Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://makidaisuke.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
QUE PASA NA XUNQUEIRA?????18-09-2008
Bueno, a ver, non era setembro cando volverían o "tajo" os operarios da xunqueira???? que a herba xa empeza a medrar señores!!!!! por riba das aceras, co bonito que estaba a quedar e agora este parón, alguén sabe cando voltarán??????
O SINIOR AFRANIO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: QUE PASA NA XUNQUEIRA?????19-09-2008
A verdade que a imaxe é pésima. Parece que está todo abandonado.
Un de Moaña
RE: QUE PASA NA XUNQUEIRA?????19-09-2008
Que responda Pastoriza e o Clube Deportivo Moaña que foron os que amañaron a suspensión do trababallo para que poidan seguir adestrando...
fuco
RE: QUE PASA NA XUNQUEIRA?????19-09-2008
O Moaña amañouno porque inda non ten o campo que tanto lle prometeron que ia ter.
Dani
RE: QUE PASA NA XUNQUEIRA?????20-09-2008
Ó Moaña non lle prometeron un campo nin vai a ter un campo, nin creo que nunca chegue a ter un campo, porque os directivos que ten non dan para tanto.
O campo que se está a facer é de Moaña, dos moañeses.
Xa bastante fixeron que lle deixan un local social para eles.
o campo é de todos
RE: QUE PASA NA XUNQUEIRA?????20-09-2008
O Siñor Afranio genuino era máis sagaz ca tí, de todos modos podes preguntarlle a VALERI LOBANOVSKY, tén información directa do SANEDRIN.
ECO....ECO....ECO....ECO.....
RE: QUE PASA NA XUNQUEIRA?????21-09-2008
Joer, pregúntalle a Louzán mellor. Él é o Sanedrín
valery lobanovsky
RE: QUE PASA NA XUNQUEIRA?????21-09-2008
Eu xa falei con un obreiro, e me comentou que o campo ía bastanmte ben, que nun mes terían rematada a construccion da grada, que seica vai por modulos prefabricados que estan facendo, e que se montan moi rápido.
Pero o da xunqueira non ten tanto que ver co do campo coma co rollo político. Temos que jodernos todos, a ver se non nos quedamos un palmo de narices cando saia de ahí o campo e non sigan as obras
Javotiña
RE: QUE PASA NA XUNQUEIRA?????21-09-2008
iso mesmo que responda o carrascal do pastoriza, que moito di que fai `pero non fai nada de nada, a este o que lle vai facendo falta e darlle unpouquiño de caña pola prensa que pouco lle gusta, que parece un marques e non chega nin a empleado serio, menos mal que desta legislatura non pasa que si non....
calquera
RE: QUE PASA NA XUNQUEIRA?????21-09-2008
javotiña date unha voltiña ti mais lovanosky ese de medio pelo e comprobrobaras que xa levan uns bos meses sin fazer ningunha obra no aterrado que din que un campo de futbol onde encargaron os modulos en rusia non decir tantas mentiras o que pasa e que hai moito inoperante tanto dun lado coma doutro e asi nos vai
lito
RE: QUE PASA NA XUNQUEIRA?????22-09-2008
Lito, non sei a que ven esa desconsideración cara min pero en fin, falar é barato no teu caso. Debes saber que os cidadáns de calquera pobo están a mercede da guerra política entre os distintos partidos que ocupan as distintas administracións. Este caso é un caso flagrante. Desde a Deputación se segue a estratexia de intentar derrubar ou deixar co cú ao aire a un concello que non é da súa cor (como se fixera falla cando xa o fan eles sós en moitos casos). No caso do campo de fútbol afirmaba o señor Louzán que porían todo o necesario para polo menos desfrutar do terreo de xogo unha vez estivese correctamente pechado o recinto. Agora seica iso xa non lles vale. Esixen a construción de vestiarios e de gradas. Paradóxico non? Ou o mesmo sucede con multitude de exemplos como a estrada de Berducedo ou da Fraga. Pero a cousa non sería así se Touriño adiantase ás elecións. Xa estaría o céspede artificial instalado e a estrada a Berducedo asfaltada, incluso con Fervi enriba das máquinas para o fervor popular. Mais como non se adiantaron supoño que a Deputación tomará máis para adiante cartas no asunto e se porá ás pilas. Alá para xaneiro ou febreiro. Ó igual co Concello. Xa verás como a principios de ano verás xente traballando na Xunqueira, limpando parques e xardíns...en fin , o de sempre. E nós como cidadáns fomos, somos e seremos os perxudicados. Agora vouche facer caso amigo Lito e vou cortar o pelo que téñoche unhas jreñas...
valery Lobanovsky
RE: QUE PASA NA XUNQUEIRA?????22-09-2008
Pero vos os escoitades non só é pola Diputación senón por quen está nela; ou é que en Cangas non fan nada, non, mándalle escola de teatro, 2 galescolas, centro de saúde... O que pasa é que quen leva a Diputación é o político despechado do seu trono en Cangas: Sotelo. Que con tal de dicir que grazas a el fixéronse tantas cousas en Cangas xa gaña as próximas eleccións.
Un
RE: QUE PASA NA XUNQUEIRA?????22-09-2008
o que valery e que o noso excelentisimo señor alcalde non move o cu e tanto falas que diga publicamente e a deputacion que o faga saber os veciños o unico que che digo que si eles gobernaran na diputacion farian o mesmo e mais che digo en certos lugares donde perderon votos estan facendo a misma politica que os outros
baldoeiro
RE: QUE PASA NA XUNQUEIRA?????22-09-2008
MILLAN, BLOQUE, SOTELO., LOUZAN é PP a mesma merda é. Xa sei que é unha frase gastada pero hoxe en día colle maior relevancia.
O MOUCHO MIRON
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados