Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://cheap-custom-essay.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
¿DEMOCRACIA??12-10-2008
Aconteceu onte pero mesmo sucede todos os sabados en Moaña resulta que eu viña de aparcar o coche perto do muelle de pasaxeiros porque mais perto é imposible e quixen ir ata a praza por detras do posito e resulta que xa eran poucos os tenderetes que montan os do mercadillo que agora o medio metro que quedaba libre pra poder ir dún lado pra outro esta ocupado coa terraza que instalou o do Posito con mesas e sillas mais as sombrillas correspòndentes pra a súa clientela,comentaslle o tema a Policia local que esta polo outro lado multándo os que estan aparcados frente a plaza e contestación ese non e un tema noso nos estamos para o que estamos (eu enténdo que só pra recaudar) ¿Democracia??
Un Veciño


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ¿DEMOCRACIA??13-10-2008
ai ! que tempos aqueles nos que en Moaña,abondaba onde aparcar,que tempos onde os munipas,se non abusabas,ata che deixaban ir sacar cartos o caixeiro,co coche mal aparcado,que tempos onde todo tiña unha flexibilidade e loxica social,por suposto os carotas sempre os haberá.Agora,escasean os aparcadoiros,e enriba os munipas,non perdoan unha.Eu coido que o primeiro e por recaudar,e o segundo e pola Idiocracia,mais que democracia,da que Moaña,xunto con outras vilas similares fai gala,e refirome a que queremos ser cidade,queremos ser coma Vigo,si en Vigo e dificil aparcar,nos tamén,si alí emplumante a mínima,nos tamén,en Vigo non coñeces os munipas,aqui fan que non te coñecen,ademais xa empezan a pedir ´guindastres e zoas azuis,coma en Vigo.Dende o intre en que nos pequenos pobos,afables,onde todos se coñecen,instalase a Idiocracia,de querer ser coma Vigo, cagamos no invento.De xeito Moaña,gabou de ser o primeiro concello da Provincia en implantar o tema dos puntos de tráfico,adiantandose a Vigo,que tardou meses en facé-lo ,e actualmente soio os aplica en certas infraccións,si en Moaña te pillan sen cinto alabán tres puntos,en Vigo non,soio a multa.En resumo que Moaña esta a perder seu encanto social,en aras de querer ser,de imitar cousas que nada teñen que ver coa armonia dos pobos onde case todos se coñecen.salvese quen poida.
outro veciño
RE: ¿DEMOCRACIA??14-10-2008
Non sei que terás contra os do posito, pero resulta que o mesmo ocurre en outras cafeterias e bares de Moaña. ¿Ou é que cando vas a Moaña solo vas pola beiramar?.
Resulta que empezando pola Ramona, o Fox, a Orensana, etc... todos teñen as mesas na rua, e moitas veces temos que esquivalas para poder pasar. A verdade que a min non me importa, sempre que nos respetemos todos, ¿a quen non lle gusta tomarse unha cerveziña e unhas aceitunas o sol?, a calquera penso, só que algún non esta de acordo nin consigo mesmo.
Deixemos vivir a xente, e disfrutar do noso pobo, e o que non queira que se queda na sua casa...
Un de Moaña
RE: ¿DEMOCRACIA??14-10-2008
Para un de Moaña eu non teño nada en contra do posito nin en contra de nadie pero o mismo que tí queres tomar a tua cervexa na terraza do fox na de Ramona oun na Orensana (entre outros) comodaménte sentado na terraza e co as pernas estiradas eu que tamén pago impostos gustame ir po la acera andando e paseándo o mais comodamente posible E!! como nón!! tomarme a miña cervexa Xelado ou o que me pete o mais comodo posibel pero sempre respetando os principios basicos da educación e respeto po los demais e dicir non lle fagas os demais o que non queiras que che fagan a tí,dicirche ademais que todos temos o mismo dereito tánto o que pasea como o que esta sentado e non po iso imos quedar encerrados na casa. Pero é que o do sabado non ten nome non se podia pasar por ningún sitio
un
RE: ¿DEMOCRACIA??14-10-2008
Amigo, perdona pero a verdade e que falas por falar. Estou seguro que tí algunha vez te sentaches a tomar algo en calquera destas cafeterias. Dinos a verdade, ¿que tes contra o Posito?. Fala abertamente e non andes con rodeos, e non tentes enganar a nadie, que xa se che ve o plumeiro...
Un de Moaña
RE: ¿DEMOCRACIA??14-10-2008
Vexo que eres demasiado listo entonces non merece a pena que teñamos un debate entre tí e mais eu pero sigo pensándo o mesmo que as aceras son pra todos e non só pros que estades sentados tomándo a caña é repitoche dame igual que sexa no Posito na de Ramona na Orensana no Baticano no bar Moaña ou donde sexa a cuestión é seber estar sen molestar os demais
un
RE: ¿DEMOCRACIA??15-10-2008
Repitoche, que seguramente tí terás parado algunha vez a tomarte algo nunha terraza, e creo que terás molestado o mesmo que che molestan a tí cando pasas. Por tanto hai que ser consecuente con todo, e non soamente ver os que estan sentandos cando ti pasas.
Un de Moaña
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados