Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
CIDADE DA CULTURA04-03-2009
Feijóo quere a ‘vella’ Cidade da Cultura
Feijóo prevé rescatar o proxecto da Cidade da Cultura nacido no goberno de Fraga e esixiralle a Zapatero que pague o 30% do custo das obras
REDACCIÓN . SANTIAGO

O polémico macrocomplexo que se constrúe na cima do monte Gaiás podería cambiar outra vez de rumbo. O próximo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, prevé retomar a folla de ruta inicial dun proxecto nacido no seo do goberno Fraga. A Cidade da Cultura (CdC) caeu como unha pataca quente en mans do bipartito. Paralizou as obras dos dous edificios menos avanzados e modificou os usos. Decidiu entón suprimir o Teatro da Música e no seu lugar habilitar un espazo bautizado como Escenario Obradoiro (auditorio para as artes, centro de exhibición de producións culturais, impulsor da experimentación, etc). O goberno saínte tamén bautizaría como Centro de Arte Internacional (CAI) o anteriormente denominado Edificio de Novas Tecnoloxías.

"O primeiro paso é facer unha análise. Descoñecemos absolutamente cal é a situación actual, que compromisos teñen adquiridos coas empresas, como están os contidos e os proxectos...", explicaba onte o portavoz de Cultura do Grupo Popular no Parlamento, Ignacio López-Chaves. "Non queremos volver paralizar as obras", puntualiza. O deputado, que concorreu como número cinco por Pontevedra e repetirá acta, prefire non concretar prazos porque, segundo di, o PP descoñece o grao de execución actual do conxunto.

Alude, con todo, ás propostas electorais do seu partido con respecto á CdC. De cumprir o programa, unha das primeiras medidas do próximo presidente da Xunta sería a supresión do Escenario Obradoiro e a recuperación do antigo Teatro da Música. Iniciativa suxeita, iso si, ás necesidades orzamentarias.

O futuro goberno de Núñez Feijóo quere contar tamén cunha maior implicación de Madrid no Gaiás. Os populares esixiranlle diñeiro ó Executivo central para sufragar as obras, "unha porcentaxe non inferior ó 30% do seu custo". Pero o compromiso, en opinión do PP, debe ir máis aló. Do mesmo xeito que sucede coas tempadas líricas de Oviedo, do Liceo de Barcelona, ou da Cidade das Artes e as Ciencias de Valencia, instará o Ministerio de Cultura para financiar a programación de ópera no Teatro da Música. Así mesmo, tal e como reflectía o seu programa, Feijóo espera afianzar a presenza de unidades de produción propia dependentes do mencionado ministerio, é dicir, as compañía nacionais de Danza e Teatro Clásico, a Nova Orquestra e ata lograr que algún grupo estableza a súa residencia no Gaiás.

El hilo ha sido bloqueado por el administrador del foro. El mensaje no ha sido publicado en el apartado correcto, dado que no es una denuncia relativa a la comarca del Morrazo.
Se recuerda a los usuarios que para temas generales deben utilizar el foro.

En lo sucesivo, cualquier mensaje que no se ajuste a las normas será eliminado sin previo aviso.

NOVAS


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados