Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://partyspots.co.uk/
Indispensables
Donde ...
Guia
RECHEO DE DOMAIO10-04-2009
Sr.Arturo Gonzalez Concelleiro do biparido Goberno de Moaña ¿Seica vostede cando entra e sae da sua casa (que por certo de xeito ilegal) nón mira a entrada que fixo a tenda de compravenda de coches de importación?? Bueno e loxico,si lle chama a atención ó dono el tamén lle dirá a vostede o mesmo pero de todo-los xeitos penso que non lle custaria moito mandar unha parella de municipais pra informarse se teñen licencia de obra ou si po-lo contrario fixo como, os outros veciños que vostede ben sabe ¿Non si?? Ainda que penso que vai a ser igual que os mande coma que non porque xa fai moitos meses que por Domaio non se mira ninguha parella de policia local só se miran cando veñen a dormir ou a tomar os viños.da a senzación de que Domaio nón pertence a Moaña a g´ças pra pagar impostos ¿Teremos que plantexarnos o cambio pra Vilaboa???
un


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: RECHEO DE DOMAIO10-04-2009
Xa pouco lle queda, a vindeira semana comezan as obras e todas esas entradas por dominio publico desapareceran, ou iso é o que pon o proxecto, teremos que estar atentos todos os veciños e non permitir que se sigan apropiando dos terreos publicos catro negociantes. O dos coches vai ter que ir pensando en mercar algun terreo para meter tanto coche porque acabouselle a bicoca.
tella
RE: RECHEO DE DOMAIO10-04-2009
O verdadeiraménte denigrante é que teñamos que ser os veciños os que se preocupen destas cousas e que os politiquillos soio estean pra cobrar os soldos o més e cando se aproximan as eleccions veña a prometer e mais prometer.e en canto o escomenzo das obras ojallá teñas razon pero case que o dudo un pouco porque como saberás xa levamos asi perto de trinta anos.e polo momento o recheo so estaá pra ese dos coches catro entradas ilegais e mais pra que un grupo de descerebrados fagan carreiras cos seus coches é mais coas motoso dito ahí faise de todo menos poder pasear con tranquilidade aínda que fose con botas de goma
HAY QUE VOTALOS A TODOS
RE: RECHEO DE DOMAIO10-04-2009
De acordo contigo, hai que VOTALOS a todos.
A todos menos ó PP.
Ó PP hai que BOTALO.
botador
RE: RECHEO DE DOMAIO15-04-2009
Xa pasou a semána Santa e vexo que todo sigue igual E por desgraza seguirá ,bueno igual nón cada dia ún pouco peor por mor das chuvas e mais do tarados que andan cas motos e mais cos coches sin que aixa naide que o poida impedir porque si calquera veciño lle chama a atención aínda ten que oir o que non quere porque resulta que eses mocosos consideranse os amos de todo.(Nón e de estrañar porque se pasa o mismo no centro de Moaña caso pepiño) que non vai a pasar nas aldeas masimo en Domaio que esta totalmente abandoada a nivel municipal
mira tí
RE: RECHEO DE DOMAIO16-04-2009
¿Por qué irnos pra Vilaboa? Pola lei de Báses do Réximen Local Domaio pódese desligar de Moaña e formar Concello Propio... A verdade que é algo para reflexionar seriamente porque a Domaio téñennos completamente olvidados...
un de domaio
RE: RECHEO DE DOMAIO24-04-2009
Supoño que o desgoberno é cousa de todos. Lembrades Fuenteovejuna? pois en Domaio haivos xente dabondo, é de bo carácter para impedir que uns cantos fagan o que lles da a gana nos espazos públicos. Estoume a referir non só a rapazada que fai o que non debe cos coches e motos senon tamén aos "jetas" que abriron accesos ás súas casas. Non me canso de enviar queixas ao concello polo estado dos arenais, polo lixo e fochancas do recheo, pola impasividade dos que permiten que os lugares peatonais non sexan seguros e amáis consinten que os usurpadores do alleo campen ás súas anchas....Seguirei facendoo, abofé, porque quero facer uso da miña libertade de expresión.
rinrin
RE: RECHEO DE DOMAIO25-04-2009
Nón te molestes en presentar queixas no Concello porque non fan nin puñetero caso ¿Como van a facer caso si a realidade é que son eles mismos os que tiñan que dar exemplo os que estan usurpando e mais tapando todo o que non lles interesa??? ¿Acaso díbidas que o señor Gonzalez non está enterado do que hay?? Eu supoñome que cando sae da casa (po-lo recheo) mira ben o que esta pasando pero claro si fai cumplir a lei os demais el tamén tén que cumplila entonces o que fai e pechar os ollos e veñan rapidiño os meses pra cobrar que o tempo boa,dispois están os outros os corre ve y dile que stán todos os dias a pasear po-lo recheo e logo xúntanse no Prado da Ribeira a ler a prensa e facer as criticas diarias pero claro sémpre en contra dos outros e eu pregúntome.¿quen leva a cencelleria de servizos?? Os outros ou nós?? porque todo ese espazo publico pertence a esa concellalia ¿Non si?? A mín tenme coincidido atoparme con o sr gonzalez (Representante de Domaio no conello) e tentar dicirlle algo sobor do tema e a contestación e che que iso e cousa do concello e que el non está en horas de oficina (menuda jeta) po-lo tánto xa ves como estamos esquéncidos pra todo menos pra pagar non sei entonces pra que temos representantes nín no concello nín veciñais todos son do mismo partido é entonces non e convinte facer moito ruido
vaa!!
RE: RECHEO DE DOMAIO26-04-2009
Parés que se achegan as EUROPEAS porque xa se escomenzan a mirar as Garabatas po-lo devandito recheo ¿Sera casualidade?? parece ser que oxe Domingo faciase unha xuntanza de persoeiros tanto veciñais coma municipais en fronte a igresa de Domaio e po-lo visto nón era pra asistir a misa incluso se atopaba nó medio o presúnto xefe é unico membro da AAVV.¿Que estarán argallando?,ó estrano eche que non chamaran á prensa pra sair na foto. diánte dún montón de terra que moveron esta seman as maquinas de Constrccións Dios (perdón a maquina)
un
RE: RECHEO DE DOMAIO30-04-2009
Todo son malas noticias. Vísitade a edición do Morrazo do Faro de Vigo do 30 de Abril 2009. Seica os veciños afectados polas obras do paseo andan desacougados porque non van poder acceder ás súas propiedades, amáis de sorprendidos porque non coñecían o proxecto... Vaia xetas! Fuenteovejuna, todos a una! Revolución xa!!!
rinrin
RE: RECHEO DE DOMAIO06-05-2009
Non podo crer que catro veciños disconformes, por intereses individuais sexan quen de paralizar unhas obras que levamos agardando 30 anos. Necesito que alguén mo explique porque dende logo para min esa xentalla non é merecente, sequera, do saúdo. Amáis de facerense donos de terreo alleo están a rirse de nós. Non quero nin pensar que acabarán por deixarlles unha portiña de acceso para que deixen de dar a lata. Onde están as asociacións que permiten este retraso nas obras? Onde están agachados os veciños? Onde estamos nós, sufridores eternos?
rinrin
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados