Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://gradshow.net/cv-professional-service-uk/
Indispensables
Donde ...
Guia
MOAÑA SECUESTRADA POR ALBARIÑOS27-03-2009
Hoxe léese nos xornais como o grupo de propietarios de ALBARIÑOS, con familia e amigos, capitaneados polos hirmáns Recondo e coa complicidade, unha vez máis, de Fervenza, rebentaron o Pleno, pero non só iso, tamén impidiron o acceso o Salón de representantes veciñáis debidamente convocados para asuntos que lles concernían como a xestión da piscina, a proposta do valedor dos veciños ou sobre a manifestación do transporte de ría.
Incluso o Sr David Recondo, como si tivera el mesmo o dereito de admisión, atreveuse a exisir a un representante veciñal se tiña a acreditación en presencia da Policía municipal.
Calquer grupo ou cidadan ten dereito a manifestar o seu enfado publicamente e no lugar que lle pareza axeitado, e no momento en que lle pareza oportuno.
Pero que un grupo de propietarios, defendendo intereses económicos, dirixidos polo representante de grupos inmobiliarios secuestren os Plenos e Comisións, impidindo e lesionando o dereito do resto dos cidadáns é intolerable.
Ata cando?
FUCO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MOAÑA SECUESTRADA POR ALBARIÑOS27-03-2009
Pois ata que o señor Alcalde decida que os antidisturbios actúen dunha vez. Por moito menos se ten cargado contra traballadores ou estudantes pero claro, que os nacionalistas chamen ós corpos de seguridade españois...pois non.
valery lobanovsky
RE: MOAÑA SECUESTRADA POR ALBARIÑOS27-03-2009
Estou de de acordo Valery, isto xa cheira. Temos que deixarnos de tatnta templanza con estes energúmenos de Albariños-catastro e reaccionar, se non é a policía que poña orde teremos que ser a xente de esquerdas que demos un puñetazo enriba da mesa. E podemos empezar pola manifestacion deste sabado polo transporte de ría
O SINIOR AFRANIO
RE: MOAÑA SECUESTRADA POR ALBARIÑOS27-03-2009
1º temos un alcalde que non e de moaña, non sabe nin coñece donde pisa. nin lle importa, que e o peor.
2º o concellal de urbanismo e un empregado de servicios do axuntamento, non tería que ser alguén mais preparado.
¿que esperamos?
temos o que merecemos.
so saben amenazar.
coño traer os antidisturbios dunha vez e acabemos.
vades ser mais famosos que belen esteban.
caramuxo
RE: MOAÑA SECUESTRADA POR ALBARIÑOS27-03-2009
A verdade que damos "peniña" en Moaña, o Sr.Alcalde parece que se lle está indo a cousa das mans. A verdade que os que lle rodean non lle axudan moito, pois que esperamos de xente que non ten nin idea do lugar que ocupa...
Morrazo
RE: MOAÑA SECUESTRADA POR ALBARIÑOS27-03-2009
En albariños hai 500 propietarios de terreos ,eestes sinvergonzas son 30 a compañados de outros tantos impresentables. Esto e a maneira que ten o inutil de fervenza de facer politica . Que nos espera si un dia e alcalde , con os mafiosos recondo de asesores urbanisticos . E penoso e patetico , o consello xa tiña que declarar persoas non gratas a este grupo de impresentables. Teñan respeto señor fervenza polos sentos de propietarios que non queren semento en albariños.
O tirano
RE: MOAÑA SECUESTRADA POR ALBARIÑOS27-03-2009
Esto es impresentable, asi no hay manera de entenderse. El sr Fervenza in compani, se pasan mas de 3 pueblos, pero esto seguro que nos conducira despues del proximo dia 1 de abril, en el que el inclito sr feijoo 009 iniciara una nueva legislatura, alli entonces acudira su fiel fervenza y le pedira dos cosas:

1.- Apoyar el plan industrial en cruz de maceira.

2.- Apoyar laa peticiones de los propietarios y promotores de albariños para delimitar un sector de suelo urbanizable delimitado.

Pero una vez mas, se encontraran con que quien tiene la decision final es el pleno del concello de Moaña, y es aqui donde se vera una vez mas la coherencia de bng-psoe para defender los interes de Moaña frente a la especulación de unos pocos. podran abstenerse y que lo apruebe el PP + Inmo o bien votar en contra.

Aprovecho para denunciar la ineptitud del gobierno local ante la situacion del Plan Xeral que ya se acerca a dos legislaturas de tramitación. Es una verguenza.
Lo que non espera
RE: MOAÑA SECUESTRADA POR ALBARIÑOS27-03-2009
Eu xa levo tempo sen poder ir a un pleno, antes si que de vez en cando se podía pasar un por alí a ver como ían as cousas, pero dende que o PP se embarcou na cruzada de rebentar todo canto se faga en Moaña pois é imposible; albariños, catastro... todo lles vale, e non se cortan un pelo en disimulalo, ata me convocan por telefono.
A postura do goberno é delicada, non é tan sinxela com parece, claro que deberían chamar a policía e metelos atodos en chirona, pero é o que os diferencia da época de Barreiro, cando a garda civil campaba por moaña. despois, o señor Fervenza utiliza as sancións ou multas para facer demagoxia sobre o que é a represión. Que casualidade, que denuncie que o concello está pechado cando el é o culpable de todo xunto cos seus secuaces. Este señor é un impresentable.
E sobre o comentario a cerca do alcalde, so decir que é mais de Moaña ca ninguén, e nunca houbo xente mais preparada ca el no cargo, que sen faltar o respeto a calquera profesión tivemos Un constructor, un patron, un camareiro, un vendedor da lonxa, o triste non é preparación, ¿que é fervenza? ¿que formación ten el ou o seu grupo? o triste é a baixeza moral deste personaxe, pero xa lle chegara a hora, como o porquiño.
Ana-li
RE: MOAÑA SECUESTRADA POR ALBARIÑOS27-03-2009
Igual é hora de que a xente que simplemente nos consideramos demócratas, cos apelidos que cada un teña, votemos unha man a manter a dignidade dunha institución democrática como é o concello, e unha maneira de facelo é acudir ós Plenos para que estes aprendices de dictadores e Fervenza vexan que non estamos dispostos a que pisoteen o que tanto nos costou conseguir.
Mao
RE: MOAÑA SECUESTRADA POR ALBARIÑOS27-03-2009
Este espectáculo que se está a montar regularmente polos impresentables de ALBARIÑOS reventando plenos e privando a todo o pobo da marcha normal do funcionamento do concello, simplemente porque pensan que teñen razón. O máis grave é que están capitaneados polo recén elexido concelleiro FERVENZA poñéndose no sitio dos alborotadores en vez de estar sentando na silla que ten reservada na sala de plenos, este señor é ó que nos vai a representar no Parlamento Galego, elemento éste que ten máis ben tintes fascistas que democráticos. ¿Acaso cando tome posesión no próximo mes de Abril vai ser él quén lle solucione os problemas a os de ALBARIÑOS é a os Recondo Bros.?, isto é un escándalo utilizar calquer escaramuza para desgastar o equipo de goberno, nunca tan baixo estivo o nivel dos nosos representantes, si FERVENZA pode representar a alguén dignamente, calquer indocumentando pode ser cárrego público, con este escenario eu pecharía as portas, é inconcebible que un facha disfrazado de demócrata poida chegar tan alto. ¡Que deus nos colla confesados, isto si que é crisis, non económica se non de valores!
ARNEIRON
RE: MOAÑA SECUESTRADA POR ALBARIÑOS30-03-2009
Ó millor o que están buscando é unha confrontación entre veciños. Ter en conta que sempre que aparece merda eles salen gañando, teñen o ventilador máis grande. (La Cope, El Mundo, ABC, La Razón, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Intereconomía, etc, etc,etc,)
Así que, si en Moaña nos enfrentamos entre veciños, gañarán eles, porque iso é o que queren, que haxa guerra para tapar a merda que os inunda.

O Vello Rosmón
RE: MOAÑA SECUESTRADA POR ALBARIÑOS02-04-2009
Pues los 470 propietarios que no estamos de acuerdo con el cemento en Albariños deberíamos protestar ante los 30 que se manifiestan, a ver si se callan de una vez y dejan de hacer el trabajo sucio al promotor y al PP Tirán cada día está más "Roderizada" (No pretendo despreciar Rodeira es una zona preciosa, pero también me gusta la tranquilidad y la no masificación veraniega) es un horror y los vecinos se dejan, aquí ni Dios dice mu, la asociación de vecinos ni existe, dónde se meten?
A.Z
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados