Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
dating agency crayon
Indispensables
Donde ...
Guia
COCHES NAS ACERAS06-08-2008
Gustaríame saber qué policía ten xurisdicción sobre o novo paseo da Xunqueira e quén deu permiso para aparcar na acera da parte de arriba da rúa que vai desde a do Canario ata a plaia da Xunqueira.
Todolos días hai entre 6 e 10 coches aparcados enriba da acera, de tal maneira que algúns non deixan sitio nin para unha silla-coche de un bebé.
Curioso


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: COCHES NAS ACERAS06-08-2008
terás que preguntarllo o canario, que el e o alcalde de barrio, pois según di el mesmo, foi a madrí a mirar o proxecto pa que non lle quitaran o asador e ao final, tamén llo quitaron
un vesiño
RE: COCHES NAS ACERAS07-08-2008
ese paseo e unha merda sobraba sitio pa que puderan aparcar cohes e fiseron unha porqueria
de meira
RE: COCHES NAS ACERAS07-08-2008
a verdade q ni idea , pero o do aparcamento non o deberon "proxectar" moi ben xq non deixaron moito sitio, e todos os veciños apelotonamos os cohes n frente dos xubilados e do keniata ,e pra o ano cando executen a segunda fase menos supoño, a non ser q teñean algo pensado, ainda q os os politicos isto de pensar xa se sabe....como q no.
un de meira
RE: COCHES NAS ACERAS07-08-2008
Esta é a mesma historia de sempre, pretenden humanizar os barrios e resulta que cada vez hai máis coches que non temos onde aparcalos. Gustaríame saber quen son eses arquitectos ILUMINADOS, apoiados por catro politiquillos que non teñen nin p... idea. SEÑORES ILUMINADOS, tamén hai que planificar zonas de aparcamento,que isto xa é un cachondeo. Veremos o que pasa dentro de pouco na rúa Castelao, isto vai ser a monda
FINA
RE: COCHES NAS ACERAS07-08-2008
Estamos no de sempre, o primeiro son os coches e despois as persoas. O importante é ter onde aparcar, que asfalten todo e listo. Pero se houbese sitio para 1000 coches, seguro que nun ano habería de novo problemas de aparcamento. Solo reflexionade no que pasou en moaña. Cando fixeron a alameda so habia aparcamentos en liña e no aparcamento do POsito, e habia problemas. Despois permitiuse aprcar nas ramblas, e seguiron os problemas, despois no comezo da alameda, e seguiron os problemas, despois diante do palco da música, que collen moitos coches, e seguen os problemas, hai mais plazas de aprcamento cara o Con, e seguen os problemas. É dicir, por moito aparcamento que se cree vai a haber problemas, mais coches na rúa. ¿Cal é o problema real, que se humanizan as rúas ou que se emprega o coche demasiado?
Peón
RE: COCHES NAS ACERAS07-08-2008
En meira non recupararon praia ,sinon que lle comeron dous metros.Porsuposto non ai aparcamentos, nin os minimos.Na rua daniel castelao, esa sera outra batalla para o consello, esa rua e espesial no tema dos aparcamentos.Outra vez o bng, ponlle en bandexa o pp,un novo argumento para entrar en gerra. Esta pode ser mais dura que outras, ollo.
O tirano
RE: COCHES NAS ACERAS07-08-2008
eu non quisen decir q ten q haber sitio para mil coches, simplemente q haiga os suficientes pensado na xente q habita ahi durant todo o ano, q no vran a xente veña a plaia e se encha, pois nada,a min molestam no momento pero tp me tiro dos pelos nin vou montar una manifestación nin nada polo estilo, todo o contrario gustam xq lle da vida a zona.E non é cousa de usar o coche pra todo, é cousa de ter donde poñelo cando vas durmir, ou vou ir ter q aparcalo en domaio(e non me digades q monte un garaxe q na miña casa non hai sitio, XD). E respecto o tema do aparcamento en moaña a diferencia é q canto mais sitio poñen mais sitio se solicita, pero en meira é o reves, ahora hai menos q fai un ano, e pro ano menos todavia.E o q di q lle quitaron dous metros a plaia, q compre outro metro q o q ten non vai moi ben.E o paseo vai quedar fermoso,cando quiten o campo de moaña, o caseto de Rouco e volva poñer san bartolo como illa,xa veredes.
un de meira
RE: COCHES NAS ACERAS07-08-2008
penso igual q o meu paisano de meira, que nese cacho q vai dende o baixamar ata o canario se pasaron un juevo. Pq home humanizar está ben, pero machiño, co cachón de paseo q deixaron na banda do mar, podían deixar aparcamentos ó outro lado pq ó final pasa q q ten q pasar, os veciños das casas aparcan enriba das aceras e os playeros tamnén o farán. E ademais sabendo q é unha zona q se enche no verán. Para o san bartolo vai a ser un cachondeiño, van aparcar os coches en berducedo.
moañeSA
RE: COCHES NAS ACERAS07-08-2008
O CURIOSO que empezou esta columna, que son eu, non quiso decir si se fixeron aparcamentos ou non, soio quería denunciar que enriba das aceras está prohibido aparcar por lei, polo tanto alguén ten a obriga de protexer ós peóns que teñen que baixar á estrada porque unhas máquinas están gardadas nun sitio onde non deben.
Para máis carallo, uns metros máis alá, perto do parque infantil, hai aparcamento para máis de 50 coches, logo ¿porqué nos desviamos da cuestión de fondo? Os que aparcan alí infrinxen o código de circulación, son maleducados e non lles importa poñer vidas en risco.
E contestando a MOAÑESA e a otro de máis arriba decir que nesa banda hai casas habitadas, polo tanto ten que haber aceras.
Non está mal HUMANIZAR, está mal MAQUINIZAR.
CURIOSO
RE: COCHES NAS ACERAS07-08-2008
o permiso douno eu ¿qué pasa?
un de beluso
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados