Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://new.sintludgardismerksem.be/
Indispensables
Donde ...
Guia
PRIMEROS PASOS04-03-2009
O PP retomará a planta de Pescanova en cabo Touriñán
Carlos Negreira explica que se eliminarían os proxectos de Merexo, Seiruga e Camelle, que foran rexeitados polos veciños
J. TRILLO . CEE
Goberno novo, proxectos novos. Os cambios que para Galicia traerá consigo a volta do Partido Popular á fronte da Xunta, incidirán tamén, e de forma considerable, nas accións a desenvolver no ámbito da Costa da Morte. O presidente provincial do PP coruñés, Carlos Negreira, confirmoulle onte a este xornal que, nada máis acceder ó Executivo autonómico, será modificado o plan de tecnoloxía alimentaria, "co fin de facilitar a creación de plantas mariñas no noso litoral, que contribúan a xerar postos de traballo e, con iso, riqueza".

Segundo palabras de Negreira Souto, as variacións do plan acuícola serán moi significativas para a Costa da Morte. Neste sentido, asegurou que se retomará "xa" o proxecto que Pescanova tiña previsto para Touriñán.

Tras reiterar o "grave erro" que supuxo a postura do bipartito de impedir o desenvolvemento desta actuación, o dirixente popular sinalou que "temos que sentar de inmediato coa multinacional que preside Fernández de Sousa para volver falar do asunto".

Carlos Negreira lamenta que o grupo, líder no sector, se vise obrigado a ter que optar por Portugal para levar a cabo a súa fase de expansión, situando unha planta en Mira. Confía en que esta aposta polo país veciño, xunto co mal momento económico, non sexan na actualidade un inconveniente para acometer o proxecto de cabo Touriñán.

Desde un principio, Pescanova falou de construír nese punto da costa muxiá a maior planta de rodaballo do mundo. As instalacións, cuxo investimento era da orde de 40 millóns de euros, xerarían un total de 450 postos de traballo. A empresa comprometeuse a levar a cabo un tipo de construción na granxa mariña que causase o mínimo impacto visual e ambiental posible.

Carlos Negreira confirmou igualmente que a revisión do plan acuícola levará consigo a eliminación dos proxectos de Merexo, Seiruga e Camelle, que foran rexeitados polos veciños.

El hilo ha sido bloqueado por el administrador del foro. El mensaje no ha sido publicado en el apartado correcto, dado que no es una denuncia relativa a la comarca del Morrazo.
Se recuerda a los usuarios que para temas generales deben utilizar el foro.

En lo sucesivo, cualquier mensaje que no se ajuste a las normas será eliminado sin previo aviso.

IMOS INDO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PRIMEROS PASOS04-03-2009
Ainda non chegaron a xunta e xa estan desfasendo todo,non me estraña pois a empresa en cuestion emprega as mesmas formas que o pp,lobos e cans.......
Ocan
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados