Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://clothzukan.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
TARXETAS E TICKETS ANFIBIOS XA09-10-2008
Hoxe fun no maravilloso barco de pasaxes que fai a viaxe de moaña a vigo, coma tamen saberedes a maioria tamn hai un k viaxa a cangas, cando voltaba para moaña un turista deses k noi verán iria a cies foi a taquilla e pediuu un tiket pro pobo de enfrente, a taquilleira preguntoulle a cal e coma o turista non sabia a cal ir preguntou cal era o mais bonito, non me gustaria entrar en discusions, pero a opinion da taquilleira foi a de cangas, algo totalmente respetable, pero despois de todo dixenlle a ela, q a min moaña me parecia mais bonito en canto a nucleo urban, todos sabemos as maravillosas praias ke ten cangas, ela me dixo k foi porque o servicio de cangas e cada media hora.
Esta situacion xa me ten cuadrado mais veces, se inda por riba os propios traballadores do barco promocionan sempre cangas vai a ser mais doado k realmente quiten o barco de moaña, inda por riba de ter barco cada hora e de recortar os barcos das mañas.
Prego,que o concello de moaña poña panfletos turisticos na estacion marítima, na busca de catacion de turistas, que poderían axudar a que algo tan historico coma o barco tarde en desaparecer moitos anos.
Tamen espero k as tarxetas anfibias funcionen dunha vez e me sirva de algo vivir na area metropoliotana de vigo e non ter ke pagar por coller un urbano despois do barco, nun tempo respetable, claro.
xoubaman


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: TARXETAS E TICKETS ANFIBIOS XA09-10-2008
e que acepten o desconto OBRIGATORIO que teñen que facer para familias numerosas........

así que a protestar
n fin
RE: TARXETAS E TICKETS ANFIBIOS XA09-10-2008
Que Moaña é máis bonito como núcleo urbán que Cangas, jah¡¡
O centro urbano de Moaña como residencia dormitorio, si pola tranquilidade, moitas veces, incluso excesiva, pero como espazo físico e arquitectónico é bastante feo e uniforme, o típico núcleo de diseño lineal sin apenas espazos verdes, agás os cementados gañados ao mar, e que para máis varapau nin sequera foi quen de conservar os seus edificios históricos.
Si de verdade un guiri quixera ver algo bonito en Moaña máis ben tería que adentrarse na periferia do nucleo urbán, con núcleos máis identitarios e espazos verdes, iso si, antes de que os boten abaixo por culpa do urbanismo do cemento e o ladrillo, tipo Albariños, urbanizacións no litoral como a do monte do Ramil, ou parques industriais como o da Cruz da Maceira, de non poñerlle remedio.
Cangas polo menos ten un nucleo urbán con casco histórico.
a sardiña insumisa
RE: TARXETAS E TICKETS ANFIBIOS XA09-10-2008
Perdoa, a diferenza básica entre Moaña e Cangas é precisamente o Urbanismo dos dous núcleos. Para comenzar Cangas terá núcleo histórico consolidado pero recordemos que comparado con outros non ten nada que mirar como por exemplo o de Pontevedra, con rúas suficientemente ancheadas como para ser bonito, sen embargo todos sabemos que o núcleo histórico de Cangas carece diso. Ademáis cabe recordar que o núcleo urbán de Moaña só ten 100 anos de historia e que nese tempo conseguimos superar os 800 anos de Cangas en canto a zonas verdes e orden urbanístico que estase definindo nos últimos anos, crecendo ordenadamente hacia Meira, ó contrario que Cangas, que unha vez que rematou a súa expansión costeira crece sen control no interior como a urbanización do fin da avenida de Marín sen unha zona verde na que relaxarse.
Por outra banda o núcleo de Cangas non ten edificacións uniformes como por exemplo o barrio do Sinal con edificios de pedra do país e casas unifamiliares pintadas, sen embargo en Moaña estase facendo unha unificación de fachadas no frente marítimo importante.
Por último todo mundo coñece a diferenza de paseos máritimos de Cangas e Moaña, sabendo que o paseo marítimo de Meira a O Con abarca 4 quilómetros con diversa historia, como o barrio de Ribeira, sen embargo o paseo de Cangas ten escasos os 3 quilómetros e a metade non son paseo marítimo.
Finalmente, en canto a conservación de edificacións históricas en Moaña, temos en San Martiño o verdadeiro núcleo histórico de Moaña, factor que nunca se ten en conta no turismo a nivel municipal, aínda que iso sí, o noso núcleo histórico non foi quen de consolidarse e creceu como un núcleo tradicional galego.
Un
RE: TARXETAS E TICKETS ANFIBIOS XA09-10-2008
Como cangués embexo o urbanismo moderno do casco urbano de Moaña con respecto o de Cangas, ten un crecemento muito máis racional, da a impresión de que antes de construir pensase o que se quere facer ou conquerir, en Cangas construese e logo búscanse solucións que den salida os problemas (rúa Atranco por exemplo) e por último non falemos das zonas de estacionamento, nin punto de comparación.
LEONARDO DA VINCI
RE: TARXETAS E TICKETS ANFIBIOS XA10-10-2008
Na miña opinión nin Cangas nin Moaña son exemplo de nada en canto a urbanismo se refire. Son dous pobos cunhas potencial impresionante feitos un auténtico cristo, xa non hai por donde collelos. Todo está sobredimensionado, as décadas do 70-80 foron terribles e os edificios de recente construcción crecen como xigantes en espacios reducidos, cada quen fai o que quere porque a xente "na súa propiedade fai o que lle peta", sen respeito polo ben común eo entorno natural.
En Cangas estanse a reformar algunhas casiñas do casco vello, respectando as alturas e volúmenes orixinais, o resultado e moi bo, pero é un pouco tarde, conviven con enormes edificacións con fachadas horrorosas que quitan a luz e bloquean as rúas.
En Moaña a situación está mellorando, as novas construccións aparecen dun xeito mais ordenado e racional, as zonas verdes toman mais protagonismo. Pero en xeral non hai por donde collelo.
A xente fai casas monstruosas nas que conviven parellas, 3 ou 4 persoas, pero o importante e quitarlle as vistas ó veciño e sexa jrande, moi jrande, con granitio Porriño, moitas columnas e alerons, que quedan moi elegantes, en fin moi triste.
O peor é que todo isto esta firmado por arquitectos, a mais de un sentaríalle moi ben dar unha volta por Europa adiante, ou sair un pouquiño da casa antes de votarlle as mans á masa.
Un saudo
O Sarjo
RE: TARXETAS E TICKETS ANFIBIOS XA10-10-2008
Eu o unico que pido e que se faga o posible para recuperalo transporte público, non kería levantar discusion en canto a cal é mais bonito ou mais feo, os dous pobos teñen cousas preciosas e horribles.

O ke me parece e k o turismo se centraliza demasiado nas illas cíes e o barco podería ser no futuro, coma pasa en moitos paises unha vía de incremento e mellora do turismo, que en cangas se ve algo , pero en moaña non tanto,n amiña opinon moi dsaproveitado , pido que o vivir na area metropolitana de vigo poda ir ali en trasporte públco a case calkeira hora, así se incrementarian usuarios, o poder facer varias viaxes co mesmoi billete, o non ter k pagar 4 euros por ir e voltar a vigo e despois ter k coller un taxi ou pagar por un urbano mais.O poder chegar o hospital dunha forma cómoda e axeitada, eu por sorte teño carnet, e quen non o ten?.
Un saúdo e gracias por respostar
Xoubaman
RE: TARXETAS E TICKETS ANFIBIOS XA10-10-2008
e non sería mellor que en vez de chegar tí cedo a un hospital, tiveras un hospital perto de tí?
Nin unha maternidade sequera no Morrazo!!!
E os cando meten aos vellos no Povisa xa saben que están a un paso do nicho...menos manipulación metropolitana e máis cercanía da administración aos administrados/as
chamuscado
RE: TARXETAS E TICKETS ANFIBIOS XA10-10-2008
Hai como uns tres anos, apareceron unha parella de cataláns pola praia de Rodeira, con cara de ir bastante perdidos. Resulta que na rotonda do Salitre viron un carte que poñía Cangas e debaixo Centro (creo que aínda está) señalando hacia Ramón Cabanillas. Aparcaron no Con e colleron o barco para Vigo. A señal da rotonda confundiunos e pensaron que estaban no centro de Cangas. Así que cando colleron o barco de volta, non atopaban o coche. Dixéronnos que o efecto da marea baixa cambiaba moito a paixase e que non se parecía nada o sitio onde estiveran pola mañá. Démonos conta da confusión, cando nos dixeron se as bateas navegaban, porque pola mañán víanse dende a praia (referíanse a Xunqueira). En fin, que marcharon dun pobo e voltaron a outro, pero moi distintos non lle deberon parecer cando se pensaban que seguían no mesmo.
kalasnjkov
RE: TARXETAS E TICKETS ANFIBIOS XA11-10-2008
¿ves?, esa é a ventaxe de ir de turistas sin preocupacións, estes amigos cataláns viñeron ás Rias Baixas, coñeceron Moaña, coñeceron Vigo, coñeceron Cangas e cando cheguen a Cataluña vanlle decir ós amigos que non saben onde estuveron. Espero que polo menos se fartaran de marisco.
Coñas aparte, sempre preguntei porqué o Servicio de Ría non o collían os Concellos afectados, pero como estabamos nunha “Economía de Mercado” as administracións públicas non podían intervir…ata agora, que lle chegou a auga ó pescozo e estanlle metendo man ós bancos que é, precisamente, a parte máis delicada da “Economía de Mercado”.
Tamén estou de acordo en achegar os servicios ós vecinos do Morrazo, como propón so”visiño” CHAMUSCADO
Preguntón
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados