Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
click to read more
Indispensables
Donde ...
Guia
OPINIóN SOBRE AS OPINIóNS DO FARO DE VIGO04-03-2009
Leo hoxe no Faro a declaración de algúns personaxes da comarca sobre as pasadas eleccións, e unha maneira de que a xente saque a caroza e que todos os miren tal e como son. É bo tamén que esto pase, para que os políticos locais abran os ollos dunha vez e sepan quen teñen en fronte.

Das catorce persoas que saen opinando no Faro, vou a subliñar algunha porque me parecen moi clarificadoras:
-Comparto plenamente a opinión de Ezequiel Fervenza, ogallá aprendan e actuen en consecuencia, aínda que algúns xa están tardando.
-"Non estábamos mal pero todo se pode mellorar", di a presidenta de Nais e Pais de Moaña, que teño que dicir que non sabía da existencia deste colectivo. Pero tamén todo pode empeorar, ou non señora?
-Despois están os dous señores da Asociación de Afectados de Costas, que agardan que o PP libere casas e terreos, para iso fixeron o traballo sucio como delincuentes e plena campaña electoral, verdadeiros hooligans, que foron incapaces de manifestarse en ningún mitin do PP, sabendo que estes durante 20 anos nos gobernos, non quixeron arranxar o problema de Costas.¡Verdadeiros inútiles!
-O sr. Luís Guimeráns, presidente de Promotores e Empresarios da Construcción, di que o PP vai ser la hostia, e a partir da próxima semana acábase o paro na construcción, cando menos na nosa comarca. A súa explicación é bastante pobre e falta de miras, pois non pensa que as persoas non teñen un duro para mercar un piso, e no Morrazo hai máis de 4.000 vivendas sen vender, pero claro, cando se mama no PP todo vale. Por certo, teño dúbidas si este home non é tamén o do Alondras, o que mandou aos rapaces a xogar ao fútbol diante do concello de Cangas en plena campaña electoral, claro, todo son favores.
-Por último vou referirme a unha mariscadora xubilada. Mira que hai mariscadoras, pero tiña que ser esta, Alicia, "peor que estes catro anos non vamos a estar, veña quen veña", acaso esta muller non sabe que ven o PP, que gañaron os dela. Que mal o pasou estes anos, que a xubilaron, pero non se preocupe que xa están os seus e volverá a ser "La Gran Alicia" a de toda a vida. Síntono por algúns do Bloque que pensaba que Alicia era simpatizante, que inxénuos, peor o deberon pasar os bloqueiros de Meira. Agora señora Alicia xa están os seus amigos, póñase tranquila, colla o látigo que todo volverá a ser coma antes.
Das outras persoas, non digo nada, pois paréceme normal as súas respostas no Faro.
O tirano


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: OPINIóN SOBRE AS OPINIóNS DO FARO DE VIGO04-03-2009
Sinto ter que contradicirche "tirano mío" pero podo asegurar e aseguro que "Alissia" e simpatizante do Bloque, pero tamén e certo que se arrima o sol que mais quenta. Esta xubilada, pero non arría, hai moitos intereses polo medio, ten que protexer a familia, unha das fillas fai que fai, pero en realidade non fai nada, pero cobra todo-los meses, e dísque e Secretaria dunha asociación que non existe con un Presidente de mariscadores que non e tal. Xa sabes (por el mar corren las liebres por el monte las sardinas)
Espero que non conte con ser conselleira da pesca, porque si e así, eu escacho.
JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA.
PD/ A conselleira en funcións puido emplumala ben emplumada, e non o fixo ¿porque será?
EL CAMPESINO
RE: OPINIóN SOBRE AS OPINIóNS DO FARO DE VIGO04-03-2009
"Descojonome" cos vosos comentarios, a verdadera que tirano e campesino son dous foreiros cos que sempre me gusta atopar no foro e hoxe rin moito cos vosos comentarios. Quero facer un comentario sobre dous dos "persoaxes" que están opinando hoxe moi contentos no faro: os relacionados cos temas de costas e o da señora Alissia caudilla de Moaña, fagoo así porque coñezo algo de estes temas e non dos outros que opinaron. Estou dacordo plenamente co Tirano, eu son familia de afectados por costas e caeume a cara cando vin a campaña pro PP que se fixo desde está asociación. Está claro que había que protestarlle á señora Caride, a ministra e a Touriño, pero como ben dice o Tirano, a xente do PP tivo 16 anos para arranxar isto e calron coma raposos para aparecer agora en campaña a prometer cousas que espero polo ben da miña familia que cumplan (pero o dubido). Con respecto a Alissia, quen sabe de que partido é????? a saber, Lopez Veiga, Carmen Gallego o BNG....creo que como ben dí campesino, é do sol que máis quenta e de quen lle permita seguir vivindo e enchufando á conta das parvas das mariscadoras de Moaña. Creo que tiña unha inquina persoal contra de Carmen Gallego, pero como ben dis campesino, esta foi unha incapaz ó non poder botala e fora. En canto ó demais, oxala polo ben de Galiza todo vaia a mellor, pero que non saquen tanto peito por que a política como a economía, son cíclicas e unhas veces gañan uns e outras outros, e en todas partes hai imbeciles e útiles, i eso é inevitable.
MoañeS.A
RE: OPINIóN SOBRE AS OPINIóNS DO FARO DE VIGO04-03-2009
Non leín o Faro, pero dende logo a esta Alicia non a botan nin con auga quente, non sei si pertence a algun grupo político, pero o que si ben e certo que está rodeada de cacicas y con bos comportamentos dictatoriais.
hai que manter a fillas e consogras a aínda que non sirvan nin pa rascala
Maruchi
RE: OPINIóN SOBRE AS OPINIóNS DO FARO DE VIGO05-03-2009
seica os do bloque non teñen gañas de dimitir nin facer nada , calan e que todo siga igual. As fotos amosan a fasiana dos cuatreros pero estan todos desaparesidos ,chamar a lobaton, que foi de paquiño,anxiño,genuchiño,bieito,anena de xeixo,etc etc etc .
O can
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados