terra que todos xa coñecemos.

O momento para este envalentonamento dos capitalistas interesados en Massó, e pasando por riba da Concellería de Urbanismo, non é para nada casual. Non podemos esquecer, xa que logo, o marco contextual no que nos atopamos cun PP recén triunfante na Xunta e a inminente aprovación do PXOM, que nestes momentos se está a discutir publicamente cos colectivos sociais cangueiros. Isto animaría ós promotores á tirarse á piscina e a montar follón se fai falta con tal de levar adiante os seus obxectivos lucrativos.

Polo tanto convén estarmos en garda, preparados e dispostos para o que poida vir. Dende logo, o que temos claro é que iso non o van facer, e se PSOE e BNG arrimasen o ombreiro por unha vez non viría mal tampouco. Aínda que bueno, despois do papelón que desenvolverón na Xunta a pasada lexislatura....non se pode agardar moito.

Quizais sexa bo momento para lembrar que CANGAS NON SE VENDE e para retomar vellas consignas de loita...:)

http://www.youtube.com/watch?v=_UzWE9iRbg0&feature=related

Saúde e Terra!!!
>> Ampliar datos Veciños en Loita


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ21-04-2009
Non á especulación: Massó 100% público
que a crise a pague o capital
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ21-04-2009
dios mio a os psiquiatras teñen moito choio: loita veciñal, saude e terra, jajajajaja, isto é de locos
mimadriña
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ21-04-2009
Non e broma, en galiza fai falla un lider como chavez,e co pobo detras. Para que queremos politicos que so saben cobrar ,non lles importa este pais, ahora saen cos muiños de vento no mar, que os poñan en cataluña ou no pais vasco. Estou convencido de que os cidadans somos os que temos que loitar contra estas barbaridades , que buscan o exterminio da nosa terra. Abaixo os politicos, adiante o pobo.
O tirano
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ21-04-2009
O momento de inicio das obras está previsto, segundo as informacións que temos, para o mércores, e de aí endiante. Hai que estar ó loro e dispostos. Resisitiuse dende o 2005 e agora estes energúmenos do capital non van botar abaixo o camiño andado na conquista dun Massó publico.
Bolxevique
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ22-04-2009
Soltar ruxe ruxe deste tipo non ten sentido comun ningun¡¡¡ Vos pensades que Marina Atlantica ten os suficientes avais, ou forza economica pra meterse na aventura de Masso?
Vos destes de conta o que esta a cair no eido economico? Non se venden nin as chcucherias, vanse estes peixes gordos en aventuras onde a seguridade non a teñen asegurada?
Dame que neste pobo hai xente que vive nunha nebulosa e non pode vivir sen -a loita-, unha loita utopica que o unico que pretende e consolidar a "sua verdade".
Como veciño deste pobo, e como persoa xoven que son, non sei cal e o futuro que nos agarda, pero o que si sei e que o "voso proxecto" NON o entende nadie, agas vos mesmos e as vosas ideas, moi respetables si, pero.....
Agur e agardo que ninguen se sinta agraviado por un comentario feito co maximo respeto a todos vos.
David Garcia
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ22-04-2009
Tranquilo que agraviado polo que dis non se sinte ninguén aquí. Agora ben, convídote a non desautorizar a quen dá a nova que motivos feacientes ten para plasma-la denuncia.
As anteriores veces que houbo intentos de reanuda-las obras houbo bulos emitidos polos promotores e despois non aparecian. Así e todo, outras veces que se sabía das súas intencións si aparecían. E xogaban así o desgaste dos veciños e para mira-la capacidade de reacción dos veciños informados perfectamente dende o cuartel da garda civil de Cangas ou por camuflado da directiva de Marina Atlántica que vén a le-lo xornal a Massó non seu coche como quen non quere a cousa. ¿Que te xogas a que a partir de hoxe mércores tes entre as oito e as nove da mañá ó coche patrulla dos picoletos paseando por Massó?

E claro que se che respeta a túa opinión, agora que mellor que se queres un Marinador mellor alugares un solar enorme no Levante ou na Lúa se che deixan, e fas alí o que queiras.

Veciños en Loita
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ22-04-2009
por favor, traballo fora de cangas, se facedes o favor informades aquí se intentar reanuda-las obras algún destes días xa que no faro dixital non van poñer nada para que non se saiba o que pasa en cangas. graciñas.
cangueiro
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ22-04-2009
Qué foi das denuncias presentadas por usurpación de dominio público? por transmisión irregular de concesións, por prevaricación na aprobación do impacto ambiental do proxecto, por ocupar chan de protección de espazos naturais, por falsedade en documento público, tráfico de influencias, etc, etc...
E qué foi dos dous contenciosos presentados pola confraría?
Arquivarse non se arquivou nada, algo de consistencia terían as denuncias, pero, a qué agardan os xuices para ditar sentencias?
tod@s iguais ante a lei
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ22-04-2009
QUE VAIN OS POLITICOS A DEFENDER A TERRA PARA ISO OS VOTAMOS E GUSTARIA SABER QUE FISERON OS DO PSOE O OS DO BNG MENTRAS ESTIVERON NA XUNTA TODOS SODES IGUALES EU NON PRETENDO MOVER NI UNHA MAN QUE VAIA ABALO CLARITA HECTOR E COMPAÑIA........ PAPANS QUE SE ESTAN A REIR DE VOS
lalalalala
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ22-04-2009
ACORDOS DE GOBERNO EN CANGAS
-O Goberno Municipal comprométese a non realizar modificacións puntuais das normas nas áreas de Massó-Salgueirón e a decidir ou uso e clasificación do solo para esta zona no momento de abordar o PXOM.

-Partindo da consideración de que os Convenios Urbanísticos de Massó e Aldán están anulados, o Goberno Municipal oponse á instalación do porto deportivo tal como está presentado pola Autoridade Portuaria. O PXOM definirá os usos e clasificacións do solo nesta zona.
por qué o bipartito perdeu a Xunta?
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ23-04-2009
moi ben, pero a culpa de quen é? é de abalo que fai e fixo o habido e por haber? non fodades que se empezan as obras idelo mirar ali cos outros veciños, por algo el tamén está imputado. non distorsiones que non cola...
imputado
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ23-04-2009
eu non digo que sea culpa de abalo eu digo que e culpa de toda esta lacra que nos esta a gobernar abalo incluido ahora que din que van a empezar as obras ahora vai ser culpa dos do pp pero que fixeron estes politicuchos que din que son de izquerdas nestes ultimos anos .... ¿pregunto?
dijo eu
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ24-04-2009
Pois polo de pronto as obras non estan feitas tendo en conta que nin a Xunta favorecía nin a Autoridade Portuaria nin a propia alcaldesa, Abalo xa fixo o indecible e seguirá a facelo que a loita continúa.
Falar é jratis
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ24-04-2009
Clara e Hector son uns falabaratos, asinaron uns acordos polos que non pensaban mover un dedo.
Lles daría igual joder o mar, aos mariñeiros, aos comerciantes e a o patrimonio do pobo de Cangas con tal de sair nunha portada inaugurando calquer merda coa que se forraran os especuladores.
keimakasas
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ25-04-2009
jajajajajaja que carallo fixo abalo home deixar de engañar a xente abalo o unico que fixo foi esconder a merda debaixo da cama
non se pode
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ25-04-2009
Dis que engana á xente, supoño que te referiras a algo en concreto ¿OU É MÁIS BEN O DE CALUMNIA QUE ALGO QUEDA?

Abalo traballa coma ninguén polo menos neste caso. Sempre anda co tema ás voltas, reúnese co Foro tódolos xoves e aínda por riba está imputado coma calquera outro, el si se molla.

É moi doado falar pero quería mirar que facías ti co PP e logo PSOE e BNG na Xunta, coa Autoridade Portuaria e cuns socios de goberno que te foden pola porta de atrás e por suposto non esquezamos á empresa. Todo sería máis doado se soubésemos onde andan os cartos dos convenios. Pero el segue aí manexando unha de papeleo impresionante e tentando saca-lo PXOM adiante. As cousas están para velas e o de Massó é único en Europa, dito por Greenpeace, non se coñece doutro caso en que se aguante tanto e que incluso teña trazas de acabar como debe.

Abalo é o único político que xunto co Foro leva máis de catro anos a impedir iso, se non canto vai que estaba feito.

E ti ¿QUE É O QUE FAS? a parte de falar nun foro sen aportar nada.
Tonterías las mínimas
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ25-04-2009
Non baixemo-la garda, se non empezaron esta semana cando se sabe por fontes oficiosas que teñen todo listo pra facelo, é máis que probable que o fagan para a semana. Estamos preparados.
Veciños en Loita
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ26-04-2009
Abalo es otro politico mas que lo unico que quiere es vivir del cuento porque al final ya vereis como van a hacer todo lo que quieran y mas.
Lorenzo
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ26-04-2009
Menos mal que vas estar ti en Massó para impedilo... a que si? jaja
Veña
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ26-04-2009
Lorenzo, escribes como unha nena, e non te estou descalificando por seres tía. Só digo que pa seres a concelleira do PP de ghafas que ten vinte e tantos ben podías ter unha prosa máis elaborada digna das túas elocuentes e vislumbrantes aptitudes políticas... Que aproveiten esas paparotas que tedes cos picoletos!
Angela Chani
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ27-04-2009
Vinte tantos só? Cando queres es ben magnánimo.
Ta clariño
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ27-04-2009
jajajajaja si si vai ser por abalo que non empezaron as obras en Masso mira miniño as obras non as empezaron no seu dia gracias a cofradia de cangas y eso lo sabe muy bien abalo.
yo me parto
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ27-04-2009
Grazas a confraría e a Clara, que foi a Massó cando foron os barcos da confraría, e logo conseguíu que o BNG fixera unha pregunta no Parlamento Galego.
chillón
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ27-04-2009
Á confraría? JAJAJAJA
Un chiste cojonudo
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ27-04-2009
Ti mesmo o dis a confraría e Clara Millán. A coña do ano!. Foron UNHA ves e son tan super radicais que acojonaron ós da empresa e máis á autoridade portuaria ¿verdade?. E os catro anos seguintes os do Foro e Mariano ían ó Salgueirón a toma-lo sol... Que ghuevos lle votas. Pero ata ten ghrasia.

Logo xa se mirou o que fixeron

http://zutabedecangas.wordpress.com/2008/04/24/clara-millan/
E veña viño
NON DEFENDO A NINGUÉN,DEFENDO A CANGAS!28-04-2009
Non entendo porque cando se queren cambiar as cousas a mellor ou a peor non se lles pregunta ó resto do pobo.Cangas é de todo o que queira vir pero ante todo é dos cangueses e ninguén ten dereito a gobernar no que non lle pertence.
Porque ninguén nos pregunta que opinamos do que se quere facer en Masso antes de facelo?
Se vivo tan ben en Cangas é pola tranquilidade que me transmite e ninguén ten dereito a quitarma!
kelly
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ28-04-2009
Porque en democracia enténdese que se botas a uns partidos e gañan, é porque estás de acordo cos seus programas. Tamén é unha boa razón que Sotelo se fose a la puta rue precisamente polo PXOM e máis Massó.
Ta clariño
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ28-04-2009
O fodido é cando votas por uns programas e cha meten doblada. Participación cidadán en Cangas? Tod@s a prometen e despois fan os chanchullos as costas da xente. Esta esquerda, como non espabile de verdade, vai a ter chungo revalidar. Sotelo ten a deputación e a xunta por detrás e a transparencia, participación e honradez que debera ofrecer a esquerda mírase ben pouco.
Salgueirón público 100%
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ28-04-2009
Sotelo transparencia e honradez? Pois que nos conte onde están os cartos dos convenios e que pasou con hixienes...
Higiene 100%
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ28-04-2009
Queres transparencia esquerdista? Aí está todiño para que o miremos ben. Xa podes deixar de enmerdar.

http://www.pxomcangas.com/
As cousas claras e o chocolate espeso
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ28-04-2009
Veña machote non estás que si transparencia e que si Salgueirón libre 100%? Pois entra na web que para iso está, para ser transparentes e pra que miremos o fodido que estás por non se sabe que (si o sabemos pero tamén sabemos distinguir entre público e privado, quizais deberías aprender). Ti non sabes iso de: necessitas probandi incumbit ei qui agit ???

Está claro o traballo de Abalo e que non hai nada que ocultar, aí o tes.
Zutabe
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ28-04-2009
Cómo vos dades por aludidos!!
E da alcaldesa que decides...
110%
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ29-04-2009
Me parece que hay pacto de no agresión
La cizaña
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ29-04-2009
A actitude da alcaldesa verase así retomen as obras, como se di nesta denuncia, os de Caixanova e Marina Atlántica. Cando as comecen, entón aí miraremos se siguen como ata agora tocándose o birimbau (como PSOE e confraría o 95% das veces). E despois os veciños xulgaremos debidamente e poñerase a cada quen no seu sitio.
Agora ben, iso de pacto de non agresión en caso de que o haxa será mentres o Bloque defenda un Massó público claro está. Se sae desa liña e se chegue a facer ou itentar facer pola brava o de Massó sen que os veciños, ACE e o Foro logren impedilo entón aí...adiós muy buenas, acabouse tripartito non sen antes poñelos a caír dun burro (é unha forma suave de dicilo...). Ou sexa, como se sostivo sempre. Cal é o problema?
Que parte algún aquí, con gana de enmerdar dende dentro, aínda non entendeu???
Zutabe
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ29-04-2009
Dende dentro ou dende fora, o que dí Abalo non é dogma para min. Massó ten que ser a gran zona verde que Cangas precisa. No avance do PXOM ven para xustificar zonas verdes a Serra de San Roque, e iso é forestal comunal.
A cualificación de PEPRI de Massó é algo indefinido aínda e debe preservar o patrimonio, pero non pagar esa preservación dandolle edificabilidade aos especuladores de Caixanova.
Que Abalo explique ben as condicións do PEPRI de Massó.
ao pan pan..
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ29-04-2009
Joer Zutabe, cuanto sabes macho¡¡, sabes tanto que no tienes ni idea tio. Tienes que aprender a escuchar al resto de opciones y no idolatrar a tu tan querido Abalo porque lo que es en los plenos no se te ve, asi que supongo que lo que sabes sera por segundas personas, ah no¡¡ te enteras por el Faro y despues pones a parir a Juan Calvo.
Lo que os pasa a todos los que vais de radicales ( izquierda o derecha) es que si no es como decis vosotros todo es una mierda.
Me da la risa a mi Abalo y su politica. Al final es otro politico y va pasar por el aro y luego dira que el no.
doohan
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ30-04-2009
Se te dignas a ir por massó cando empecen as obras podes preguntarllelas túas dúbidas en persoa, no canto de andar a desproticar polos foros...

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009043000_18_321920__Portada-de-O-Morrazo-Marina-Atlantica-prepara-para-iniciar-breve-obras-puerto-deportivo-Masso
Zutabe
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ30-04-2009
Por certo, pacto de non agresión dixeche??? Unha cousa e tratar de conformar un programa de goberno tripartito pra que as cousas funcionen e outra é claudicar como parecen indicar algún aquí...

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009043000_18_321921__Portada-de-O-Morrazo-Abalo-recurre-Contencioso-para-frenar-urbanizacion-pisos-Altamira
Zutabe
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ30-04-2009
pois a ver si e verdade que empezan as obras e a xente que estamos nos paro encontramos traballo,ainda que sea barrendo a terra dos camions,que carallo. Se o que van facer e bo po pobo,que mais da unha playa chea de merda. polo carallo vades a xunto os de Vijo,que son os que de verdad contaminan a nosa Ria,con tanto astillero e joderlle terreo o mar. Total,Masso e neste momento o lugar mais feo e asqueroso do pobo,cunha depuradora que de vez en cando bota merda a praia,e uns cheiros que seguro que a mais de un destes ecolojistas de boquilla gustalle. Miremos padiante e que ns quiten toda esa merda que se chama Masso,pois e a vergonza de Cangas.
quero traballo
RESISTENCIA30-04-2009
IMPEDIRLO, COMO SEA!
NO SE PUEDE CONSENTIR QUE AL FINAL SE SALGAN CON LA SUYA.
OPOSICIÓN ACTIVA.
Miguel-Madrid-
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ30-04-2009
Miro que non queres entrar a discutir as cuestións en sí. Se pensas que por non quedarme abraiado co que sae pola boca de Abalo estou despotricando, entón sí que o fago.
O que sae hoxe no Farol é moi forte: “aínda hay posibilidad de negocialo todo”; para mín, cos ladróns de Caixanova non hai nada que negociar, mercaron un terreo industrial, que aínda o é, con múltiples ilegalidades; que o aproveiten como industrial ou como o que decida o pobo de Cangas, e si se lle expropia, mellor, pero Cangas non lles debe nada, máis ben ao contrario.
Debérase explicar PÚBLICAMENTE cómo é que agora se pode negociar TODO e que foi da idea da expropiación.
http://vigoblog.blogspot.com/2008/03/eporque-non-expropiacion-como-arma.html
www.hemerotecaFarol21marzo2008/nonfaitanto.html
o mesmo
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ01-05-2009
Pero a idea da expropiación de quen te cres que é? De Abalo, evidentemente. Pero Mariano non goberna só macho, que parece que algún vive nos mundos de Yupi. Respecto ó que quere traballo, vaillo pedir ó PP que de seguro te enchufan nalgún lado. O pobo xa dixo que non á aberración de Massó así que a apandar.
Zutabe
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ04-05-2009
Zutabe estás mais pasao non te enteras de nada vellote
tusaro
RE: S.O.S: A MAQUINARIA DE CAIXANOVA CONTRAATACA EN MASSÓ04-05-2009
Super argumentaso vamos
Zutabe
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados