Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
FERVI FAI O RIDICULO POR ENÉSIMA VEZ13-11-2008
Que fixemos tan malo en Moaña para que nos toquen os políticos que nos tocan??? O caso que vos conto hoxe foi o ridiculo espantoso do noso deputado o sr Fervenza no Parlamento galego onte pola mañán. Poñovos en antecedentes foreiros moañeses:
-O caso do polémico deslinde de costas xa o coñecedes de sobra e sabedes que hai moitos veciños que poden ser expropiados por unha lei inxusta que non diferencia entre quen fixo unha propiedade ilegal na beira do mar e quen fixo unha vivenda con toda legalidade. O caso é que o PP viu nisto un río revolto no cal pescar, pero saiulle mal a tirada porque o que foi falar ó Parlamento en nome de Moaña foi o irrepetible do Fervi (diorr mío quen o deixaría ir!!!!!)
Total que a semán pasada viu Núñez Feijoo a Moaña a falar cos afectados e invitou ós veciños que quixesen ir a ver a intervención parlamentaria sobre o deslinde. Vaia chouuuu nin o Luar oess. Polo visto o tipo foi de salvador dos moañeses e quedou como o cú: falta de datos (os parlamentarios do bng e psoe sabían máis do tema ca el), mentiras (o número de afectados non é o que baralla fervi), incoherencias (o PP cando pudo facer algo non o fixo no pasado e ven agora de salvador), e casi lle tira a Villarino das orellas por falar no parlamento galego coma se estivese no Posito de Moaña referíndose ó sr. José Blanco coma "Pepiño" jajaja, este Fervi é un cachondo.
En fin...que si ledes hoxe o faro, nin puto caso ó que pon, sae algún veciño dicindo que os parlamentarios do bng e psoe re riran dos veciños de Moaña afectados, e a verdade e que se riron do Fervi e da súa inconpetencia coma deputado. Xa sei que os políticos se rín de nos, pero todos pp psoe bng, a mesma merdiña en todos lados salvando as honrosas excepcións.
A conclusión que saquei do tema é que o PP volta a carga tras os estrenos "El gran catastrazo", "Saving alvariños", "O señor das chaves: o retorno de fervi" agora queren estrear nos cines (ausentes de Moaña) "Los vigilantes de la costa". O chou continúa e dijo eu ¿que fará un tipo coma Nahur pejado a este prodixio? ¿como Alberte Núñez Feijoo e López Veiga deixaron a este tipo como poñente desta causa? ¿estarán tolos no PP? Continuará........
MoañeS.A.


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: FERVI FAI O RIDICULO POR ENÉSIMA VEZ13-11-2008
Ah¡¡¡ non vos olvidedes que Fervi, tamén estaba na prosesión que hubo dende Meira ata a praza do concello o sábado pola tarde, pero aparte de todo, si o das jasiosas (Feijo), non fixo nada cando estaba no goberno, que ten pensado facer agora?, o de sempre que nos acabemos rindo e avergonzándonos dos que representan a algúns, coido que a min non,
sara
RE: FERVI FAI O RIDICULO POR ENÉSIMA VEZ13-11-2008
O que lle pasa a fervi é que pensa que no parlamento está no concello con toda a súa jandallada, e alí está soiño facendo ridiculo. Agora vai vir el a arranxar o que non fixeron cando podían. Que eu saiba, no periodo de alegacións ó plan de costas, en Madrid estaba o seu amigo del alma (José Mari), na xunta estaba DIOS PADRE FUNDADOR (Don Manuel) e ata coincide, mira ti que cousas teñen, que so unha vez en 30 anos, no concello estaba Barreiro Primeiro "El cruel" que non se lle ocurriu presentar nin unha soa alegación, non se fose a enfadar todos os de arriba. Agora alegan eles contra o que aprobaron eles, fora de plazo e culpando ós demais claro.
Se o final é o mesmo da peaxe, e queren que lle saquen as castañas fo lume outros. ¿Lembrades? Rajou ven a moaña e di que cando mande saca a peaxe dun plumazo (era Vicepresidente do Goberno, mano derecha de JOse mAri). O triste é que ainda por riba de que TODOS lle esteamos pagando uns abogados en Madrid para defender a causa e ver de que xeito se pode amañar co menor perxuizo, estes lumbreras din que o que pagamos TODOS os moañeses a eles dalles igual, que eles xa teñen os seu avogados. Eu non sei a que carallo andamos, se teñen os seus avogados ¿pa que pagamos todos outros? que se defendan soliños, e que se arrimen ben a toda esa mafia que seguro que cumplen a palabra, seguro seguro. Repito, coma o da peaxe.
Recuerdos
PARA O QUE FIRMA COMO RECUERDOS13-11-2008
Tes a razón a medias e ben se ve que entendeches a metade da metade. O de que a asociación ten avogados propios é lóxico xa que os intereses do Concello son uns e os dos afectados outros, e o señor Delgado fixo esta afirmación porque unha deputada do bng que debe ser letrada ela aconselloulle unha cousa sen saber moito do que pasara antes cos contenciosos neste tema. O de que os avogados do Concello os pagamos todos claro que si, pero o Concello de Moaña interesalle moito que este tema se resolva porque é o principal responsable disto por diversas circunstancias das que non vale a pena falar e que so sabe o que está dentro do problema. Falar é gratis e do que non se sabe máis, e por suposto que dentro da asoaciación hai quen arrima a ascua a súa sardiña (ou gaivota xa me entendes) pero tamén hai quen pasa de politiqueos e so quere xusticia.
MoañeS.A:
RE: FERVI FAI O RIDICULO POR ENÉSIMA VEZ13-11-2008
A verdade é que os inclitos do PP xa sabian de sobra que ian perder no Parlamento, por iso, deixaron a Fervi facer o ridiculo, nin si quera se molestaron en buscar unha persoa con coñecimento da Lei de Costas e do seu Regulamento, porque ia decir que non, que esa iniciativa parlamentaria estaba perdida. Chamaron a xentes de Moaña o Parlamento para que viran como o seu Fervi os defendia nunca causa que estaba perdida, polo tanto o listillo de Feijoo non gastou saliva, paque?, pra perder. Unha vez mais dan pena!!!!
elemental
RE: FERVI FAI O RIDICULO POR ENÉSIMA VEZ14-11-2008
Pero que mentirosos sois, como se nota quien escribe, estais poniendo lo mismo que millan el otro dia en el FAro ve Vigo, en cuanto a lo que estais diciendo de lo de parlamento COMO SE PUEDE MENTIR TANTO, es cierto que el bng y psoe se rieron en la cara de todos los de moaña no de todo el morrazo si señor y tel lo digo como que yo tambien estaba alli y dudo mucho que estuvieras tu, deja de mal meter y dedicate a trabajar que es lo que hace falta en el ayuntamiento.
uno mas
RE: FERVI FAI O RIDICULO POR ENÉSIMA VEZ14-11-2008
Sei perfectamente o que alí pasou pola prensa y porque mo contaron listillo, e os deputados rironse do parvo de turno e da sua ignorancia non dos veciños de Moaña
MoañeS.A.
RE: FERVI FAI O RIDICULO POR ENÉSIMA VEZ15-11-2008
A min sóame a triquiñola do Feijó para xustificar a súa incompetencia cando tuvo parte no Goberno da Xunta e non arranchou. Agora mete a Fervenza a defender unha postura, que por outra parte, eu ainda non sei cal é.
Gustaríame que o PP me aclarara qué é o que pensan facer eles si collen o poder. ¿Derogar a Lei de Costas que eles mismos non derogaron cando podían?
Moito me temo que o único que lles importa non é salvarlles as casas e os pisos ós veciños, sinon utilizalos para desgastar ó Goberno da Xunta.
Estou convencido de que, si quiseran podían facer moita máis forza da que fan neste tema.
A proba é que puseron a Fervenza que, non nos engañemos, é un inculto, a defender ós veciños afectados.
dende fóra
RE: FERVI FAI O RIDICULO POR ENÉSIMA VEZ16-11-2008
Dices qué fai un tipo coma Nahur con Ferví??? Jajaja, deixame rir un rato... Mira mellor é calar... non dubido que máis preparación que Fervenza teña... pero dende logo deixa muito que desexar... Ahí, coma no resto da familia, solo hai apariencia e falsedade... Nada máis... Tranquila que co tempo acábase coñecendo as personas... e o tempo pon a cada un no seu lugar... Porque iso de falarlle a todo o mundo e ser agradables por díante e despois por detras falar pestes e aproveitarse dos demais está na orde do día nesa familia... en todos sen excepción... sen excepción...
Un NoGenovés
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados