Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://sunvalley-idaho.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
PARQUE EMPRESARIAL E INDUSTRIAL DO MORRAZO22-11-2008
Haz click para ampliar
MANIFESTO COLECTIVOS DO MORRAZO SOBRE O PROXECTO SECTORIAL DO PARQUE EMPRESARIAL E INDUSTRIAL DO MORRAZO (PEIM)

O pasado sábado, 15 de novembro, reuníronse en Bueu diferentes colectivos ecoloxistas do Morrazo coa fin de analizar os efectos sobre esta comarca do Proxecto Sectorial do Parque Empresarial e Industrial do Morrazo (PEIM), do cal, o Informe de Sustentabilidade Ambiental (ISA) atópase actualmente en exposición pública dentro do proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE). Chegándose as seguintes conclusións:

As consecuencias deste proxecto sobre o medio ambiente van ser catastróficas, xa que un proxecto de tal envergadura (1,5 millóns de m2) significa explanar unha superficie equivalente a 150 campos de fútbol, na súa maior parte constituída por montes de pendentes pronunciadas (Borrallido, Campelo, etc.) que forman parte da característica paisaxe desta comarca e da ría de Aldán. Tales efectos son recoñecidos no propio ISA que cualifica como negativos os efectos sobre a paisaxe, a natureza, a enerxía e a atmosfera.

O que non recoñece o ISA son os graves efectos que pode carrexar este proxecto sobre a hidroloxía e as augas residuais, os recursos mariños, o turismo, o patrimonio, etc.

Ainda que no documento se propón a instalación dunha EDAR, o río Mosedo, no que se proxecta o vertido de augas residuais do parque, este desemboca directamente nun espazo protexido como é o LIC de Cabo Udra (Rede Natura 2000). Por outra banda, río Orxás tamén recollerá as augas do Parque que iran parar a cabeceira da Ría de Aldán. O mesmo tempo, o aumento de superficie impermeable podería aumentar tamén considerablemente o risco de inundacións nas concas circundantes.

Os enormes desterros e movementos de terra necesarios para realizar un proxecto de tal magnitude afectarán gravemente as concas hidrolóxicas do Orxás e o Mosedo, afectando tamén o río Bispo, provocando que estes arrastraran lodos e lixiviados durante anos, e poñendo en grave risco os recursos pesqueiros e marisqueiros, sobre todo na Ría de Aldán pero tamén en Bueu.

Tampouco se recolle no ISA as consecuencias negativas que vai ter este proxecto para o sector do turismo, xa que a grave degradación paisaxística, ocasionada polos cortes de montes, desterros, etc., traerá consigo unha merma do atractivo turístico da comarca. Ademais dos serios problemas que poidan ocasionar nas praias os vertidos que carrexen os ríos.

O efecto sobre o patrimonio sería importante, obviándose a área de cautela do xacemento catalogado do Borrallido e incluíndo no parque como zona verde o de O Curral. Sendo esta unha zona pedregosa de difícil acceso e moi dubidoso valor como zona verde, a súa inclusión no Parque non ten sentido ningún, xa que queda fora do ámbito do mesmo (o outro lado da Vía Rápida)

En canto a mobilidade, este macroparque industrial é unha das principais motivacións para que a vía rápida do Morrazo se desdobre en autovía, como xa foi integrado e exposto no Plan Vigo Íntegra. Isto provocaría máis impacto no territorio, promovería utilización do vehículo privado e do transporte pesado e polo tanto máis contaminación hídrica, acústica e atmosférica e non arranxaría os problemas de tráfico senón que polo contrario os agravaría, ó non poder absorber as estradas comarcais o esaxerado crecemento do parque motorizado. Un parque das dimensións deste precisaría de comunicación ferroviaria, moito máis económica e sustentable.

Tampouco se realizou un análise da demanda que xustifique unha superficie tan enorme de solo industrial para a comarca do Morrazo. De feito, como xustificación do proxecto argumentase a necesidade de expansión do tecido industrial de Vigo. Argumento que nos parece vergonzoso xa que o Morrazo e unha comarca con entidade propia que en ningún caso pode actuar como lugar de expansión de terreo industrial barato para Vigo. Neste senso botase en falla a creación dun Plan Director de Parques Industriais e Empresariais por parte da Xunta de Galicia que racionalice este tipo de actuacións.

Tampouco se explica qué tipo de industrias ou dependencias se van instalar neste macroparque, podéndose dar o caso de que boa parte del quede baleiro ou simplemente ocupado por almacéns ou infraestruturas (depósitos de coches, containers ou materiais de construción) que apenas crean emprego e nada teñen que ver coa tradición industrial do Morrazo, sempre ligada o mar.

Tampouco existe ningunha garantía de que as industrias ou empresas que se asenten neste polígono vaian a empregar xente do Morrazo, máis ben todo o contrario, xa que a maioría delas trasladaranse coas súas propias plantillas de persoal.

Así mesmo o feito de que se estea a “repartir” a ocupación destas parcelas a determinadas empresas parécenos moi pouco serio, dado que o proxecto aínda está en pleno proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica, e podería sufrir serias transformacións ou mesmo ser desaprobado polas consellerías de Medio Ambiente ou de Política Territorial. Ademais hai que lembrar que existe tamén unha reclamación xudicial presentada por unha comisión de veciños de Aldán que entende que gran parte dos terreos son de propiedade comunal.

Hai que lembrar tamén que existe o risco que os térrenos se utilicen para a especulación industrial, e logo queden baleiros durante anos. Como xa esta ocurrindo noutros Parques da provincia onde determinadas empresas mercan os terreos para logo revendelos a un prezo moito maior.

Tamén resulta incomprensible a escasa ou nula sensibilidade ambiental dos gobernos locais de Bueu e Cangas e da propia Xunta de Galicia ante esta desfeita paisaxística e medioambiental. Cando por outra banda non fan mais que falar de desenvolvemento sostible e respecto ó medio ambiente. Neste senso, este macropoxecto incumpre totalmente o espírito da Lei da Paisaxe aprobada este mesmo ano polo goberno autonómico,


Por último, e ainda que poida semellar o contrario, os colectivos abaixo asinantes non están en contra dunha ampliación do solo industrial da comarca do Morrazo, cando máis neste tempo de crise económica, pero sempre que se faga de xeito moderado, racional e sostible, respectando o medio ambiente, e dando prioridade as empresas da nosa comarca para crear empregos na mesma. Nunca a través de macroproxectos insostibles como este que só buscan expandir o tecido industrial de Vigo sacrificando as comarcas do entorno que gozan duns valores propios baseados na correcta utilización da natureza e no respecto ó medio ambiente.

Nota: A marxe deste manifesto conxunto que será entregado por rexistro nos respectivos Concellos do Morrazo, cada colectivo realizará as súas propias alegacións ó ISA que agora se atopa en exposición pública.

Colectivos participantes:Anduxía, Foro Social de Cangas, Colectivo Nacionalista de Marín,
Luita Verde, Natura Céltiga


Bueu, 21 de novembro de 2008
foro social Cangas


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PARQUE EMPRESARIAL E INDUSTRIAL DO MORRAZO22-11-2008
xa estan os salvadores promulgando o desenrolo a sua maneira, - o de non facer nada de nada-.
Por certo coa que esta caindo e ainda tendes ovos a por problemas para desenrolar esa zona como industrial.

A Conselleira de Vivenda , sabe o que fai, e o unico que busca e darlle o Morrazo unha oportunidade de ouro que debemos aproveitar.
Boas Novas Galiza
RE: PARQUE EMPRESARIAL E INDUSTRIAL DO MORRAZO22-11-2008
Eu tamén estou da cordo co manifestantes, pero iso non é a solución amigos meus, a solución pasa por facer cousas que son necesarias para o noso desenrolo comarcal, iso si, buscando facer o menos dano posible, agora dicir que non, xa me parece un pouco mais serio. Eu tampouco quero as antenas dos móbiles que fan moito dano, pero sen embargo penso que as ten que haber.
Isto seria un debate de nunca acabar.

Candelaria
RE: PARQUE EMPRESARIAL E INDUSTRIAL DO MORRAZO22-11-2008
"Boas novas Galicia" realmente leiches o manifesto? Porque amigo, no documento indicase o seguinte: "...os colectivos abaixo asinantes non están en contra dunha ampliación do solo industrial da comarca do Morrazo, cando máis neste tempo de crise económica, pero sempre que se faga de xeito moderado, racional e sostible, respectando o medio ambiente, e dando prioridade as empresas da nosa comarca para crear empregos na mesma."

As veces penso que os partidos políticos desta comarca teñen vocais internautas dispostos a reventar calqueira voz discordante.

Un saúdo.

Aquila
RE: PARQUE EMPRESARIAL E INDUSTRIAL DO MORRAZO23-11-2008
Claro que lein o manifesto, pero todos somos sabedores de que para que haxa inversions, e neste caso sumamente importantes, ten que haber certos danos colaterais, e iso e o que vos non estades dispostos a facer, a realidade e que non perdamos esa oportunidade e Taboas e a sua equipa , saben moi ben o que van facer.
Boas Novas Galiza
RE: PARQUE EMPRESARIAL E INDUSTRIAL DO MORRAZO23-11-2008
BNG (Boas Novas Galiza), non utilices eufemismos para referirte a destrución do territorio, "danos colaterais", amigo existen persoas, bens e outros seres vivos afectados pola obra. O interesante e facer as cousiñas con sentido, e facelas ben. Algúns exemplos:

Se Quintana se senta a negociar cun dos supostos propietarios (Juan Lago, lembrarte que existe proceso xudicial pola titularidade dos terreos) para chegar a un "acordo" no prezo do seu terreo, que o faga con TODOS os propietarios, ou vaise expropiar o resto da xente.

Se existen colectivos que poden mellorar o proxecto coas súas propostas, porque non escoitalos? Todo o que sexa sumar é positivo.

E por último, non todo vale por un posto de traballo...

Un saúdo.
Aquila
RE: PARQUE EMPRESARIAL E INDUSTRIAL DO MORRAZO23-11-2008
Totalmente dacordo con Aquila e olliño con confundir "desarrollo" con "desarrollismo". A labor destas asociacións é precisamente a de aporta-las súas ideas e facer ve-los impactos reais das accións. É esta unha tarefa absolutamente necesaria. Se non fose por eles, moitas veces, a de barbaridades que se terían feito, non é?
Zutabe
RE: PARQUE EMPRESARIAL E INDUSTRIAL DO MORRAZO23-11-2008
Zutabe! benvidas a ghueb, botámosvos en falta.
apertas pelexas
PLXF
RE: PARQUE EMPRESARIAL E INDUSTRIAL DO MORRAZO24-11-2008
Estas opinións críticas pretenden parar o progreso en momentos nos que a crise ameaza con deixar ao Morrazo sen traballo. Que máis dá un monte mais ou menos? Ou que se vaia ao carallo o marisco de Aldán? Se vai a Ons a collelo e xa está!
Confiade en Quintana e a súa equipa. Aínda que Lopez Peña, o anterior xerente de Zona Franca acusara de fraude ao seu antecesor por mercarlle estes terreos a Promalar e declarara que era absolutamente antieconómico facer unha zona industrial nunha zona pedregosa coma esta, Quintana e a súa equipa teñen moi ben estudado xa o tema, hai que confiar neles, é unha oportunidasde de ouro, e pode fuxir, hai que confiar neles, é unha oportunidasde de ouro, e pode fuxir, hai que confiar neles, é unha oportunidasde de ouro, e pode fuxir, hai que confiar neles, é unha oportunidasde de ouro, e pode fuxir, hai que confiar neles, é unha oportunidasde de ouro, e pode fuxir, hai que confiar neles, é unha oportunidasde de ouro, e pode fuxir
oli
RE: PARQUE EMPRESARIAL E INDUSTRIAL DO MORRAZO28-11-2008
Boas pelexas!. Estabamos de crise existencial... jeje. Un saudo!
Zutabe
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados