Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://blowjobzz.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
05-05-2004
LUITA VERDE acusa ó goberno mancomunado do Morrazo de ser o culpable da actual situación do servicio de recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos ó deixarse manexar polos intereses das empresas privadas. Si antes houbo múltiples problemas con Urbaser, agora comeza a suceder coa actual concesionaria, Aymasa, o cal ven unha vez a demostrar que estas empresas ou calquera outra que veña sempre van antepoñer o seu propio beneficio económico á calidade social e medioambiental intrínseca do servicio, feito este último que dende que se privatizou o servicio, no ano 2000, brilla pola súa ausencia.

Luita Verde tamén acusa ó BNG e ó PSOE comarcal de someterse ós intereses do alcalde de Cangas, J.E. Sotelo, e do PP na Xunta, principais culpables da actual situación por paralizar e modificar no seu momento a construcción da planta comarcal de tratamento e de privatizar o servicio .

Luita Verde denuncia que a apertura da "empacadora" de Castiñeiras, mal chamada estación de transferencia , supón a entrada definitiva no plan autonómico de SOGAMA, baseado na incineración, e significa submeterse ós seus intereses, entre os cales están os de cederlle a maior parte dos residuos xenerados na comarca, incluídos os orgánicos, en detrimento da compostaxe e da planta afín asimesmo construída en Castiñeiras.

Luita Verde defende un plan de residuos baseado na reciclaxe e a compostaxe, de xestión pública e comarcalizado.


LUITA VERDE


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

NON VEXO A GRAVEDADE NESTA HISTORIA05-05-2004
¿ Onde podo atopar mais informacion do que contades ?
Xanela
RE:RESPOSTA A COMENTARIO "NON VEXO A GRAVEDADE NESTA HISTORIA".07-05-2004
En resposta ó comentario de "non vexo a gravedade nesta historia" referente ó artigo de denuncia que publicamos Luita Verde sobre a situación actual do plan de residuos do Morrazo, temos que dicir a gravedade disto si que existe, está ahí e é evidente, pero tamén que non ven de agora nin é gratuíta, senón que ten as súas orixes.
Si queres ter información sobre elo vai á sección de campañas da nosa web: usuarios.lycos.es/luitaverde.

Luita Verde
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados