Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
cada vez mas hombres solteros
Indispensables
Donde ...
Guia
¿QUEN ASESORA A FERVENZA?11-06-2008
Hoxe saen un artigo na voz na que Fervenza di que o tema da segunda tubería de suministro de auga para Moaña é mala, vamos que non lle gusta a idea porque non vai solucionar nada. Segundo el a solucion temola que atopar aquí e nada de lle ir coller auga ós de Vigo.
Isto é de Perogrullo, claro, que o diga calquera veciño da rúa, pois pode ter un pase, pero que o diga un Diputado... ¿quen o asesorou antes de facer esta afirmación?, e sobre todo, sustentana no cambio climático ¿e que espera que aumenten as precipitacións?, porque doutro xeito non diría tales tonterías.
Comezando polo tema da auga no MOrrazo, como se ve non ten nin idea, nin se molestou en pedir un informe sobre os recursos hídricos da comarca, senon daríase conta da inestabilidade dos regatos e a extrema dependencia das precipitacións que temos. A Península do MOrrazo é unha masa Granítica con bolsas de auga abundantes, pero irregulares que dependen do réxime de choivas, en ningún caso se aconsellaría unha sobre explotación da auga do subsolo, dada a variabilidade de caudais coas estacións ( é decir, que ter un pozo de auga que so produce auga no inverno cando chove é tontería), xa non digamos que sería unha catastrofe afectar os regatos e ríos para aproveitamento humano.
A nivel de impacto, xa se estudiaron os efectos que teñen as captacións de mananciais e detectase un empobrecemento do solo e da biodiversidade nesas zonas.
Resumindo, se lle sacamos a auga ó chan para poder beber nos, o chan morre, e con el morre todo.¿Soñou con inaugurar algún pantano en Moaña?
O que hai é que potenciar unha rede hídrica Galega, para aproveitar os recursos, se o MOrrazo se conecta con Vigo, e Vigo se conecta coa conca do Miño, e así ata lograr esa rede, teremos minimamente asegurada a auga, no MOrrazo, a auga dos rios e regatos ten que chegar ó mar, non podemos seguir alterando a natureza ó noso antollo, porque entón acabaremos vivindo no medio dun pedregal.
Eco-Lóxica


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ¿QUEN ASESORA A FERVENZA?11-06-2008
Amigo (ou amiga) Eco-Lóxica mui esclarecedora e didáctica a túa clase, outros por menos cobran.
De todos modos ó Sr. Deputado Fervenza tanto de lle da de onde veña ou a onde vaia a auga, él como bon “Marianista” soio beberá viño, ou iso é o que lle anima a beber o seu “Guía Mariano” ¿recordades a famosa frase? ¡Viva el vinoo!, pois iso…
O Caxato
RE: ¿QUEN ASESORA A FERVENZA?11-06-2008
Creo que ó asesor de FERVENZA é ó mismo que tiña RAJOI, como non ó quer enseñar en MADRID, destinouno a pobos, ........ un tal PIZARRO, creo.
O INFILTRADO
RE: ¿QUEN ASESORA A FERVENZA?11-06-2008
Agua que no has de beber, déjala correr.
DIXOMO UN PAXARIÑO
RE: ¿QUEN ASESORA A FERVENZA?11-06-2008
Este ano acábansenos os "bushismos", esas perlas da oratoria e a intelixencia humana. Pero poderemos seguir disfrutando das "fervenzadas", as ideas de pata de banco que non se sabe por que solo se lle ocurren a Fervenza e máis ao que asou a manteca. Hoxe soltou tres e de altísimo nivel:
1. Coa de agua que se perde na Poza da Moura e ter que traela de Vigo. ¡A quen se lle ocurre! Metemos a fervenza da Poza da Moura por unha tubería, e resolto o problema da agua para todo o Morrazo. Tamén podemos meter a Fervenza por unha tubería e temos unha cañería atascada.
2.-O problema da agua ten que arreglalo a Mancomunidade do Morrazo: os de Moaña roubámoslla a Bueu, os de Bueu róubanlla ós de Cangas e os de Cangas róubanola a nós, e problema arreglado.
3.-Se o do cambio climático é verdade, vai a vir unha sequía mui ghrande mui ghrande e en Vigho non vai a haber agua, pero en Moaña si. Hanse de secar o Miño e o Oitavén, pero o río da Fraga seguirá tendo agua... metida na cañería que atascou Fervenza.

Animarvos. Seguir coleccionando "fervenzadas" e despois sacámolas todas nun libro mui bunito mui bunito, cunha ghaviota na portada que se titule "Programa do PP".
FERVENZADAS I
RE: ¿QUEN ASESORA A FERVENZA?11-06-2008
Fervenzadas II: na derradeira campaña das eleccións municipais fíxose en Berducedo un debate cos candidatos dos partidos e coalicións que se presentaban. Tocábanse os puntos máis importantes para un concello. Fervenza andaba algo aboiado e cando chegou o punto de onde pensaban poñer o “punto limpo” él respondeu: ─¿e iso que é? , despois da pertinente explicación do moderador replicou co seu gracexo natural: ─ Bueno, bueno, xa xe verá sobre a marcha.
O Caxato
RE: ¿QUEN ASESORA A FERVENZA?11-06-2008
Teño que aclarar que o do “PUNTO LIMPO” no debate das elección municipais tamén colleu en fóra de xogo ós candidatos do PSOE e do “Partido Galeguista”, que non tiñan N.P.I. do que era un punto limpo, pero iso queda para outro capítulo que non sexan “Fervenzadas”
O Caxato
RE: ¿QUEN ASESORA A FERVENZA?11-06-2008
Para el que dice " Este ano acábansenos os "bushismos", esas perlas da oratoria e a intelixencia humana. Pero poderemos seguir disfrutando das "fervenzadas"

Tio, o tia lo que seas eres un crack todavia me estoy riendo a gusto :

"Se o do cambio climático é verdade, vai a vir unha sequía mui ghrande mui ghrande e en Vigho non vai a haber agua, pero en Moaña si. Hanse de secar o Miño e o Oitavén, pero o río da Fraga seguirá tendo agua... metida na cañería que atascou Fervenza." jajajajajajajajajajaja jajajajajaja ¡ Es buenisimo !!

Propuestas para el título del libro: Fervenzadas, o como ser político en Moaña y no morir en el intento. Para ilustrar la portada llamamos a Luis Davila, otro crack, y que haga una caricatura de Fervi atascado en una cañeria con los brazos en alto Jaajajajajajaja jajajajajajaja.
Jose Luis
RE: ¿QUEN ASESORA A FERVENZA?11-06-2008
O asesor que asesora a fervenza nesta materia é alguén do seu partido que tuvo a sorte de coñerce a uns dos enxeñeiros que fixeron os traballos da primeira traida de agua a moaña dende vigo. Esto foi arredor duns vinte anos. A este jichiño os técnicos lle dixeron que xa so nas Barxas había bolsas de auga para abastecer a Moaña sen necesidade de facer as tuberias submariñas.
JICHIÑO: A SITUACIÓN DE FAI 20 ANOS NON É A MESMA DE AGORA, AINDA QUE ACABES DE ATERRIZAR NA POLÍTICA AS COUSAS CAMBIARON EN VINTE ANOS... ANTES CHOVIA DE SETEMBRO ATA XUÑO E SOBRABA AUGA EN TODAS PARTES AGAS NO VRAN... ADEMAIS NON HABÍA TANTA DEMANDA DE AUGA COMO AGORA. EU ENTENDO QUE UN CANDO ENTRA NOVO QUERE APORTAR COUSAS BOAS, PERO ACTUALIZATE E INFORMATE MELLOR QUE INDA POR RIBA DENDE O DA VÍA RÁPIDA, CORTARONSE MANACIAIS E REGATOS QUE XA NON APORTAN TANTA AUGA COMA ANTES... DEIXA OS TEUS INTERESES PARTICULARES E FAMILIARES DE LADO E TRABALLA POLO BENESTAR DOS TEUS VECIÑOS (AINDA QUE DECIRCHE ISTO É PEDIRLLE PERAS A UN OLMO) E SINON DEIXA A POLÍTICA E ADÍCATE A TRABALLAR... QUE AÍNDA ERES MOI MOZO, QUE XA PODÍAS ESTAR TRABALLANDO ANTES, SE OS DA CASA TE DEIXARAN... A VER SI TI TE FAS MELLOR PERSOA QUE ELES... PERO BUENO CANDO A PLANTA XA SE TORCEU DE NOVA, AGORA DE XOVEN.... ¡AY, ESAS MENTIRIJILLAS "PIADOSAS" QUE TE ENSINARON... ESE MODUS VIVENDI... ESA APARIENCIA RESPETABEL.... MENOS MAL QUE A XENTE NON É PARVA....
Eu sí sei quen asesora a Fervenza en materia Hídrica
RE: ¿QUEN ASESORA A FERVENZA?12-06-2008
Todo que sexa bó para Moaña,e repercuta positivamente,reporta votos,por esa regla de tres,a Fervenza tense que opoñer ou buscarlle as 5 patas o gato.Claro que nesa busca,insulta a intelixencia e a toda lóxica.Moaña medra,e a auga é a mesma,loxicamente haberá que asegurar o futuro con outra nova tubería submariña.Claro que si polo Fervenza fora,deseguro faria un muro entre sabaceda e Meira darriba ,abarcando o Redondo,e Verducedo,e así anegar dahi ata o mirador da Fraga coa auga do Rio do Puntillon.Si traen auga malo,si van facer un campo mellor,con herba,malo, si o paseo Meira-O Con,malo tamen.Rajoi instalouse na crispación,perdeu,e pares que tomou nota, este Fervenza,nin se entera.Por certo a auga que a saquen dun río ou dunha fervenza,dame igual,pero que veña.
lois
RE: ¿QUEN ASESORA A FERVENZA?12-06-2008
Dinos Lois no seu derradeiro párrafo: “por certo a auga que a saquen dun río ou dunha fervenza,dame igual,pero que veña”
Sabias e prudentes verbas, amigo Lois, pero case vai a ser mellor buscar un río por onde sexa, porque en canto ás fervenzas… bueno, hai fervenzas que traen auga, pero hai outras FERVENZA que traen…esteee…que traeeeen, ¡joder¡, pois agora mismo non se me ocurre nada.
O Caxato
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados