Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
A MESA PRESIONARÁ O PP PARA QUE NON SE REBAIXE O GALEGO04-03-2009
A asociación pídelle a Núñez Feijóo que “deixe de mentir” respecto da política lingüística do País

Ante o anuncio do Partido Popular (PP) de que unha das súas primeiras medidas cando chegue á Xunta será derrogar o Decreto do galego, a Mesa pola Normalización Lingüística anunciou onte nun comunicado que "traballará incansablemente para que o PP non desmantele a protección xurídica do galego". A xuízo da organización, este desmantelamento suporía "un retroceso na calidade do ensino e tería gravísimas consecuencias para a convivencia e para o futuro do idioma propio do País".

Desde a Mesa subliñan que "tomar medidas contra o galego suporía crear unha fractura social" e reclámanlle ao PP que "non ceda á tentación das imposicións unilaterais". Así, solicitarán entrevistas cos novos responsables gobernamentais tras a toma de posesión, para achegarlles as súas visións e propostas.

Ademais de defender que se adopte unha postura "construtiva coa lingua e cultura do país, con diálogo coa comunidade educativa e coas outras forzas políticas", a Mesa pídelle ao Partido Popular que "deixe de mentir", porque, aínda que gañen os comicios, iso non fai que "a demagoxia e as falsidades se convertan en verdades".

Respecto diso, recordan que na educación se está aplicando unha lexislación negociada en 2007 "punto por punto co PP, idéntica á que o PP aprobou noutras comunidades autónomas como Baleares e baseada nun consenso parlamentar en Galicia do ano 2004 no que tamén entrou ou PP".

A Mesa advirte do risco de que Galicia se acabe convertendo na única comunidade do Estado con lingua propia que non goce de "ningún tipo de protección no sistema educativo".

Finalmente, a asociación recorda que o actual Decreto que pretende derrogar o PP foi apoiado polos sindicatos que representan un 90% do profesorado, ademais de por todas as organizacións estudantís actuantes, a confederación dos 125 centros católicos de Galicia e a federación pública de asociacións de nais e pais.

El hilo ha sido bloqueado por el administrador del foro. El mensaje no ha sido publicado en el apartado correcto, dado que no es una denuncia relativa a la comarca del Morrazo.
Se recuerda a los usuarios que para temas generales deben utilizar el foro.

En lo sucesivo, cualquier mensaje que no se ajuste a las normas será eliminado sin previo aviso.

MESTRE


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A MESA PRESIONARÁ O PP PARA QUE NON SE REBAIXE O GALEGO04-03-2009
Foi con Fraga,ou con Albor,cando naceu a idea de protexer nosa lingoa.Isto amosa o interese dos centralistas en capar nosa cultura.Losantos(eu si escoito o inimigo)o primeiro que exixiu dende a cope,non foi o paro,nin outro problema,seu empeño era que Feijoo,anulara o decreto.A paradoxa e que agora que se ameaza con capar a lingoa,hai dias que saiu a nova,que por fin abandoamos a lista da unesco de lingoas con perigo de desaparecer,visto está que voltaremos entrar na lista.O que me estrana,e onde está Galicia bilingüe cando se desprotexe a nosa lingua.En fin,Galicia de jaitiña,de marisco,de despensa,e cero de cultura,ese é o obxetivo de fondo,seguir por parte do nacionalismo castellano,coa teima de asimilar e anular todo que non sexa castizo.
lois
RE: A MESA PRESIONARÁ O PP PARA QUE NON SE REBAIXE O GALEGO04-03-2009
Ala ahora les toca a otros legislar.
Si antes con el 16% de los votos se creian legitimados a meternos el gallego por el culo, estos con mayoría absoluta nos lo pueden sacar, no crees mestre??
O que acaso tiñas pensado traballar nunha Galescola??
A joderse
RE: A MESA PRESIONARÁ O PP PARA QUE NON SE REBAIXE O GALEGO04-03-2009
falo contigo ajoderse,eres un miserable e ua rata que non mereses vivir en galiza.
A roxa loureiro
RE: A MESA PRESIONARÁ O PP PARA QUE NON SE REBAIXE O GALEGO04-03-2009
"a joderse",non sei si lees ben,a lei de normativización lingüistica,naceu do goberno do Pp.En canto o de meter o galego polo cú,soio dicirche que ata o cú,garantizaba seu ensino,e protección,o cú ten uha distancia fisica de cmts,pero a alma,nó ten fondo,e ata ahi e ata onde nos meten a lingoa de Castilla,por non falar do complexo secular que como a ti lle creou a moita xente,aquilo de falar galego e falar mal,e o idioma de castilla e falar ben.Nosa cultura está por riba de toda ideoloxia.E calquer intento de anulación ou castración terá cumprida resposta.Asi que non nos imos joder,porque os de Castilla non pudestes nunca anular nosa cultura,así que querido colono pro-cultura de castilla,loitaremos por defender a nosa.
lois
RE: A MESA PRESIONARÁ O PP PARA QUE NON SE REBAIXE O GALEGO04-03-2009
Penso que revogar o Decreto é un gran erro. Por moito que Feijoó o quiera facer vaise a atopar coa lexislación estatal, e que dende a lei de 2002 (epóca Aznar), ir contra esas cotas de calidade e protección nas comunidades con dúas linguas cooficiais non parece posible deixar semellante baleiro de protección.

E a Mesa sabe moi ben loitar nos tribunais.

Por outra banda xa que se di tanto que o Galego deste xeito é unha imposición, oxalá alguén tivese o tempo e a paciencia para recoller sinaturas, ou organizar concentracións, ou outro xeito de pedir (pacíficamente) que o Decreto NON se revogue.
Bóveda
RE: A MESA PRESIONARÁ O PP PARA QUE NON SE REBAIXE O GALEGO04-03-2009
Poden poñer o despido libre,poden facer mil estradas,baixar o paro,e convertir as pedras en pan,dame igual,pero si atentan contra nosa cultura,e o idioma,coma pilar máis importante que posue esta terra,ei loitar na rúa,sen pensalo,si tocan na alma de Galicia van atopar resistencia,con todalas consecuencias,todas.A miña fala non ma toca,e mangonea ningun partido,ningún,xa a falaba miña avoa,e non existia partido algun,defeito xa se falaba antes co castellano seculos hai,asi que defender a lingoa e obriga de todo galego sexa do partido que sexa,salvo os traidores que apoian súa anulación,ata fraga o entendeu cando montou esa lei.Asi que si tocades ahi,a paz de respeto pode mudar.aviso para os traidores e nacionalistas alleos,na cultura dun pobo non foza naide.
gadis
RE: A MESA PRESIONARÁ O PP PARA QUE NON SE REBAIXE O GALEGO04-03-2009
Nin decreto nin ostias, na Galiza so en galego, quen queira estudar en castelán que se vaia a España. A ver se os de Galicia Bilingüe piden elexir o idioma na universidade, que creo que so o 2% se da en galego.

O idioma é o símbolo mais importante da Galiza e non permitiremos nin unha sóa reducción da súa escasa regulación por todolos medios, e tódolos medios son todos.

Plantamoslle cara aos fascistas en Compostela como faremos como se reduzan as competencias do galego.

Si, si si, españois a Madrid. Como volva Beiras a ver se volve o EGPGC tamén.
galeg@
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados