Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://blowjobzz.com/dating/download-dating-app-for-pc/
Indispensables
Donde ...
Guia
CANGAS QUERE UN NOVO PLAN20-01-2006
Na súa reunión semanal do xoves o Foro Social avaliou a última reunión do Consello de Urbanismo. Considerase moi positivo o feito de poder discutir con asociacións de todo signo o inicio dun novo plan xeral. Este é o momento de definir qué Cangas queremos e cales deben ser as prioridades.

É fundamental cumprir a moción aprobada no pleno do 7 de Abril por unanimidade e plantexar un novo avance do plan, que se poña a exposición pública e que veciños e asociacións podan presentar suxerencias e propostas.

Para o Foro é prioritario garantir que participación, transparencia e legalidade sexan algo mais que palabras bonitas, que salga a debate o financiamento municipal co fin de desligalo do urbanismo e que se plantexen realmente cales son os nosos recursos e de qué maneira se deben potenciar.

Os recursos pesqueiros, os portos, a agricultura, os montes, a industria, os servicios..¿qué recursos ten Cangas e cómo debe explotalos?. ¿de qué podemos vivir?. Non aceptamos que a única saída sexa a venta dos terreos, o encarecemento da vida e a emigración.

Natureza, paisaxe, cultura.. ¿cómo podemos preservalos e que nos sirvan para mellorar a nosa calidade de vida?.

Pensamos que se debe compensar de algunha maneira aos propietarios de terreos situados en zonas protexidas, son terreos de uso e disfrute común e gracias a eles os demais miran aumentado o valor das súas propiedades.

¿Cómo nos vai a afectar o corredor do Morrazo? ¿qué vai a pasar no vran? ¿qué viais principais se necesitan? ¿qué terreos hai dispoñibles para un hospital? ¿quen vai a subministrar as necesarias zonas verdes?.. Hai múltiples preguntas para as que fará falta buscar respostas e consenso.

Nos non confiamos en Arteplan nin na maneira na que nos queren colar outra vez o mesmo plan que o pobo rexeitou. Tamén nos consideramos culpables de permitir que o alcalde expulsara a prensa na última reunión, foi algo tan inaudito que non soubemos reaccionar ó respecto. É algo que entre todos non debemos permitir, mal comenza o Sr. Sotelo ó non permitir unha total transparencia do que se fale no consello consultivo.

Expresamos de novo a nosa esperanza de que se aproveite este momento para empezar a traballar entre todos por un Cangas mellor e para todos e todas.
>> Ampliar datos FORO SOCIAL DE CANGAS


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados