Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://astralgrouponline.com/microwave-hook-up/
Indispensables
Donde ...
Guia
CENTRO DE NEG-OCIO EN MARíN24-06-2008
A Consellaría de Medio Ambiente consolida unha actuación aberrante no porto de Marín ao darlle o visto bo ao centro comercial no porto.

Actúa unha vez máis como cómplice en proxectos lesivos para o medio e a cidadanía, esta vez eximindo ao centro comercial que pretenden facer no porto de Marín da avaliación de impacto ambiental que esixe a Lei 9/2006, de 28 de abril, de Avaliación de efectos de determinados planos e programas no medio ambiente.

Non se entende que unha administración que ten que velar polo medio ambiente diga que un centro comercial, denominado centro de ocio polos promotores para disimular a realidade, van acadar a integración urbana e paisaxística respectando e potenciando os itinerarios visuais. Cando o que se vai facer e taponar a alameda de Marín creando unha pantalla ao mar.

Para a Consellaría de Medio Ambiente un centro comercial é un espazo urbano de estancia e encontro, e de relación cidadá. Esta definición deixa ben clara a capacidade dos nosos gobernantes para xustificar e facernos comulgar con rodas de muíño, e tamén a que intereses serven,
colocando o interese privado por riba do interese público.

Un exemplo do que queren facer en Marín témolo en Vigo, onde o centro de ocio-negocio que montaron en terreos do porto é unha aberración urbanística que atenta contra o bo gusto e a intelixencia das persoas ao colocar un enorme caixón negro ao lado do mar. E só para satisfacer
as necesidades empresariais dunha cadea de electrodomésticos.

Que vai pasar en Marín? O mesmo, un supermercado, unhas franquicias e un aparcamento soterrado van ser o ocio que nos van ofertar. Agora aparcamos gratis, os rapaces teñen as súas pistas de patinaxe para divertirse sen ter que pagar. A onde os van mandar, a patinar na
Alameda? Que vai pasar co comercio local? Diso non din nada os promotores desta luminosa idea.

Seguimos manifestando que este proxecto incumpre a actual lexislación portuaria, concretamente o art.94 da Lei 48/2003 de Portos do Estado, pois a instalación dun aparcamento soterrado e un centro comercial non son acordes coa normativa. A mesma prohibe a ocupación ou utilización
do dominio público portuario para actividades que non estean relacionadas coas actividades portuarias, e excepcionalmente poden admitirse usos no dominio público portuario para equipamentos culturais, recreativos, exposicións, etc.

É unha privatización encuberta de terreos públicos feita por un organismo público, Portos do Estado, e coa complicidade do Concello de Marín e a Consellaría de Medio Ambiente. Os que teñen que velar polo interese xeral xúntanse para favorecer uns intereses privados que con esta actuación non van solucionar os déficits culturais, de aparcamento e de lecer que ten o noso pobo.


Marín, 24 de xuño de 2008.
>> Ampliar datos colectivo nacionalista de marín


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados