Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
click to read more
Indispensables
Donde ...
Guia
FRACO FAVOR19-11-2008
Eu penso, que a maioría dos que votaron PSOE, non están da cordo coas cabuxadas do Sr: Otero, de non asistir as reunións do goberno dos martes. Él, senón o sabe esta obrigado a asistir, para iso o votaron os cidadáns, é o mesmo tempo é portavoz do seu grupo, se non quere ser, que deixe o mando a os seus compañeiros, que de seguro que non terán tantos problemas. Eu, non sei que fan os seus compañeiros da executiva local do PSOE, e tamén os Provinciais, por certo.
Despois de todo


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: FRACO FAVOR19-11-2008
haber, se non o sabe o sr este que escribe, que por certo non se entera de nada, pero enmerdar si que se da moi ben.
En que papel esta escrito que o PSOE ten que acudir obrigatoriamente a esas - reunions-? Que se sepa, o sr Otero e os demais compañeiras, e compañeiros teñen a obriga de asistir os mercores as xuntas de goberno, comisions informativas e os plenos¡¡¡
Ese tipo de reunións se pactaron, e o digo de boa tinta, para unha maior comunicacion entre os socios de goberno, que para que ti o sepas, nin aparecen nese mal chamado PACTO, polo tanto de obriga amijiño , NADA DE NADA¡¡
Polo tanto en vez de vir aqui a enmerdar e a por a parir a xente, sin ter nin puta idea do que si di e o mais doado. Eu como votante do psoe alegrome que o psoe este a facer as cousas como as esta a facer, e non sei que carallo tera que ver aqui a Executiva, o provincial, dame o corpo amijiño que o de enmerdar daseche fenomeno, pero a verdade flota enriba da merda.
Sandra Pereira
RE: FRACO FAVOR19-11-2008
Ben contestado, as reunións famosas dos martes, reuniones que se propuseron dende todalas forzas politicas, tiñan o obxetivo de repasar as actividades e novas dentro do seo do goberno, pero en ningun caso son de obriga asistencia, nin por ter teñen un orde - que se sepa, nin se levanta un acta-, se fose asi, como cangues exiso que se fagan publicas¡¡¡
Ollo co que se escribe, porque moitas veces escribense cousas sen ningun tipo de argumentación.
OBSERVADOR
RE: FRACO FAVOR20-11-2008
As reunións dos martes son un estupendo xeito de perder o tempo. O grupo socialista decidiu en maio deixar de perdelo. Clara Millán pon cara de boa nena e di que se teñen que falar algo os socialistas que volvan ás reunións do martes e alí vaise a aclarar todo o asunto. O que non di a mentireira Clara Millán é que os socialistas estiveron aguantando ata maio todo o que puideron, e as intromisións, os desprezos e os boicots seguiron contra os socialistas. Xa se viron as boas instencións de Clara cando onte intentou unha reunión coa policia local e soamente invitou a Maruchi que tivo un pouquiño de cordura e non foi. Por certo foron á reunión dúas e o gato.
Torrijas
RE: FRACO FAVOR20-11-2008
Vexo que Héctor ten ben mobilizados a catro gatos do PSOE (e un tambor) para defendelo sempre nesta páxina. O problema é que hai cousas indefendibles: Onde se viu un Goberno que non se reúna para coordinarse e falar as cousas? As Xuntas de Goberno son para votar e decidir, non para debater politicamente, e menos diante da Secretaria e o Interventor, que están presentes.
Ademais, estes que son, especiais? Se ás xuntas dos martes van os do Bloque e os de Ace, por que os do Psoe non? Non teñen nada que dicir? Non teñen nada que defender?...
Ao mellor é máis doado falar diante do Faro (por certo, cometendo unha infracción cunha silla no medio dunha "isleta") ou do Atlántico (amiguete de sempre do PP e agora do PSOE... por que será?) que diante dos seus compañeiros e socios de Goberno.
Se alguén se animase a montar unha academia de "preparación política", con estes do psoe facíase de ouro... Se se animasen a ir, claro, que xa se sabe que canto máis ignorantes máis atrevidos...
Antes de querer gobernar, haise que preparar!
UN EX-PSOE
RE: FRACO FAVOR20-11-2008
EX-PSOE déixaos falar ou comentar neste foro porque é onde sempre teñen sempre a razón, de vergoña dicir que non teñen que asistir as reunións do goberno. Non vos preocupedes seguir facendo o que vos pete xa vos pasaran factura.
Despois de todo
RE: FRACO FAVOR21-11-2008
A verdade que aqui decir dinse mil boberias, pero das boas, que carallo de reunions teñen en vigo o bipartito? Que carallo de se celebran en Pontevedra? Que carallo de reunions celebran TOURI e QUIN? NINGUNHA¡¡¡
Polo tanto, non sei a conto de que se di babosadas , con argumentos peregrinos, de -academias, ect... - o decian nun destes escritos - o importante e enmerdar, que sempre queda algo, pero a realidade e que aqui existe unha alcaldesa, posta polo PSOE, que aprobou os presupostos gracias o PSOE - cabe recordar a espantada dun tal MANITO- , etc... esa e quen debe velar pola union dentro do equipo de goberno, deixando de inmiscuirse nas demais areas, que bastantes teñen, por certo agora 2 mais , a que deixou Begoña Santaclara, e a de Trafico que visto o visto , ela manda e ordena.
O problema non e o PSOE, que xa puso na poltrona a C.Millan, con todo o poder o seu antoxo, o problema e ela, a mesma que chamaba -voxpopuli- terrorista a Abalo, e ninguneou a un - pipiolo- que non se debe de esquecer que quedou a so 21 votos de empatar en escanos, esa arrogancia, e chuleria e o problema, a mesma que vai de legalista e permite que certa concelleira - preste servizos- cobrando por eles - cando e de sobra coñecido que non esta permitido-... Esa e a realidade, que no BNG son xentes e xestores perfectos, o resto son comparsas que so molestan .
Por ultimo, o tempo amigo pora a cada quen no seu sitio, pero so o pobo de Cangas sera quen de decidir, non as tuas gañas¡¡
un ex BNGUAY
RE: FRACO FAVOR21-11-2008
Ex-beneguay: Iso de ex non cho cre ninguén. Por que non firmas como militante do Psoe, que seguro que o es? Dáche vergoña?
Que outros doutros gobernos non se reúnan a min non me importa.. Mal de moitos, consolo de... Pero eu quero que os que Gobernan o meu pobo falen e se coordinen entre eles, polo noso ben. Ti que é o queres, que volva o PP? Se lle dan un "chollito ao teu xefe", como agora, seguro que che daba o mesmo. A min, desde logo, non.
E se "Manito" tivo problemas coa Alcaldesa vese ben que souberon solucionalos internamente (que é como hai que facelo) porque dende logo nótase claramente que os de Ace non saen a defendervos senón que son coherentes co mandado que recibiron dos seus votantes: Gobernar, levando o seu programa o máis adiante posible, e non dar espectáculos!
Falade co Pazos e que vos monte unha función de circo o Auditorio. Ao mellor ese é o anhelo frustrado de Maise, Héctor e demais ralea que os apioa: Montar unha zarzuela e cantar, cantar, cantar... Cantantes!
EX-PSOE
RE: FRACO FAVOR21-11-2008
Sege que co descrito e argumentos tan pobres como os que expos, fan que escribas boberias, unha tras outra. Se analizas a situación e moi sinxela, unha sra - alcaldesa de Cangas, logra 6 escanos, amitade de ano, perde unha concelleira polo que todos sabemos, - el aqui mando y ordeno, por encima das persoas- , situación 5 escanos-. Dis que queres un goberno que goberne, pois moi ben, eu tamen, pero un goberno no que as ideas dispares sexan respetadas, porque neste caso amigo do BNG a maioria, non a tendes, a realidade e teimuda¡¡ O goberno de Cangas o compoñen 3, e dende o principio do mandato esta señora, - e a que manda e ordena- pasandose polo forro todo o resto do seu equipo, somentes coa complicidade . a sabendas de pagarlle todalas axudas aos -rias de salvapatatrias deste pobo....-
Falas e calumnias, vilemnte dicindo non sei que do teu lider, dun chollo... que merda de chollo nin hostias, se todos sabemos de onde sale ese chaval, de vender coches amijiño, non de taconearse polo pueblo e vivir do medico¡¡ Esa e a gran diferencia amijo¡¡
Coherencia co mandato do pueblo, jajajaj si señor, e moi coherente disparar a plantilla de funcionarios, e ter mais plantilla hoxe no concello, que fai un ano e medio, e coherente despilfarrar cartos en despidos a diestro e siniestro, iso e coherencia¡¡¡ E coherencia prometer un PXOM que ia ser para o mes de febreiro deste ano e ainda non foi prensentado¡¡¡¡ Menuda Coherencia e a que proclamas¡¡¡ Por certo, e coherecia bacion dos non asistir o pleno da aprobación dos presupostos, como fixo o sr Mariano¡¡ VIVA A COHERENCIA¡¡¡
Sinceramente amijiño, dame pena ver o todo vale por chupar poltrona, e mesmo critico o PSOE por seguir este xogo, pero a realidade e que a patrona de todo isto, demostra dia a dia, que non e quen de merecer o posto na que che guste ou non, o exvendedor de coches, o -inutil - do Hector como nos vosos foros lle chamades a puso hai. Iso si que e coherencia, che guste ou non, o pa teatro, so hai que pasearse un dia pola mañan para ver a SRA ABADESA cunha sorisa de orella a orella e co mancontro na orella, iso non e propiamente teatro iso e farsa¡¡
Como ben dis ti... ladrar, ladrar, que eles cabalgan¡¡
observador
RE: FRACO FAVOR22-11-2008
A pena e que non toparades con Encarnita Glamour Santos, porque se fora ela, habiades gobernar polo carallo¡¡ A pena e que Encarnita nunca deu mais de si.....
Moraleja....
mora-leja
RE: FRACO FAVOR23-11-2008
Como que encarnita non da máis de sí, ¿probaches a estirala?
estirador
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados