Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
best dating site for fat guys
Indispensables
Donde ...
Guia
O RACHADOR DAS “PAGONAS”27-07-2008
Curioso este Antonio Pastoriza, alias O Rachador. Tuvo o seu tempo de gloria durante aqueles días de enardecemento anticatastral liderando o “Movimiento” e a inesquecible “huelga de hambre a la Moañesa” (a saber: permitido leite con colacao, galletas surtidas, donuts, bollicaos, paellas do Barral…), bautizada así na Voz de Galicia e metendo o nome do noso pobo na Historia dos Ridículos. (cando pensabamos que con Barreiro xa alcanzaramos a máxima humillación)
Esta semana pasada soprendeunos outra vez no Faro denunciando desde a súa asociación de veciños semi-privada “As Pagonas”, unha serie de desastres e abandonos das infraestructuras da zoa de Berducedo-Os Piñeiros,… pero claro, resulta que en Berducedo-Os Piñeiros xa hai unha asociación de veciños que se moven un pouco máis apresa (qué mala uva que non lle avisaron) e correxíronlle a noticia decíndolle se actualice e que se busque novos baches e novas bombillas rotas porque as súas demandas xa están en vías de solución.
Estarán defraudados na “Caseta” (local do PP) e pode haber rapapolvos, incluso pode baixar algún posto nas listas dos máis “populares”.
Hai que espabilar, Rachador.
O Caxato


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”27-07-2008
CON CANTA IGNORANCIA ESCRIBES COMPAÑEIRO E COMO SE CHE VE O PLUMEIRO. PA QUE TE ENTERES O RACHADOR NON E DO PP XA LLE METEU CAÑA A PP E O PSOE A AHORA O BLOQUE QUE VOA FALTA FAI PORQUE O QUE ESTA A PASAR EN MOAÑA EN UNHA VERGONZA EMPEZANDO POR URBANISMO QUE O UNICO QUE LLE PERMITEN CAMBIAR TELLADO CON HORMIGÓN E O PAI DA CONCEJALA DE DEPORTES.
EU
RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”27-07-2008
¿Por “dar caña” queres decir dar patadas ós funcionarios do Concello por entre as pernas de unha ducia de exaltados?
O Caxato
RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”28-07-2008
Menudo elemento o rrachador,esta e a clase de xente que lle interesa o PP, con un pouco de sorte este e o proximo consegal do movimento na rama da extrema dereita do PP en moaña.
O tirano
RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”28-07-2008
pero non contestas o de cambiar o tellado que pasa sabes que e verdade.Non dan licencia para cambiar un tellado e si para construir un edificio de dudosa legalidade asi esta de ancho o señor millan das enchentas a conta do infimo Alvarez souto,viva o nacionalismo segun Millan

lito
RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”28-07-2008
e todo mentira o rachador e o mellor que hai en moaña
O Caxato
RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”28-07-2008
Está claro que este último non é O Caxato, é outra vez Ana Rosa
O Caxato (o xenuino)
RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”29-07-2008
Dende logo, Ezequiel deberías perder o tempo en mirar polos veciños e non en verter estupideces. Que clase de democracia é esta que os que aspirades a un posto no BNG non permitides que se vos critique por non facer nada. Queredes que a xente esté calada? pois vades listos, ti e o voso clan. Estarei pendiente das cousas que fas pola tua asociación da que nin siquera pertences ao Barrio. O teu é liderar algo, ainda que non sexan veciños teus. Intenta que non te manipulen tanto e comenza a facer cousas por ti mesmo, que ti das tanto o cante como o Rachador, sinon tempo ao tempo.
Bruxa
RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”29-07-2008
Parece que as BRUXAS non len o periódico, sinon lerían a semana pasada un artigo do Rachador, representando a A. VV. As Pagonas, reclamando milloras por aquí e por alá e ós poucos días sae outro artigo no mismo periódico (O Faro, concretamente) doutra Asociación, máis antiga que a del, decíndolle que non faga esterco, que xa fai tempo que teñen esas demandas baixo control.
Está claro que quere xustificar algo e facer méritos.
Por outra banda O Rachador é un auténtico folloneiro, faille o caldo gordo a outros i é como un can cando o solta o amo e lle manda trabar. As súas limitacións mentais están claras, e o que se lle reprocha é o seu servilismo. ¡Ah! E que se aproveite de xente con menos luces que as del mismo (caso do Meixón, que non sabe ainda hoxe porqué o encadearon á porta do axuntamento)
En canto ó pesado ese do tellado, si non che dan permiso será por algún motivo legal, non por un capricho. Millán é unha persoa culta e bastante civilizada, para o meu gusto, demasiado. A veces debaría ser un pouco como os alcaldes do PP que en canto teñen algún problema logo chaman ós GEOS para que lle resolvan a cuestión.
Mentras tanto podes botarlle as pallas da basoira da BRUXA, supoño que enseguida arranchará outra escoba.
O Caxato
RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”29-07-2008
BNG + PODER = FACHAS
carilo
RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”29-07-2008
Tanto hablas de Ezequiel y parece mentira que no lo conozcas, porque eso que dices de que quiere un puesto en el BNG es realmente imposible. Ni me molesto en explicarte el porque, sólo te digo por esas afirmaciones no lo conoces em absoluto.
Para A Bruxa
RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”30-07-2008
O rachador é un sinvergüenza, anda usmeando todo o día na busca de follóns ou asuntos que lle den lucimento persoal, a vez que ten un instinto sádico que o fai desfrutar cando se enfronta a alguen que, por educación, por posto ou por respeto as persoas maiores, non lle replica con barbaridades de igual calibre. Basta ir algún pleno, a cara de placer sádico que pon, a risa asasina, cada vez que denuncia algo, sempre acompañado dun insuto ou insinuación despectiva cara a persoa a que se dirixe porque sabe que non lla van devolver.
Engana a xente, vende fume, e crese representante xa non das pagonas, senon da fraga, de meira de arriba, do redondo, de medio Moaña, e eu preguntome ¿quen o elixiu presidente das pagonas? Gustariame ver a acta de elección e os demais compoñentes da asociación, porque non sei que veciños son os vocais, secretarios...
Veciña
RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”30-07-2008
Me parece que por aqui hay algun amigo de Millan debe facerlle a propanganda a un prepotente nacionalista que cando lle falan en castelan non entende pero que seguro que non se acorda da sua epoca no instituto hai xa non era tan educado como di algun
O Caxato
RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”31-07-2008
Resposta o caxato. Como se nota que no sabes que gente tiene el bloque al poder. En la carretera de Meira de arriba un poco antes del estanco de Otilia se esta cambiando un tejado con licencia de conservación de cubierta. Yo fuí hace unos meses al hablar con el concejal de urbanismo y me dijo que si queria cambiar el tejado que no podia poner tejado de hormigón con placa que tenía que sustituirlo por madera. ¿Porque mi vecino lo esta cambiando en hormigón y reforzo placa en hormigón? esta en plena carretera general y lo ve todo el pueblo pero al concejal de urbanismo no le interesa parar la obra porque la realiza la empresa de la concejala de deportes. Esto es todo una mafia solo defienden su culo y estan provocando cerrar mucha pequeña empresa. Viva el bloque por lo bien que lo esta haciendo. Que verguenza que exista estas discriminaciones y se queden tan anchos.
VECINO DE MEIRA
RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”31-07-2008
O Caxato este presume de que sabe todo, debe ser intimo de Millán, porque non se fala con tanto amor a non ser que sexa un pai. Gustaríame dicirche que ter a información un pouco distorsionada e que o Meixon que eu sepa non estivo encadeado, pero si teño que dicirche que os alcaldes do PP chamaran aos GEOS, pero teu colega Millán ten estresada a Garda Civil, nuns meses leva chamandona constantemente, a última vez foi cando veciños de Albariños esta semana. Millán chama a Garda Civil agora que é alcalde, antes tirabanlle pedras ao cuartel. E moi triste...
Bruxa
RE: O RACHADOR DAS “PAGONAS”02-08-2008
Hola a tod@s, son Ezequiel e non me importa dar a cara.Non sabía deste foro, pois nin sequera teño internet na casa. O feito de que interveña agora aquí non quere decír que siga a corrente dos que me descalifican, contestándolle, pois considero que os esforzos neste tipo de cousas son estériles, polo tanto, prefiro gastar o meu escaso tempo facendo cousas útiles para os veciños que representamos a A.VV de Berducedo e Piñeiro e na Comunidade de Montes de Moaña.En 1º lugar, agradecer a Cataxo polo comentario e tamén a "Para a Bruxa". En 2º. lugar, me gustaría decirlle a Bruxa que estou seguro de que ninguén mira polos veciños de Berducedo e Piñeiro tanto como esta A.VV e cando queiras podo demostrarcho, iso sí, é mellor que traias un carro porque igual non podes con todo o que che podo mostrar, ¿que queres? Solicitudes, peticións, suxerencias, solucións, dosieres entregados ó Concello das necesidades dos barrios en xeral, ou ano a ano? Entrevistas con entidades, Semanas Culturais? Revistas da A.VV O Canastro? As solicitudes e escritos cales che gustarían ver? Ó Concello, á Deputación, á Xunta... Ou prefires as miñas facturas de teléfono ou de gasoil (todas á miña conta)? O que queiras. Mira, en canto a que se aspiro a un posto no bng, estás moi equivocad@, a política xa a deixei atrás e agora está moi lonxe ou no infinito. En canto a "liderar algo", o único que me inquieta é aportar cousas para o barrio e para o monte de Moaña, quen me coñece (tí non creo) o sabe ben. Te equivocas enormemente na "manipulación", pois actúo libremente e en consenso cós demáis membros da directiva, pois aquí contamos tod@s. Por último, reiterarche a tí (Bruxa) ou a calquera veciñ@ que estou á vosa disposición para mostrar tódalas xestións da A.VV, e polo tanto miñas tamén, quizás se viñeras á última asamblea o terías comprobado. Para que vexas que non me escondo (tí sí) ahí vai o meu tf. 626330429. Se queres, non me importa en absoluto mostrarche todo o que temos, aínda que se queres ó longo deste mes temos que buscar un "hoco", pois estou a tope coa Romaría do Leñador, subvencións, etc...( tamén colaboro coa Cominidade de Montes de Moaña), Revista O Canastro que sae en setembro, Semana Cultural e demáis xestións, ademáis de cousas persoais. Un saúdo a tod@s
Ezequiel
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados