Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
singelklubben stavanger
Indispensables
Donde ...
Guia
PERIGO COAS MOTOS10-11-2008
Volvo a denunciar o inesistente control da policia local no casco vello e sobre todo nas ruas peatonales. As motos seguen facendo das súas e inda se poñen chulos se lles chaman a atencion. Non teñen nocion do perigo xa que os nenos xogan e corren e estes jamaos van incontrolados. Vai a ver serios problemas porque moitos pais coma min van a empezar tomar cartas no asunto persoalmente e non con dialogo precisamente. Eu en canto periguen ós meus fillos que saiban que vou a por eles.
PEATON


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PERIGO COAS MOTOS10-11-2008
Estou dacordo contigo. coido que debería haber mais presencia policial nestas zonas vellas, pero polo que saiu na prensa o outro día, o BNG E ACE, non queren que haxa mais policias ou algo así, e que só son 18 policias para todo cangas para cubrir as 24 horas do día. así que mal vamos.
un pobo como cangas con tan pouca policía, imos vos. por favor non a velocidade das motos no casco vello.
OUTRO PAI
RE: PERIGO COAS MOTOS10-11-2008
Se non hai policias que os contraten e onde esta a garda civil?.Non pode ser que non haxa control ningun sobre a xuventude e os vehiculos (tanto motos coma coches). A Avda. de Marin os fins de semana e un autentico perigo, na zona vella andan as motos como si fora a via rapida.E mais, fai agora unha semana estaba sentado no Marina e estiberon 10 minutos facendo malabares coas motos por diante dun lado o outro .
Manuel
RE: PERIGO COAS MOTOS11-11-2008
Se a maioría dos que fan estas cousas son familiares de policías. O que fai falta non é policías senón formación e concienciación. Se ti os ves recriminallo, e se che contestan mal pois xa sabes o que facer, cando aparque a moto lle fas un apaniño e xa deixa de facer o tonto. O problema e que non está a xente concienciada e cada un so pensa en si mesmo, e se lle dis algo o das motos e estes se poñen chulos, a maior parte da xente que pase pola rúa vai pasar do tema. Pero a solución e esa e non a policía. Con Franco había policía e dicideme se se vive mellor agora ou antes.
Pepe da concha
RE: PERIGO COAS MOTOS11-11-2008
Pepe da Concha eu non vou facer ningun "apaño" a ninguna moto ou coche primeiro porque e ilegal, segundo porque quero vivir tranquilo e non quero que despois o "apaño" o fagan no meu coche e terceiro que para todo iso esta a policia que para eso lle pagan. ¿Ti crees que podes tomarte a xusticia pola tua man?
Eu so quero seguridade para andar e circular polas vias publicas non quero discutir con nadie .
Manuel
RE: PERIGO COAS MOTOS12-11-2008
Eu te pregunto: Acaso con Franco que había policía en tódalas esquinas vivíase mellor?
Se estivese a xente concienciada esto non pasaría.
Aparte se sabes onde o fan botas un pouco de xabón no chan e cando veñan os listiños xa verán como acaban cos dentes no chan e deixan de facelo parvo.
Pepe da concha
RE: PERIGO COAS MOTOS12-11-2008
Pepe da Concha sigo creendo que o teu pensamento non e razonable.Se votas xabon na carretera pode caer calquer motorista, ou teñen que pagar xustos por pecadores.
Non sei xe viviches con Franco , eu era un neno, pero non son os mesmos tempos e a policia non esta para reprimir a xente polos seus pensamentos. Eu solicito mais presenza das forzas do orden para controlar todos esos desconsiderados que conducen non pensando que levan unha arma nas mans.
Manuel
RE: PERIGO COAS MOTOS12-11-2008
Hai q quitarlles a roda de diante as motos desta xente pa que aprendan
O cafre
RE: PERIGO COAS MOTOS22-11-2008
mais ben o titulo do post seria COIDADO COS LOCOS QUE VAN EN MOTO

Non se pode generalizar
mariñeiro
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados