Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://blowjobzz.com/dating/plastic-surgery-dating-show/
Indispensables
Donde ...
Guia
COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR26-01-2006
O sábado pasado (21 de xaneiro) durante un concerto en Vigo de SKARMENTO + SKACHA, dous membros do grupo SKARMENTO foron agredidos físicamente e de xeito cobarde por haber adicado unha canción aos desaparecidos polo franquismo e polo réxime Stalinista. Para xustificar tal cobarde acción alguén anda a decir que se meteron cos nacionalistas e/ou cos comunistas. Nada máis lonxe da realidade, pois ademáis sería de todo absurdo cando entre as suas filas atópase xente nacionalista e comunista.

En vista de tales acontecementos, varios dos que alí estabamos tratamos de acadar firmas de xente vinculada á música con certo contido social de apoio e condea a tale actos.

O comunicado que amosamos a continuación está fimado por máis de 40 colectivos (máis de 200 personas) que abaixo figuran, e por algúns máis que estabamos a esperas de resposta. Se algún de vos o lee e quere sumarse non ten máis que firmar a continuación manifestando o seu apoio.

O obxetivo ademáis da condea de tales actos e facerlle ver á persoa que os cometeu e a alguén que o poida apoiar (como cabría de esperar case ninguén) cal e a nosa postura, que a golpes non nos van a facer cambiar de opinión e que a xente que arranxa así as cousas non ten cabida en acontecementos nos que os asinantes participemos.

----------------------------------------------------------------------------------
[b]COMUNICADO[/b]


Os grupos, distribuidoras, radios, fanzines e demáis colectivos de galegas e galegos vinculados coa música abaixo firmantes, en vista das recentes agresións a dous compañeiros por expresar nun escenario as suas ideas políticas, queremos manifesta-lo seguinte:

1. Que toda-las asinantes empregamos a música, ademáis do ocio implícito, como método de denuncia social, de expresión e/ou de propaganda das nosas ideas políticas.

2. Que tódo-los asinantes manifestamos unha clara postura de esquerdas, que ainda sendo de diferentes ideoloxías, tanto colectiva como individualmente, respetamos as opinións que cada un poida ter e, por suposto, que cada un desexe expresar. Sempre dentro dunha postura contraria ao fascismo, ao imperialismo, ao racismo, ao capitalismo, ao neoliberalismo, ao machismo e aos totalitarismos.

3. Que tóda-las asinantes manifestámonos a favor da liberdade de pensamento e de expresión, así como a liberdade para manifestarla tanto de xeito público como privado e na lingua que cada un, en cada momento, estime oportuna.

Así meso, e en relación cos mesmos feitos, e con un claro desexo de que non se volten a producir, desexamos condea-lo seguinte:

1. Que tódo-los asinantes condeamos e rexeitamos a imposición do pensamento único, sexa da índole que sexa.

2. Que tóda-las asinantes condeamos e rexeitamos calqueira tipo de imposición pola forza física ou verbal de calqueira tipo de ideoloxía. Así mesmo somos contrarias a calqueira tipo de represión e/ou represalia contra quen manifeste as suas ideas de xeito público ou privado dentro do marco no que nos englobamos.

3. Que tódo-los asinantes condeamos e rexeitamos a todas aquelas personas que non respetan a diversidade de opinión e tentan agredir ou agreden tanto física como verbalmente a quen se está expresando libremente.

Tamén queremos deixar constancia de que tódo-los asinantes condeamos e rexeitamos as agresións físicas contra dous integrantes do grupo Skarmento, idependientemente de que nos identifiquemos ou non, tanto total como parcialmente, co seu posicinamiento político. Así mesmo solidarizámonos con eles e os animamos a que estes feitos aillados non inflúan nin a eles nin a ninguén para manifestar o que estimen oportuno.

Por último todas as abaixo asinantes comunicámoslle as personas que non respetan as nosas opinións, e queiran impoñer as suas, que non imos a trocar o noso xeito de pensar e actuar por moitos golpes e agresións que se produzan. Así mesmo, se non van a respetar o que calqueira de nos manifeste públicamente, convidámolos a que NON asistan aos actos nos que os asinantes deste comunicado participemos.

Saude, liberdade e unidade antifascista.

Asinan:

1.- Dandy Fever
2.- Ondas de Rebelión (radio libre)
3.- Anoeta (sala concertos)
4.- Soak
5.- Ofensiva
6.- Skacha
7.- Asociación Cultural A Tiradoura
8.- Farrapo de Ghaitax
9.- Ictus
10.- Mais Ala Do Sementerio (distribuidora)
11.- Revoltosa (fanzine)
12.- Tiro Na Testa
13.- Vigo Hardcore Crew
14.- Dakidarria
15.- Clownme
16.- The Gotxos Party
17.- UHP Distro (distribuidora)
18.- Malas pulgas
19.- Arredemo.info (portal galego)
20.- Última Sakudida
21.- El Yuyo
22.- Extremidadex Pelijrosas
23.- Mortos En Vida
24.- Insolbentes
25.- Fijado Korroido
26.- Freetanga
27.- Defekto Opitko
28.- Bailando Con Lokos
29.- Sin Zensura (fanzine)
30.- Mundobesta (contrainformacion)
31.- Kaskarria Punk
32.- Xuntos Pola Mestizaxe (distribuidora)
33.- Saldos Arias
34.- Motor Perkins
35.- Contrasurco (portal musical)
36.- A.C. Revuelta en el Frenopático
37.- La Vorda
38.- Dos Pelos Negros
39.- Caos S.A. (distri)
40.- Strigmatribe
41.- Kreazione
42.- Desastre Nuclear (fanzine)
43.- Post Mortem
44.- Atentes (punk-zine)


+ de 200 nomes


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR26-01-2006
ANIMO TIOS ASGUIR ADELANTE CONTRA EL FASCISMO VENGA DE DONDE VENGA, me alegra ver tantos grupos del morrazo firmando el comunicado a seguir adelante por me parte teneis todo mi apoyo
RE: COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR26-01-2006
Thunn!
RE: COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR26-01-2006
Thunn!
RE: COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR26-01-2006
Apoio firmemente os agredidos que teñen dereito a expresar o seu pensamento. Os agresores, se non lles gustaba o que había podían marchar e listo. Así e todo unha cousa non quita a outra.
Viva Galiza ceibe e stalinista!!!
Red Skin
RE: COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR26-01-2006
mellor galiza ceibe e sin ningun tipo de dictador ,tio stalin foi un puto e askeroso dictador
RE: COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR26-01-2006
PARA RED SKIN puedes decir galiza ceibe y fascista con ese mensaje es lo que quieres decir tio, como puedes apollar un dictador tio lee un poco y informate de lo que dices, y despues habla vale amigo Morrazo anti fascista y anti stalinista. sempre ceibes
anti stalin
RE: COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR26-01-2006
al skin este tendria que vivir en el tiempo de stalin a ver si llenaba tanto la boca apollandolo, joder como esta el patio
RE: COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR26-01-2006
Sobre Stalin, stalinistas e "stalinitos"

Debido a unha pequeniña polémica a raiz dunhas palabras anti-stalinistas nun concerto noso en Ferrol, o grupo TIRO NA TESTA vamos a esgrimir unhas poucas pero suficientes razóns que fixéronos chegar a tales conclusións...
Non é que teñamos un gran afán por xustificarnos, simplemente apetécenos explicalo, porque parece que houbo xente que non entendeu ben o que dicíamos. Estamos seguros de que se nos metésemos con Pinochet ou Franco (sen dúbida tamén uns indesexables como Stalin) non habería problema nengún (a pesar de represaliar e asasinar a un menor número de personas). E incluso se repudiásemos a Pol Pot tampouco trascendería demasiado.
A nos, además de outras cousas, deunos por ahí de denunciar o Stalinismo e a corrente pro-stalinista (que non o comunismo ¡ollo!), porque a noso modo de ve-lo comunismo e o socialismo distan moito do que facía Stalin no seu nome. Insistimos, repudiamos a idea comunista de Stalin e para explica-lo porque a unha pequena resume dos seus actos nos remitimos.
Josif Vissarionovich Dzhugashvili, georgiano de nacemento, participou na revolución bolchevique de Lenin, cando este último caeu enfermo comezou a pugna con Trotski pola sucesión. Ainda que Lenin decantárese por Trotski, pois consideraba a Josef “demasiado cruel” (non en vano gañouse o apodo de Stalin, “Home de Aceiro”). Stalin maniobrou ó seu favor empregando o control e poder que tiña sobre a información e o aparello do partido (prácticas “moi democráticas”)
Impúsose a Trotski (creador do exército vermello que comandado por Stalin derrotou a Hitler) aliándose con Zinoviev e Kamenev principalmente pola concepción que tiñan do socialismo. Resumindo, Trotski pretendía unha revolución socialista permanente a escala mundial e Stalin concentrala nun solo estado ou pais como o seu, do que sería absoluto dirixente.
Nas suas habituais prácticas “progresistas” e a sua indudable ambición polo poder, non dubidou en mandar ó seu opoñente ao exilio (México lindo), donde uns anos depois mandouno asasinar, non sin antes eliminar tamén os seus antigos “amigos” Zinoviev e Kamenev.
Asesinados e fora de circulación os seus rivais, apropiouse das ideas políticas que eles propugnaban e coa sua propia interpretación impuso unha sanguenta dictadura basándose na eliminación de calqueira idea emancipadora ou democrática incluso dentro do pensamento marxista-leninista. Eliminou a discrepantes ou simplemente a sospeitosos, ademáis de a todos os que tivesen algún prestixio ou influencia propia. As coñecidas “purgas” contra os seus compañeiros comunistas diezmaron o partido eliminando a toda a plana maior da Revolución.
Decretou a elmininación de toda-las libertades, negou o pluralismo e instaurou unha estricta réxime policial que aterrorizaba a poboación. Creou a máquina represora interna do Gulag, dirixida polo ministeiro do interior (Mvd-Mgb) e executada pola sua policía do estado (Ogpu-Nkdv) que encargáronse de crear campos de concentración onde (según os seus propios arquivos) recluiron a case 2 millóns de persoas, según outros historiadores (sen remitirnos á propaganada ianki para desprestixiar ao comunismo) poderían chegar a ser case 9 millóns. Esto sempre falando de reclusos polas suas ideas políticas, pois nun artigo da costitución feita por él permitía desfacerse das xentes que non fosen do seu agrado. Non esquezamos que a Gulag tiña orde de informar absolutamente de todo o que acontecía directamente a Stalin, polo que non se lle poden atribuir estas mortes a outros.
Referíndonos únicamente aos arquivos soviéticos soamente entre 1937 e 1938 condearon (falamos das que tiveron a “sorte” de ter un “xuizo” e quedar rexistrado) a 1.300.000 personas (todas motivos políticos). Case 700.000 foron fusiladas. A represión continuou ata a sua morte cifrando en milleiros os represalidos e represaliadas. En 1958 con Stalin xa morto pero co seu réxime ainda coleteando condenáronse “tan so” a 2000 persoas e fusiláronse “únicamente” a 69. Cada un que conclúa pro si so.
A sua colectivización das cosechas non se concentrou únicamente nos “kulaks” (terratenientes acomodados) senón en todo o pobre campesinado. Debido á sequía sufrida na época, para alcanza-lo seu plan económico non bastaba con unha parte da colleita, e optou pola confiscación total de colleitas que os campesinos precisaban para sobrevivir. Estro traduciuse en fame e morte sobre milleiros de campesinos de Kazajstán, Ucrania, Cáucaso do Norte e a rexión do Volga. Ademáis deportou ó Norte a máis de un millón de familias (se existira tanto terrateniente sería inexplicable o triunfo da revolución…)
Poderíamos continuar seu afán de eliminación de povos e culturas coas deportacións de 14 nacionalidades completas, coas 48 parciais. Con 650.000 mortos no Cáucaso. Coas mortes de Uzbequistán. Ou co barco con doce mil mulleres presas políticas que de camiño a Kolimá, encaiado no xeo, fíxolles de tumba a todas elas
Ademáis, e tocando máis de cerca, poderíamos citar tamén o desmembramento dos milicianos antifascistas da guerra civíl no estado español do 36. Onde o exército republicano baixo as órdenes do eixo soviético stalinista dirixiu unha dura campaña contra xente (por exemplo columna de Hierro, columna Tierra y Libertad ou milicianos marxistas do POUM) por non querer militarizarse ao estilo soviético. Campañas con Líster á cabeza do V reximiento encargado de militarizar con métodos soviéticos da época a milicianos, no canto de aunar forzas en duras batallas que él mismo tamén comandou, coma a de Brunete ou parte da do Ebro. Craso error que unido a moitos outros costou unha guerra e unha revolución, e supuso engrosar con ouro do goberno republicano as arcas de Moscú
En fin, non queremos profundizar aquí moito máis, pois pensamos que con isto xa é máis que suficiente para repudiar a semellante dictador asasino.
Ratificámonos firmemente co dito no concerto de Ferrol. Poderedes inventar cousas, decir que insultamos, mentir acerca das nosas palabras, boicotearnos ou tacharnos do que queirades, pero pesamos que o asunto o deixamos ben claro. Creemos na unidade da xente de esquerda para iso compartimos moitos obxetivos, e para seguir loitando a un enemigo común, que son nunha primeira instancia as dictaduras, os totalitarimos e os asesinos do pobo. Outra vez ben alto e ben claro: Stalinistas NON.
Para terminar deixamos en recordo os nomes de 18 excombatentes antifascistas galegos aos que Stalin deulles a oportunidade de voltar á sua casa (ou sexa, botalos aos leóns frnaquistas) ou quedarse a facer traballos forzados en Siberia para posteriormente ser confinados no campo de Karaganda en Kazajstan, codo a codo con presos da división azul:

Pedro Armesto Saco, Pobra de Brollón

Ángel Castañeda Ochantado, Catoira

Manuel Castañeda Ochantado, Catoira

Juan Antonio Castro López, Pobra do Caramiñal

Manuel Dávila Eiras, Pobra do Caramiñal

José Díz Ribas, Vilaxoan

José García Gómez, Palmeira

Vicente García Martínez, Pobra do Caramiñal

José García Santamaría, Palmeira

Juan Gómez Mariño, Ribeira

Antonio Leira Carpente, Pontedeume

José López González, A Coruña

Ricardo Pérez Fernández, Pobra do Caramiñal

José Pérez Pérez, Pobra do Caramiñal

Enrique Piñeiro Díaz, Ferrol

Manuel Rodríguez Teijero, Ferrol

Francisco Ruiz García, Viveiro

Ramón Santamaría García, Pontella-Xobre-A Pobra do Caramiñal
De novo, por todos eles e por tantas outras: Unidade e STALINISMO NON.

Tiro Na Testa a 16/01/2006

www.tironatesta.com


esto lo baje de la web de TNT
RE: COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR27-01-2006
¿Galiza Ceive e Stalinista? ¿pero canto de Stalinista? e sobre todo ¿canto de ceibe?

igual de Ceibe que as poboacións do Cáucaso durante o mandato de Stalin? igual de ceibe que a rexión do Volga?...

por favor.

"cada día que amanece el número de tontos crece"
tracatrum
RE: COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR27-01-2006
bueno, polo menos red skin defende o dereito a expresarse, asi que ainda que non comparto e podemos discutir a tua postura (sen pelexar ajjaja), vese unha persoa capaz de aceptar que non hasa pensamento único... algo difícil sendo stalinista a verdade...
tracatrum
VIVA GALIZA CEIBE E STALINISTA!!!!29-01-2006
Defendo o estalinismo como modelo político e económico, non sexades cabezas ocas. Unha cousa é o tipo en si e outra cousa é o modelo político. Fixádevos en que dixen Stalinista para referirme a Galiza. Non dixen nada de viva Stalin ou algo semellante referido á persoa dese suxeito. Unha cousa é o modelo político e outra é, si queredes, a represión exercida polo tipo. Non teño culpa de que ese tipo inventara ese pensamento político dentro do comunismo. É unha maneira de entender a vida no ámbito económico cultural e social. Pudo chamarse calquer outra cousa pero déronlle o nome do tipo como o Leninismo, Marxismo.
Por outra banda vexo que tedes a lingua moi disparada para andar a insultar e eu aí xa non entro porque é moi doado descalificar por internet e aínda por riba con esa falta de cultura revolucionaria. E eu xa deixei ben clariño que me parecía mal que se agredise a ese fulano pero os que insultades por pensar diferente, demócratas da guadaña (coma Bush e Ansar) si que é de fascistas. Non digo que o sexades pero igual habería que controlar certas actitudes.
Red Skin
RE: COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR29-01-2006
Eu tamén me decanto polo estalinsmo e estou en desacordo coa malleira que lle deron os do grupo. Penso igual como o redskin que escribiu máis arriba. Non hai que confundilas cousas. Non tedes non puta idea da de estalinistas que hai no mundo e quedariades habraiados do liberais que son. Pero iso pasa porque en occidente estamos ben adoutrinados para repudiar o pensamento do movemento obreiro con partidos que se din de esquerda que onde vai que a deixaron atrás. E agora oimos unha palabra e xa botamos as mans a cabeza. E iso pasa, amigo redskin, non por falta de cultura revolucionaria se non por falta de cultura política en si mesma. Para rematar pediría un respeto para os que pensan diferente.
Xan
RE: COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR06-02-2006
me parece muy triste que esto este pasando, por un lado decirles a los de tiro na testa que esto de que llevaran unas ostias estaba cantado, no pedir respeto y tolerancia cuando en muchos de vuestros conciertos le habeis faltado el respeto a mucha gente y no hablo de stalin os habeis metido y reido de muchas otras cosas, pensamientos, ideales politicos..... y quien os conoce sabe que tengo razon, en cuanto a mi no me dais ninguna pena, lo que estais recogiendo es lo que vais sembrando yo en particular me senti muy ofendida en uno de vuestros conciertos porque os meteis con todo dios y recibisteis lo que os mereceis y no pidais el respeto que vosotros no dais.
ana
RE: COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR08-02-2006
ana si puedes decir con kien se metieron a lo mejor lo aclaramos, y otra cosa no le pegaron a tiro na testa le pegaron a los skarmento eh
RE: COMUNICADO DE APOIO A SKARMENTO E REPULSA AO AGRESOR08-02-2006
venga Xan vete a la mierda chaval pero que cojones nos vienes a contar de stalin si fue un grandisimo hijo de puta tio venga lee un poco de historia chaval, o dejate crecer el pelo empanao
ceibe
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados