Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
PELNO DA SANIDADE EN MOAñA04-04-2009
Poño esta nota no foro antes de ler a prensa de mañan sobre o pleno extraordinario da sanidade en Moaña. Estiven alí (houbo que madrugar para coller sitio,os de Albariños ocuparon prácticamente o salón pero, polo menos, estiveron calados) e recollín as seguintes impresións:
- A plataforma estivo no seu papel de reprochar o goberno que non ter
tomado a sua iniciativa de convocar o pleno, tendo que recurrir a oposición e a de denunciar as graves carencias da sanidade e a falla de xestión nesta área nos últimos tempos.
- Inmo estivo ben apoiando as críticas da Plataforma.
- O goberno municipal, por boca do alcalde e de Pastoriza, xustificaron o seu papel pero puxeron a pelota no novo goberno e no apoio que van a recibir do grupo do PP e do seu deputado para que o Centro de Saúde, o Centro de Alta resolución, o centro de fisioterapia e odontoloxía, o pediatra polas tardes, maiores espazos na casa do mar...todas estas cuestións, unhas máis e outras menos, en marcha poidan ser realidade.
- E o PP, e dicir Fervenza, volveu a tirarse polas alcantarillas: sen vir a conto intentou decir que tras a xestión dos terreos en Sisalde para o Centro de Saúde foi fraudulente, que se roubou os veciños, que houbo trato de favor a unha promotora,...A réplica doulla Euloxio, moi contundente: a xestión foi iniciada polo PP en 2005, os acordos de convenio foron tomados por unanimidade con coñecemento explícito dos Srs. Abal e Trigo represenando o PP, que as persoas que se sinten discriminadas (por certo, unha parella do público abandonou o pleno ante a intervención de Euloxio) son os que chantaxearon o Concello e agora quedaron fora do acordo, e que son os que agora "defende" o PP..
Quedou bastante claro do burdo intento de Fervenza de enmerdar un pleno modélico que rematou ben: acordo unánime aprando a moción e aplausos do público. Eso é o que realmente queremos os cidadans de Moaña: debate e compromisos...non máis merda Sr. Fervenza.
fuco


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA04-04-2009
Siempre es mejor saberlo de primera mano a través de los vecinos que estuvieron alli que " tragar" lo que nos quiera contar la prensa. Gracias Fuco.
manu
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA04-04-2009
Unha nota escueta pero que sintetiza bastante ben o que ocorreu, veremos mañá que saca a prensa. Unha vez mais constataremos de parte de quen está e o que lle gusta enmerdar para ter comidilla.
Para min o goberno fai o que pode, e tiña razón Millán, dame medo tamen pensar no qu epode ocurrir nestes 4 anos, en 3 e mdeio intentous emellorar e cambiar 16, pero polo que xa se rumorea, estes queren volver atrás, e moito me temo que imos ter lio gordo co tema da privatización da sanidade. O señor Fervenza non dixo nada, pero xa corre o ruxe ruxe de que o PP ten contactos coa Dirección de POvisa (que se via en perigo co novo hospital) para crear un organo mixto de xestion, é decir, privatizar o novo hospital deixandolle a xestion a POVISA e volvendo o fraude das Fundacións Sanitarias. A ver se é mentira, e Fervi non ten que escapar de Moaña despois de manter hoxe que isto non vai pasar.
Ointe
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA05-04-2009
Eu, que gracias a dios son ateo, rezo “ferventemente” para que Fervenza sepa o que quere decir: “fundacións sanitarias” ou “organismo mixto de xestión”. Xa me conformaría con que supera quén foi e quén é Rosalía de Castro.
Non é broma, non. Saliu hai poucos días no Faro. Eu non o quería creer pero así é.
Si algún día sale alcalde de Moaña que dios nos colla confesados, porque máis vergoña da que nos fixo pasar o Barreiro pensei que xa non era posible, pero vendo o que hai…
Iso, que dios nos colla confesados.
O Vello Rosmón
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA05-04-2009
polo menos fervenza e de moaña
caramuxo
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA05-04-2009
JAJAJA Fervenza é de MOaña, ¿e? ese argumento manexano moito o PP últimamente, porque refireste a que millan naceu en Bueu, supoño. Vaia, agora seica sodes xenofobos ademais de outras cousas, o que non entendo ben é que defendades que un alcalde para ser bo ten que nacer no concello que goberna, pero despois defendedes que dende onde mellor se goberna Galiza é dende Madrid por un Vallisoletano, ou un Aragonés, ou un Andaluz... mostra unha vez mais da mais absoluta incompetencia mental e exponente do absurdo ideolóxico que vos move.
Pero bueno, fervenza é de Moaña, mais concretamente creo que de POzo Negro (venlle o pelo o lugar, sen animo de ofender a ningún veciño do lugar), é polo tanto fillo de Moaña, pero como en calquera familia, sempre che pode sair un fillo parvo.
anda que sacades uns argumentos solidos de carallo para criticar o alcalde.
Fillo
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA06-04-2009
Dende logo Caramuxo quedaches aliviado, nin que votaras un peido, mira que dicir que Fervenza é de Moaña, e iso que quere dicir ¿que é máis listo? Algúns máis que hai no concello tamén o son e tampouco son moi espabilados.

Por certo, o de Rosalía de Castro saiu da boca do ilustrisimo Carlos Trigo, que dende que teñe memoria leva de concellal en Moaña, aí están as cabezas pensantes do PP, ningún do seu partido lle mandou calar, ¡Manda carallo! este tamén é de Moaña.

En Moaña, dende logo hai xente moi ilustre e desde logo que non son es tipo de cacos.
Maruchi
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA06-04-2009
digo que polo menos fervenza e de moaña, por que tería un pouquiño mais de cuidado co que fixera.
e creo que non e o mesmo ser alcalde de moaña que presidente da nación.
oxala o presidente fora de moaña, non vos equivocar.
o de ser xenofobo non ten que ver, non te metas en demagoxias estúpidas.
caramuxo
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA06-04-2009
E por qué Millán non convocou nunca o pleno da Sanidade, si mirades na paxina web do concello das normativas e demais hai unhas fechas que marcan as normativas para convocar os plenos cando son solicitados por os grupos politicos e si o querido alcalde, neste caso millán, non convoca o pleno, entón faise unha convocatoria de Oficio, por así decilo e isto foi o que pasou, o Millansillo este non lle deu a gana de convocalo e foi de oficio por que non quedaba mais remedio, por dios, que lle pasou, non atopaba cousas que decir e non lle chegaba o tempo para preparar as suas mentiras.
lamoañesa
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA06-04-2009
O señor fervenza, perdeu o norte totalmente. Unha persoa elexida democraticamente polos veciños de moaña ,e non so por un grupo de folloneros, ten que ser mais persoa ,e mais responsable que para algo e xefe da oposicion e ten unha obriga con os veciños ,con todos.Comportandose como ata o de agora xa fala das formas que ten de facer politica.
A ROXA LOUREIRO
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA07-04-2009
amantes do bng, sabedes o que vos falta, un pouquiño de autocritica, que pode ser constructiva, a ver si me convencedes de que tedes as mellores ideas.
falades de fervenza, que so sabe atacar, chamadeslle fascista, etc... ¿non vos dades conta que estades a facer o mesmo?
que pena de partido. Abalo arrejla isto un pouco e pon a persoas mais humildes, que esten co pobo.
caramuxo
07-04-2009
Abalo tampouco naceu en Moaña, burro, pero sí vive en Moaña e paga impostos en Moaña, igual que Millán.
O que xa dudo máis é que Fervenza pague impostos en Moaña, porque si sigue o exemplo do seu chefe Feijóo, que debe varias multas en Vigo e o recibo do lixo..., pois iso, que me gustaría ver os recibos de Fervenza antes de que se presente para alcalde.
Por moito que sexa de Moaña
Can sen dono
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA08-04-2009
Pero ísto non iba de sanidade?
xsn
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA08-04-2009
can sen dono, iso e o que sabedes???, insultar, prefiro ser burro que estar a teu lado no bloque.
despois dis que o faltón e fervenza, si sodes iguales.
por certo ¿onde vive millan?
adeus, non discuto mais con quen insulta.
isto e o que quirias non????
así quedades vos soiños para trirarvos flores.
eu vou tirar un peido para quedar tranquilo.
caramuxo
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA08-04-2009
Millán vive en Berducedo, burro.
Sin ánimo de insultar, eeeeh, sin ánimo de insultar.
Can sen dono
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA08-04-2009
Nunca se me ocurriría insultar a un burro
Can sen dono
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA09-04-2009
can sen dono, ignorante capullo, agora si que vou seguir, vou facer coma ti borrico nazi. fascista faltón.
caramuxo
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA09-04-2009
¡Guaaauuuuu!, ¡qué rebote se collen algúns!
Can sen dono
RE: PELNO DA SANIDADE EN MOAñA10-04-2009
Bueno, eu non sei pero estades desviando o tema, que por certo, penso que agora será o señor Fervenza como conselleiro gobernante que se teña que poñer as pilas, a ver se agora que se van desprotexer o sterreos para o centro de saúde, vai resultar que é a Xunta quen non se pon a construilo, olliño¡¡, a ver que pasa a partir do 17 de maio, xa sería a coña que se poñan a disposición os terreos e que a xunta entrante nos deixe colgados, como dixo Fervenza "Os cartos están no caixon da xunta agardando" a ver se é certo e non desaparecen agora con vostedes.
Dr.
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados