Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
click to read more
Indispensables
Donde ...
Guia
ONDE ESTAN? QUE NON SE VEN28-11-2008
Publicaba hai uns dias o Faro, que nunha granxa escola de Fornelos de Montes,chamada "el kiriko",que o comité de empresa informaba que a dirección da granxa-escola,prohibía os empregados falar en galego nas instalacións na xornada laboral.Tamén en cartas o director da Voz de Galicia destes ultimos días,unha funcionaria,relata coma a raiz dun roubo,o presentarse a policía nacional,un deles o ver que os presentes relatan a denuncia en galego,lles pide que lle falen en castelán,resultando o final que o poli é de Galicia de sempre,pero como se relata,négase a empregar e que lle empreguen nosa língua.Eu me pregunto,onde está Galicia Bilingüe loitando polas imposicións?nada,ningún comentario en ningures sobor destes dous casos,imaxenadevos que fose o revés,que se prohibise o castelán nunha empresa ou que un policia local,exixira a un denunciante que lle falara galego,meu deus, imaxinadevos a cantidade de merda que verquerían por riba dos que eles nos chaman separatistas e bla bla bla.Non me colle de sorpresa o de Galicia Bilingüe, fai tempo que se lle ven os complexos sobor do noso idioma.Hai medo,dende que o nacionalismo galego co-goberna, e raspa o goberno de Galicia,os centralistas,a dereita,galegos acomplexados e demais poderes mediáticos estan a facer todo o posible para frear o avance deste pobo no seu autogoberno.Teñen medo que seus nenos falen o idioma de seus abós e mesmo dos seus pais,seguen crendo que falar galego e malo e que falar castelán e bó.Miden as capacidades intelectuais,e profesionais polo idioma,cando a capacidade dunha persoa non se mide por como fala,se non polo que sabe,o que fai e o que di.Seguimos ollando con certa sumisión como estes dous casos expostos en menos dunha semana,sonche cousas que pasan, pero si a Xunta tenta fomentar ou protexer nosa língua,entón estan impoñendo,onde imos parar etc.Serven estes casos para ver a outra cara da moeda,e deixar en evidencia os bilingüistas,e os famosos "tan gallego o más que tu".Usaron a violencia secular,usaron a dictadura,agora usan a difamación e intolerancia,e inda se permiten o luxo de impoñercho no choio ou diante dunha denuncia.O que ataque,ou aldraxe nosa língoa non merece pisar esta Terra.Logo dirán que somos os que impoñemos,e os radicais,pois ahi tedes dous exemplos de imposición e de radicalismo castelán,levado a cabo por galegos acomplexados,que creen aínda que España soio é Castela e seu idioma o único que debe existir.
lois


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ONDE ESTAN? QUE NON SE VEN28-11-2008
Esto é vergonzoso. Hoxe xulgan en Vigo a 3 persoas por facer este filme sobre a defensa do galego:

http://blip.tv/file/912060/

Denunciado por GaliciaBilingüe. Nem liberdade de expresom imos ter.
Um
RE: ONDE ESTAN? QUE NON SE VEN28-11-2008
Menudos pastel de carne estais hechos / Miudos empanaos estades feitos. Dejarnos en paz con el bilinguismo o no. Que no sabeis en que perder el tiempo/ que non sabedes en que perder o tempo/ that you do not know how to spend your time.
empanada de zamburiñas
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados