Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
site de rencontre amitié entre femmes
Indispensables
Donde ...
Guia
SAN XOAN26-06-2008
quisera que alguen do concello de moaña me explicara o que aconteceu na fogueira de san xoan no samertolameu de meira, que lle prenderon lume uns voluntarios as 12:30 ....
alguen sabe algo?
moañes


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: SAN XOAN26-06-2008
¿qué pasou?, ¿e a tí qué che importa o que pase en Meira?, ó millor tarda máis en facerse de noite que en Moaña
outro moñés
RE: SAN XOAN26-06-2008
O problema estuvo e que non habia ninguen responsable de prender a fogueira e se non chega a ser por eses chavales ainda estamos agora a esperar un saudo
meira
RE: SAN XOAN26-06-2008
Vamos a ver... Segundo unha fonte fiable resulta que estiveron alí os bombeiros prohibindo dita fogueira alegando falta de permiso para facela. En canto os bombeiros marcharon, acendeuse. Moi sinxelo, de feito pasou en moitos sitios eso mesmo...
Violencia en acción
RE: SAN XOAN26-06-2008
¿Tiña que ir algún concelleiro a prendela?
?
RE: SAN XOAN27-06-2008
Fai dez anos ou menos,si viñeran a fogueira do meu barrio un bombeiros a prohibirno-la,case seguro que acabarian eles na fogueira mailo camión.A actual idiocracia dos ultimos 10 anos para aca no tocante a leis,fan que nin as tradicións mais nobles se salven.Agora vas preso si conduces mal.E para facer unha fogueira tes que ter permisos.No futuro teras que estar homologado,e a fogueira tera que ser con materiais recicables e bos co medio ambente.O caso e joder San Xoan,como joderon a procesión do Carme polo mar, e como joderan todas as cousas enxebres cos que o pobo disfruta.Deseguro algún sairá na defensa da Idiocracia,enarbolando o slogan da mesma...E POR SEGURIDADE...ohhhh vaia por Deus,o mesmo dixo Bush cando invadiu Irak.Coa excusa da seguridade a Idiocracia estanos a meter na casiña con toques de queda legais.Claro que como en San Xoan arrastramos unha historia de traxedias,centos de queimados,casas ardidas...non cola.O caso e controlar todo que se fai,e que o galiñeiro non se alporize.Cos anos haberá que sacar o titulo de Instalador de fogueiras de San xoan.Tamén xa de paso a idiocarcia prohibira asar churrasco e sardiñas nas fogueiras,por SEGURIDADE da saúde publica.Un bombeiro nunha fogueira de San Xoan e como un toxo nun xardin de amapolas,incompatible.Claro que no nome da SEGURIDADE o surrealismo estará a orde do dia.Permisos...permisos para todo, hai dez anos soio había unha licencia, a de pasa-lo ben e disfrutar desa noite máxica.
lois
RE: SAN XOAN27-06-2008
Pois o de as fogueiras sexan de materiais reciclables e bós co medio ambiente ten moita lóxica e debería sair da xente e non que tivera que prohibirse ou escribirse nunha norma. Temos materiais MOI tóxicos no noso entorno e para desfacerse deles hai que facelo de xeito profesional, os puntos limpos teñen que estar ao alcance de todos, e aproveito para decir que me parece absurdo que che pidan o último recibo do cuchiso para que podas deixar algo ali, é máis debera haber un servizo de recolleita gratuito.
fume
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados