Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://jimmyandthevivids.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
PRIVATIZACIóNS06-05-2004
LUITA VERDE rexeita a política de privatizacións dos servicios públicos que se está levar a cabo por parte dos organismos públicos, como a Mancomunidade de municipios co servicio de recollida e tratamento dos Resíduos Sólidos Urbanos e os concellos de Moaña, Cangas e Bueu co abastecimento e saneamento municipal da auga.

Ante isto denunciamos a falla de valor e capacidade política de levar a cabo unha xestión pública destes servicios seria e eficaz por parte dos políticos gobemantes nestes organismos, principalmente d@s que din ser progresistas e da esquerda, onde coa escusa económica e incumplindo inclusive as súas promesas electorais, como no caso do tratamento da auga no concello de Moaña, BNG, Imno e PSOE, pretenden seguir a mesma línea política anterior do PP. Acaso lles pareceu pouco o mal exemplo da privatización levada a cabo no seu momento polo gobemo mancomunado do PP no servicio de recollida do lixo, en mans de Urbaser. Con esta actitude, os nosos gobemantes están a damos a lamentable imaxe de que co seu sueldo a cargo das contas públicas estan a exercer de meros intermediarios para os intereses das empresas privadas, propoñéndose só sacar beneficios da recaudación das tasas domiciliarias e idustriais. Mais ante isto tamén temos que responder que si é posible que unha empresa privada pode sacar beneficios económicos pola xestión dos servicios mencionados, entón tamén os podería conseguir directamente a Mancomunidade ou o concello de Moaña, si propiamente levaran tamén esa xestíón, non tendo ademáis que pasar contas por elo á empresa privada.

As privatizacións son medidas antisociales, obxetivo do capitalismo máis duro e reaccionario (globalización), todos coñecemos as nefastas consecuencias das mesmas ( incremento de prezos, mala calidade do servicio, desempleo, etc.), con que lexitimidade eses partidos que din ser de esquerdas e progresistas poden criticar as privatizacións dos servicios públicos como Renfe, Sanidade Educación, etc. cando non teñen escrúpulos en abanderar a política do PP permitindo que empresas privadas especulen con un ben público e cada día máis escaso, como é a auga.

Facemos un chamamento a cidadanía para que rexeite ista escalada de privatizacións, como pode ser a presentación de alegacións á privatización do servicio municipal de augas do Concello de Moaña.


Colectivo Ecoloxista LUITA VERDE


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PRIVATIZACIóNS07-05-2004
Amigos de Luita Verde:

Agradecemosvos a vosa participación no noso portal do Morrazo.
O fío do comentado máis abaixo polo usuario que vos pide mais datos, decirvos que tendes a opción de ligar a vosa web ( ou calquera outra) dende a denuncia, se cando a publicades poñedes a úrl completa http:// www ... no campo da edición que di enlace .
Deste modo os usuarios que miren a vosa mensaxe teran a opción de ampliar máis datos do que denunciades eiquí ;)

Saudos ;)
Webmaster DelMorrazo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados