Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://sapporo-juken.com/como-conocer-a-una-chica-si-soy-timido/
Indispensables
Donde ...
Guia
SOTELO & COMPANY EN PEKIN22-08-2008
Hoxe, na crónica das olimpiadas no telediario das 9.00, resultoume megasorprendente ver a Sotelo (ex alcalde de Cangas) en compañía de Louzán abaneando unha bandeira ao canto do remate da proba de David Cal (ánimo mañán será o ouro); eses dous peperos qué interés ten que estean eles en Pekín. Seica comeron un bocadillo e durmiron nunha tenda de campaña ... ao tribunal de contas (ou a onde sexa a ver a conta de quén vai a viaxe e o aloxamento).
homer simpson


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: SOTELO & COMPANY EN PEKIN22-08-2008
Se é oq ue eu digo, tanto rollo co da viaxe a Cuba a feira do libro, e agora estes dous pájaros marchan de vacaións un mes a Pekin, a conta de... xa se mirará, porque dubido que pagasen eles viaxe e aloxamento. Pero o que me pregunto eu é ¿en condición de que van ata alí? ¿Que viaxe oficial pode ser ir ver as olimpiadas? ¿Van ir todos os presidentes das diputacións de toda España? ¿Solo van os do PP? ¿Onde había que apuntarse para a comitiva? ¿Dende cando en viaxe oficial se sae en imaxes de televisión en chanclas e pantalosns de guiri? De vergonza. Todas as sobervias se collen.
Chainese
RE: SOTELO & COMPANY EN PEKIN22-08-2008
jajajajajaj a conta da deputación por suposto, pa iso louzán é o presi e sotelo o vicepresidente. Polo visto taban abaneando nunha chalupa jajajajjaaja
bruce lee
RE: CAMBALACHE22-08-2008
A verdade é que é patética a imaxe deses dous xunto co bó de David Cal en Pekín. O que hai que facer para sair nunha foto!! Pero non perdamos de vista que outros foron de chupitos a Cuba cunha comitiva moi "cultureta". E todo, claro, a costa dos contribuintes. E logo queren que vaiamos a votar. Como diaños non vai ir en aumento a abstención neste país. Xa o dicía o meu abuelo: lobos e cans todos son irmáns.
ollo ao parche
RE: SOTELO & COMPANY EN PEKIN23-08-2008
ollo o parche!!! .... tes toda a razón por fin alguen que fai un comentario cun pouco de obxetividade.
anonimo
RE: SOTELO & COMPANY EN PEKIN23-08-2008
molaría máis que estivesen touriño e quintana ó lado de David,cada un vai a donde quere,sempre lle buscades as voltas a todo
beeeennnnnnnnnnnnggggggggg
RE: SOTELO & COMPANY EN PEKIN23-08-2008
Home ou muller do bng de letras descontroladas; cada un vai a onde quere si é cos seus cartos. Pero se ti me pagas a min unha viaxe de quince días (ou máis) a Pekín, sitio que non queda aquí ao lado, apúntome xa.
mongomery burns
RE: SOTELO & COMPANY EN PEKIN23-08-2008
Quintana non pode viaxar tan lonxe,ten problema de espalda.Bueno en primeira clase creo que si viaxa.
son eu
RE: SOTELO & COMPANY EN PEKIN23-08-2008
Si, sería de ir á ardora.
Raúl III
RE: SOTELO & COMPANY EN PEKIN23-08-2008
beeeennnnnnnnnnnnggggggggg Cada un vai onde queira COS SEUS CARTOS, non cos meus.
Zutabe
RE: SOTELO & COMPANY EN PEKIN24-08-2008
Falades solo de cartos, pero quen vira desde pekin cos medallistas olimpicos hasta peinador vai ser el seguramente, e saira na foto, esta vez cos olimpicos, non che e parvo, dese xeito quitaralle protagonismo o recibimento que poida facer o concello, si a alcaldesa acude a recibir os medallistas o aeroporto.
UNHA DE CAL
RE: SOTELO & COMPANY EN PEKIN24-08-2008
O recibimento que poida facer o concello é cousa del (se ten capacidade de protagonismo xa se mirará qu cada cargo lévase coa su carga, vamos que andiveran máis lizagairos). Pero; 1) Sotelo non é familiar directo dos deportistas; 2) tampouco forma parte do equipo olímpico; 3) xa non é alcalde; 4) a diputación de pontevedra é un órgano territorial dentro das fronteiras do estado; 4) polo tanto non pode representar no exterior a ninguén, como que non pode malversar o erario público.
Non creo eu que os fondos da diputación estean para ir a brincar noutra parte do mundo pegado como unha lapa ao cabalo gañador; ¡e vivindo gratis na villa olímpica!
lisa simpson
RE: SOTELO & COMPANY EN PEKIN24-08-2008
Sotelo non é olímpico en deporte, pero é olímpico en cara dura
De cemento ninguén lle ensina nada
olimpiakos
RE: SOTELO & COMPANY EN PEKIN24-08-2008
Non, si está claro que a cara dura leva él a medalla de ouro. Onde se viu que un patrocinador estea todo o tempo in situ na competición, ¿acaso vai emilio botín as carreiras e boxes con Alonso?; ou vai o presidente de Castela-Leon as montañas que sube Xesús Calleja cando o retrasmite o canle Cuatro?
Pero esto tamén amosa a clase de políticos oportunistas que temos no Morrazo, amais de estar por riba da anécdota de Sotelo brincando en chanclas e vermudas, o cutre que son as institucións. ¡Mira que un deportista semellante só pode dicir que ten como patrocinadores a Diputación e ao Patronato Rias Baixas!.
ned flanders
RE: SOTELO & COMPANY EN PEKIN25-08-2008
jajaja,resulta que ahora ten que ir onde vos queirades jojojo
jalisia kanibal
RE: SOTELO & COMPANY EN PEKIN25-08-2008
Pois dillo ti, e de paso o levas ao carrancholo cando baixe hoxe do avión que é o que lle falta para completar a "turné".
skiner
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados